Big Data Coruña
O Big Data é un dos campos que máis interese está a espertar na actualidade, non só entre a comunidade académica, senón tamén entre as empresas, pola súa aplicación e a súa posta en valor nunha ampla variedade de ámbitos.
As técnicas de Big Data Analysis son un valor en auxe que transforma datos en información clara e eficaz, permitindo un coñecemento detallado sobre procesos, clientes, etc.
Por outra banda, neste sector prevese unha grande necesidade de profesionais con coñecemento en analítica de datos, xestores e analistas que teñan o know-how necesario en Big Data para tomar decisións efectivas.









