main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

11/07/2017
Cartel do evento.
Lugar: Citilab de Cornellà (Plaça Can Suris s/n Cornellà de Llobregat), Barcelona

I Semana Open Data Lab de Barcelona

Open Data Lab, de Iniciativa Barcelona Open Data, organiza este verán unha semana de formación sobre datos abertos co fin de aproximar esta materia a cidadáns e empresas. A cita terá lugar os próximos días 11, 12 e 13 de xullo en Citilab.

“Crear proxectos baseados en datos abertos” é o título da primeira xornada, que se enmarca dentro das actividades gratuítas con carácter periódico que ofrece a Escola Cidadá Open Data Lab. A charla “A economía dos datos”  terá lugar o día 12 de xullo, na que Alberto Abella exporá o potencial dos datos para xerar actividade económica e como as empresas poden reutilizar os datos para crear novos produtos ou ben mellorar a súa competitividade. Xunto a esta charla, celebrarase tamén unha xornada divulgativa, enfocada a pequenas e medianas empresas.

O día 13 de xullo celebrarase unha Deconferencia, na que diversas persoas explicarán ferramentas e trucos para a análise e a visualización de datos.

06/07/2017
Mundos dixitais 2017
Lugar: Palexco, A Coruña

Mundos dixitais 2017

Congreso Internacional de animación, VFX, videoxogos e arquitectura dixital.

02/07/2017
Logo II Edición ‘Vodafone Connecting for good Galicia’.
Lugar: Online

II Edición ‘Vodafone Connecting for good Galicia’

A iniciativa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia', promovida por a Fundación Vodafone España, ten como finalidade apoiar a emprendedores e PEMES de recente creación cuxos proxectos de negocio contribúan á innovación social a través do impulso e uso das tecnoloxías da información e comunicación en Galicia.

Nesta convocatoria, que conta co apoio da Xunta de Galicia, seleccionaranse os seis mellores proxectos de emprendemento que pasarán a formar parte do Programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia' e gozarán dun lugar de traballo no espazo ‘Vodafone Connecting for Good' na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

16/06/2017 09:30h
Logo ColaboraTIC.gal.
Lugar: Sala Eisenman da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

ColaboraTIC.gal

O vindeiro 16 de xuño de 2017 celebramos a xornada colaboraTIC.gal, un espazo onde ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración entre os eidos das tecnoloxías abertas e o tecido empresarial. Nesta segunda edición, a xornada centrarase na colaboración co eido rural. Contarase cun interesante grupo de profesionais e empresas que amosarán as súas experiencias, tanto do que se ten feito como do que se pode facer. Se che interesa vir para escoitar pero tamén falar, inscríbete, a asistencia é de balde!

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS