main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

10/05/2017
VIII Premios Fin de Carreira do CPEIG
Lugar: Santiago de Compostela

VIII Premios Fin de Carreira do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca a oitava edición do Premio Proxecto Fin de Carreira, dotado con mil euros. O galardón quere ser un estímulo para os estudantes e recentemente titulados en Enxeñaría en Informática ou Máster en Enxeñaría Informática. 

Tal e como se recolle nas bases, poden concorrer ao premio todas aquelas enxeñeiras e enxeñeiros que presentaran nunha universidade galega nos anos 2015, 2016 e 2017 o proxecto fin de carreira de Enxeñaría en Informática, traballo fin de máster de Enxeñaría Informática ou calquera outra titulación que legalmente habilite ou vincule para o exercicio da profesión. 

Aqueles estudantes que queiran optar ao premio do CPEIG poden remitir a documentación precisa  (ficha resumo do proxecto, resumo  e memoria completa do mesmo) ata o día 10 de maio ao seguinte enderezo electrónico: informacion@cpeig.gal.

07/05/2017
Cartel dos premios.
Lugar: Online

XI Edición dos Premios Vodafone Connecting for Good á Innovación en Telecomunicacións

A Fundación Vodafone España convocou a XI Edición dos seus Premios Vodafone Connecting for Good á Innovación en Telecomunicacións, cuxo obxectivo é promover e desenvolver proxectos tecnolóxicos accesibles para mellorar a calidade de vida dos colectivos vulnerables. Estes proxectos de interese social, que poden atoparse tanto en fase de estudo como no da súa posta ao servizo da sociedade, han de ter en conta a accesibilidade universal, o deseño para todos e a promoción da transformación dixital. Poden estar desenvolvidos en calquera soporte (app, web, plataforma…).

06/05/2017 16:30
Logo Rapaciñ@s.
Lugar: Cidade da Cultura Edificio CINC Monte Gaiás, s/n 15707 Santiago de Compostela

Rapaciñ@s (3ª edición)

A Cidade da Cultura acollerá o sábado 6 de maio a terceira edición de Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). É un evento familiar que combina actividades para pais e nenos ao redor da seguridade na Internet e a creatividade nas novas tecnoloxías.

02/05/2017
ICC Week.
Lugar: Ourense

ICC Week 2017

Desde 2015, ICC Week (a Semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense), é un acontecemento transversal na cultura e industria creativa: o labor é principalmente poñer en valor sectores como o Audiovisual, (Cinema e Tv), a Industria Musical, Radio, Novas Tendencias Tecnolóxicas, Apps, Videoxogos e sectores onde a creatividade é un activo e forma parte principal. Speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas, showcases, vertebran un programa repleto de actividades que poñen en valor a actividade económica dun sector clave na Europa do século 21. Un punto de encontro para emprendedores e protagonistas creativos que atoparán na provincia de Ourense o marco perfecto para o co-working, a potenciación de negocios e apertura de novos mercados.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS