main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

16/06/2017
Logo Apps4Good.
Lugar: Online

Hackathon Online: Apps For Good

Seguro que hai algún problema social (ou moitos) que persoalmente che afecta ou che preocupa. É o momento de facer algo coas ferramentas coas que somos bos: ¡programando! Desde Microsoft queren animarte a participar no Hackathon Online que organizarán os vindeiros 16, 17 e 18 de xuño. Este hackathon persegue un claro obxectivo: conseguir entre todos resolver ou axudar a algún dos problemas que nos preocupen a través dunha aplicación móbil.

16/06/2017 09:30h
Logo ColaboraTIC.gal.
Lugar: Sala Eisenman da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

ColaboraTIC.gal

O vindeiro 16 de xuño de 2017 celebramos a xornada colaboraTIC.gal, un espazo onde ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración entre os eidos das tecnoloxías abertas e o tecido empresarial. Nesta segunda edición, a xornada centrarase na colaboración co eido rural. Contarase cun interesante grupo de profesionais e empresas que amosarán as súas experiencias, tanto do que se ten feito como do que se pode facer. Se che interesa vir para escoitar pero tamén falar, inscríbete, a asistencia é de balde!

15/06/2017
Premios NICO 2017.
Lugar: Online

IX Edición do Certame Nacional de Vídeos de Maiores - Premios NICO 2017

Arrinca a IX Edición do Certame Nacional de Vídeos de Maiores dos premios NICO. Outro ano máis, prémianse os traballos dos senior nas categorías de Mellor Idea Orixinal, Mellor Guión, Mellor Produción, Mellor Actor, Mellor Actriz, Mellor Vídeo e Vídeo Máis Votado. Ademais, estenderanse outras seccións especiais a Mellor Vídeo Particular, Mellor Vídeo Municipal, Premio Especial aos Medios de Comunicación, Grandes Corporacións e Multinacionais, e Centros de Ensino.

09/06/2017
Logo I Desafío "Aporta".
Lugar: Online

I Desafío "Aporta"

A primeira convocatoria de "Desafío "Aporta" 2017: O valor do dato para a Administración" supón un impulso a novas ideas asociadas a prototipos que supoñan melloras na eficiencia da Administración.

O obxectivo é fomentar a reutilización directa de conxuntos de datos abertos públicos en prol da mellora do Sector Público, incentivando o talento, a capacidade técnica e a creatividade dos participantes, é dicir, desenvolvendo prototipos de aplicacións, solucións e/ou servizos que, facendo uso dos datos abertos dispostos polas AA.PP., demostren como a reutilización de datos abertos pode mellorar a eficiencia nas AA.PP. españolas.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS