Tecnoloxías disruptivas que che axudarán no teu día a día I
As tecnoloxías disruptivas teñen como base a innovación, por exemplo Big data, virtualización e cloud, ciberseguridade, realidade virtual e aumentada, blockchain, entre outras. Todas elas teñen en común tamén a capacidade de evolucionar de maneira rápida e adaptarse a diferentes sectores. Neste primeiro seminario sobre tecnoloxías disruptivas poderás descubrir o que significa no noso día a día este tipo de ferramentas, que cousas se poden facer, exemplos, etc.









