main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

15/01/201809:02
Cartel do programa.
Pontevedra

Conectadas 2018 pon o foco na formación tecnolóxico-dixital para as mulleres

Deputación de Pontevedra aprobou as bases reguladoras do programa Conectadas para o ano entrante, que unha vez máis, facendo honra ao seu nome, terá un dos seus piares directamente apoiados no ámbito dixital. Segundo fixo saber a entidade que preside Carmela Silva, Conectadas 2018 ten como obxectivo “potenciar a participación e a promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais igualitarias, impulsando accións formativas e incorporando os principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar”. A nova edición do programa, que pon o foco no plano formativo, ten un orzamento de 324.000 euros. Haberá cursos e obradoiros sobre múltiples cuestións, todas elas co nexo común de atesourar potencial para dotar as mulleres de ferramentas para “construír unha sociedade igualitaria”. 

O programa convoca a participación de asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres. Cada acción formativa das 46 que se van ofertar conta con entre 20 e 25 prazas e todas elas deben ser realizadas ata o 31 de decembro de 2018. Todas elas terán unha duración media de 35 horas e deberán incluír, “de forma transversal entre os seus contidos”, o tratamento da igualdade efectiva entre mulleres e homes e a sensibilización na igualdade de oportunidades. As accións formativas de Conectadas 2018 están distribuídas en oito bloques: Muller emprende, Muller e cultura: artes visuais, Actualízate, Coas túas mans, Porque ti o fas, Súmate ao cambio, Ponte en forma e Coidados persoais.

O bloque Muller emprende oferta accións formativas sobre iniciativas sustentables para o emprego na que se abordará de cuestións como a creación dunha empresa, a administración de redes sociais, o comercio electrónico, a asesoría laboral e fiscal e o adestramento. Pola súa banda, Muller e culturaproporcionará ás mulleres participantes nocións relacionadas coas artes visuais (fotografía, pintura, teatro, animación á lectura e memoria). Actualízate será o bloque máis especificamente centrado nas novas tecnoloxías, con formación sobre alfabetización dixital, sobre os cambios do papel ao ordenador así como sobre Internet, o correo electrónico e o manexo de tabletas. Amais, abordaranse cuestións relacionadas coa socialización a través das redes sociais. 

O bloque Coas túas mans permitirá ás alumnas iniciarse no patchwork, no scarpbooking e realizar artesanía en coiro. No caso do denominado Porque ti o fas impartirase formación sobre poda e tarefas do campo desde a sustentabilidade, xardinería e horta ecolóxica.

O bloque Súmate ao cambio centrarse en eidos como a cociña e a alimentación, a conservación de alimentos, a iniciación á costura, os coidados e a dependencia, o mantemento do fogar e a xestión doméstica, a bricolaxe e as reparacións, reciclaxe e educación en igualdade.

Tamén haberá bloques temáticos adicados á saúde persoal como Ponte en forma (no que se impartirán obradoiros de pilates, taichí, ioga, ximnasia de mantemento e sendeirismo), e de Coidados persoais (no que se abordarán cuestións relativas á menopausa saudable, ao coidado, á relaxación e manexo do estres, á intelixencia emocional, ao benestar, así como risoterapia, musicoterapia e obradoiros de mindfulness). 

As accións formativas estarán abertas a toda a poboación da provincia aínda que terán preferencia as mulleres. De feito, reservarase só o 25% do total das prazas para homes excepto no bloque de contidos Súmate ao cambio no que a participación pode ser mixta ao 50%.

15/01/201808:57
‘Yo me prep@ro’.
Santiago de Compostela

IV edición do programa ‘Yo me prep@ro' en colaboración con DOWN ESPAÑA

  • 22 asociacións federadas a DOWN ESPAÑA participan nesta cuarta edición, cun total de 240 alumnos

 

A cuarta edición de ‘Yo me prep@ro', un dos máis completos e amplos proxectos de formación en Novas Tecnoloxías para persoas con discapacidade intelectual do noso país. O programa lévao a cabo DOWN ESPAÑA coa colaboración de Fundación Vodafone España. O obxectivo final do mesmo é que os alumnos adquiran unha serie de destrezas e habilidades que lles permitan mellorar as súas posibilidades de acceder a un posto de traballo nunha empresa ordinaria.

As 22 as asociacións federadas de DOWN ESPAÑA que participan nesta edición, están a desenvolver este programa cun total de 240 alumnos. O programa divídese en dous niveis de dificultade, un primeiro nivel de iniciación destinado a aqueles alumnos que non tiveron contacto coas novas tecnoloxías e un segundo nivel de profesionalización, destinado a aqueles alumnos que tendo formación en novas tecnoloxías necesitan dunha maior especialización co obxectivo de alcanzar unha inserción laboral.

 

No nivel de Iniciación participan as seguintes entidades: Down Córdoba, Down Granada, Down Sevilla, Asedown, Down Sabadell. Andi, Down Principado de Asturias, Down Toledo, Down Ávila, Down Castelló, Asindown, Down Ourense, Fundown e Down Vigo. O estado do programa na actualidade é o seguinte:

  • O modulo inicial de sesións previas completouse con éxito e todos os alumnos alcanzaron o obxectivo e traballan de maneira cooperativa.
  • O Modulo I “Achegándonos ao mundo das Tecnoloxías da información e a comunicación” tamén se completou na súa totalidade e o 100% dos alumnos coñecen os diferentes medios Tecnolóxicos, cales son as súas utilidades e poñen en práctica os hábitos saudables cando os utilizan.
  • O Modulo II “O teléfono Móbil e O Caixeiro Automático” tamén se traballou na súa totalidade cos alumnos. No caso do teléfono móbil o 100% dos alumnos manéxao correctamente e fan un uso responsable. Con todo, o obxectivo do caixeiro automático é necesario seguir traballándoo en seguintes sesións debido a que algúns alumnos teñen dificultades á hora de poñer en práctica as súas diferentes utilidades como poden ser, sacar diñeiro, comprobar saldo actual ou recargar o teléfono móbil…).
  • Na actualidade está a traballarse cos alumnos O Modulo III “Aprendo a utilizar o computador”. O 30% deste módulo xa se executou e os alumnos coñecen e identifican cales son os compoñentes dun computador e como se usan.

 

No Nivel de Profesionalización participan as seguintes entidades: Down Barbate, Asiquipu, Down Málaga, Down Xerez, Aspanido, Down Zaragoza, Fundabem, Down Palencia, Down Valladolid, Down Compostela, Down Pontevedra. Xuntos, Down Navarra e Fundown.

Do mesmo xeito que no programa de Iniciación, o módulo de sesións previas completouse na súa totalidade e os alumnos aprenderon a través de dinámicas de grupo a traballar en equipo.

  • No Modulo I “Que servizos e ferramentas nos ofrece Internet? os alumnos aprenderon a utilizar unha páxina Web, un correo electrónico, a realizar videoconferencias e coñeceron redes sociais profesionais: Linkedin. Neste módulo podemos destacar como novidade o obxectivo “Coñecer o funcionamento e a utilidade do DNI 3.0 e o pasaporte electrónico. O 50% dos alumnos aprenderon os contidos deste obxectivo con éxito. Nas seguintes sesións de traballo seguiremos afondando nestes contidos ata que os aprendan o 100% da clase.
  • O Modulo II denominado “As Tics no traballo. Usos e aplicacións” desenvolveuse nun 50% e os alumnos aprenderon cales son as aplicacións básicas do Smartphone, tamén como se descarga unha aplicación desde o Play Store e a importancia de facer un uso responsable do teléfono móbil.
12/01/201813:36
"Nadal da TIC".
Lugo

'Nadal da TIC' reúne a numerosos maiores de 55 anos de Lugo

  • A xornada, organizada no InLugo pola Fundación TIC da Deputación lucense, achegou as novas tecnoloxías da información e a comunicación ás persoas maiores

 

Numerosos lucenses de máis de 55 anos participaron na xornada 'Nadal da TIC' que se celebrou en horario de mañá e tarde no InLugo, entidade xestionada pola Fundación TIC da Deputación de Lugo. O Presidente provincial, e da mencionada fundación, Darío Campos, o patrón e Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sumáronse á xornada compartindo as actividades coas persoas maiores.

 

Campos subliñou que “é unha satisfacción para nós comprobar como os maiores que se achegan ás TIC aprenden a sacarlle o mellor partido ás novas tecnoloxías e como se implican en todo o que facemos. Neste caso, ademais da parte didáctica, matizou, "engádeselle un ámbito máis lúdico e divertido, que contribúe a favorecer as relacións entre eles e tamén cos seus amigos e familiares a través das novas tecnoloxías”. No encontro 'Nadal da TIC' os participantes poden crear música e sons con diversas app, ser os protagonistas dun calendario de 2018 e recibir consellos sobre os mellores hábitos de alimentación. 

 

Ao son das tabletas

Campos, Santos e Méndez formaron parte do coro que interpretou 'Noite de paz' ao son do teclado das tabletas que tocaban varios dos usuarios que estiveron a ensaiar estes días para que todo saíse perfecto. Esta panxoliña formou parte do obradoiro 'TIC Sonoro', no que os maiores teñen acceso a diversas apps con forma de piano ou cordas de guitarra, coas que poden crear música e sons.

 

TIC saudable

Nesta xornada tamén tivo cabida a alimentación saudable nun obradoiro pensado especialmente "para estas datas de excesos gastronómicos". Ademais de recibir información sobre as dietas máis saudables para a poboación en xeral, e as persoas maiores en particular, os participantes "tiveron a oportunidade de elaborar receitas saudables sinxelas que despois degustaron a media mañá e repetirán á hora da merenda".

 

O 'Nadal da TIC' inclúe moitas outras actividades, concluíron os seus organizadores. Entre elas, as relacionadas coa imaxe, tanto desde o punto de vista da fotografía como do audiovisual. Os maiores coñecen o funcionamento do 'croma' e elixiron entre numerosas paisaxes con ambientación de Nadal, a maioría da propia provincia de Lugo. Finalmente entregóuselles un calendario de 2018 coa súa foto, que levaron ás súas casas como recordo.

12/01/201813:25
Posto informático accesible.
Santiago de Compostela

PROSPERITY4ALL fomentará a relación entre desenvolvedores e usuarios de tecnoloxía accesible

  • Chámase Prosperity4all (P4A) e é a nova aposta da Fundación ONCE e Ilunion Tecnoloxía e Accesibilidade para facer máis fácil o deseño, o desenvolvemento, a adquisición e o uso de produtos e servizos de tecnoloxía accesible
  • Este ambicioso proxecto europeo, que entra na súa fase final, permitirá unha interacción total entre desenvolvedores e usuarios de tecnoloxía accesible
  • Chega a hora da relación entre persoas

 

Felipe ten unha discapacidade visual e necesita un dispositivo que lle lea os subtítulos cando ve a televisión. Non sabe como empezar a buscar este produto porque son moitos os catálogos e webs que tería que consultar ata atopar algo que lle resulte útil. Tampouco ten a seguridade de que, unha vez adquirido, este artigo responda satisfactoriamente ás súas necesidades. Prosperity4all (P4A) pode solucionar estes problemas. Felipe vai poder atopar o que busca nunha soa plataforma accesible e cómoda que reúne a oferta de desenvolvedores de toda Europa. Só ten que introducir unha palabra clave nun buscador e terá diante os tres ou catro produtos que máis se axustan ás súas necesidades. Pero non só iso. Felipe vai estar en contacto permanente co desenvolvedor desa tecnoloxía, mesmo despois de adquirila, vai poder consultar a quen a cree ou a outros usuarios dese mesmo produto calquera dúbida sobre o seu funcionamento, facer suxestións de mellora e axudar a que sexa máis útil e de maior calidade.

O xefe do Departamento de Tecnoloxías Accesibles e I+D da Fundación ONCE, David Zanoletty asegura que P4A vai enterrar o modelo clásico de mercado, no que o creador dunha tecnoloxía desaparece unha vez que o usuario a adquiriu. “Aquí, en cambio, mantense esa liña de conexión entre o desenvolvedor e o usuario e xa se están vendo as vantaxes que isto ten. O consumidor ten información máis práctica, non o clásico manual de usuario”.

Jesica Rivero, coordinadora de I+D en ILUNION Tecnoloxía e Accesibilidade, incide nesta idea: “Perséguese ese valor engadido de que un desenvolvedor poida estar en contacto con aquelas persoas que van utilizar o produto, para saber que necesidades van ter, que produtos de apoio van necesitar. Trátase de poñer en contacto dous mundos que normalmente non están en contacto”. Cara á relación entre persoas Prosperity4all non substitúe ao proxecto que lle antecede, Cloud4all, senón que o complementa. De feito, a suma de ambos enmárcase nun conxunto máis amplo: a iniciativa pública inclusiva global GPII.

 

Pero, que é GPII?

É unha gran infraestrutura que vai permitir a calquera usuario en calquera parte do mundo acceder a servizos de tecnoloxía segundo as súas necesidades específicas. "P4A busca involucrar ao usuario no deseño e o desenvolvemento da teconoloxía" Así o explica Zanoletty: “Desde calquera parte do mundo con conexión a Internet, a través dun código que eu introduza ou mediante algún dos meus trazos biométricos como a voz, a pegada dactilar ou o iris, automaticamente ese dispositivo que eu estou a usar configurarase segundo as características que necesito: a letra aumentada, alto contraste, etc.” Esa información, aclara, non está no dispositivo, "ten que estar na internet, nuns servidores que forman parte desa infraestrutura que é GPII, que non é local senón global”.

A coordinadora de I+D en ILUNION Tecnoloxía e Accesibilidade resume o paso que supuxo Prosperity4all respecto de Cloud4all . Se Cloud permite ao usuario, independentemente de onde se atope, identificarse e acceder a un interface de acordo ás súas necesidades e preferencias, o que fai posible Prosperity é a comunicación entre os usuarios finais e os desenvolvedores. “Relación entre persoas: esa é a principal diferenza entre Cloud4All e Prosperity4All”, subliña Rivero, quen matiza que “non só se persegue poñer en contacto usuarios con desenvolvedores, senón tamén con outros usuarios”.

 

O desenvolvedor xa non está só

O novo proxecto non só favorecerá a interacción entre o usuario e o desenvolvedor de tecnoloxía, senón que propiciará a comunicación dos desenvolvedores entre si. Isto resolverá dous problemas fundamentais aos que se enfronta calquera novo desenvolvemento, como testemuña a coordinadora de I+D en ILUNION Tecnoloxía e Accesibilidade: “Estes dous problemas son, en primeiro lugar, saber que quere realmente o usuario e, en segundo lugar, que o tempo para desenvolver ese produto é limitado”. David Zanoletty, xefe do Departamento de Tecnoloxías Accesibles e I+D de Fundación ONCE.

Hai unha zona de Prosperity4all, chamada Developer's Space (Espazo do desenvolvedor) que proporciona ao creador dunha solución tecnolóxica a resposta aos dous problemas, xa que, por unha banda, pono en comunicación co usuario de tal maneira que vai poder coñecer, a través dun sistema de puntuacións (rating), de comentarios ou mesmo de enquisas, se o seu produto vai ter éxito no mercado e, por outra banda, axúdalle a suplir esa falta de tempo porque lle permite integrar no seu desenvolvemento cousas que xa fixeron outros. É posible que ese desenvolvedor estea a crear unha nova aplicación para o móbil e teña que integrar un lector de pantalla cando el non é experto nesa tecnoloxía. Non lle fai falta que a desenvolva partindo de cero. Rivero explícao cunha metáfora: “Pode ir compoñendo un quebracabezas grazas a ter contacto con todos os desenvolvedores que fan as distintas pezas. Isto permite reducir moito os tempos e os custos dun desenvolvemento”. “Hoxe en día, o camiño que se está tomando claramente é o da colaboración”, asegura o xefe de Tecnoloxías Accesibles e I+D da Fundación ONCE. “Ultimamente fálase moito de cocreación, codiseño... todo é ‘co'. Non é simplemente unha moda”, afirma Zanoletty, que explica que esta colaboración non só se dá entre desenvolvedores senón que tamén se debe facer partícipes aos usuarios: “Antes, na fase de análise, os usuarios probaban un produto e daban a súa opinión aos deseñadores, pero iso quedaba curto. Ao usuario non só hai que preguntarlle senón involucralo en deseñar, desenvolver e probar a solución. O usuario debe formar parte do equipo de desenvolvemento”.

Isto, segundo Zanoletty, ten implicacións moi importantes no ámbito da tecnoloxía accesible. “Moitos desenvolvedores non se atreven a meterse no mundo da accesibilidade por descoñecemento ou porque lles parece moi complexo. Se non están moi familiarizados con usuarios que teñen limitacións severas, os seus produtos recibirán moitas críticas”. Por iso, continúa este directivo da Fundación ONCE, “crear un espazo que facilita a novos desenvolvedores incorporarse a este campo é o que aquí se busca, ademais de poder contactar entre os propios desenvolvedores de maneira que lles permita intercambiar experiencias. É darlle un empuxón en moitos aspectos”

 

Onde a tecnoloxía non chega

No primeiro exemplo que puxemos, Felipe buscaba un produto de apoio a través de Prosperity4all. Para iso, accedía a unha zona que se chama Unified List and Market Place. Alí atopaba comodamente os produtos que mellor se adecuaban ás súas necesidades. Zanoletty explica que a lista unificada de P4A pretende ser unha solución ao problema da oferta de tecnoloxía accesible que é demasiado ampla e dispersa: “A produción de tecnoloxía agora mesmo é enorme e costa moito coñecer que é o último que se está creando, xa sexa en tecnoloxía da fala, en recoñecemento de voz, en visión artificial, etc. Isto vai bastante rápido e costa moito estar ao”día . O usuario tamén ten á súa disposición outro espazo, denominado Assistance On Demand, pensado para que o usuario reciba asistencia ou asesoramento dos equipos de desenvolvemento, que son os que coñecen máis en profundidade o produto ou o servizo que crearon. Pero tamén permite a colaboración entre consumidores, porque xeralmente un usuario aprende máis vendo como outra persoa utiliza un produto que lendo as especificacións técnicas. Rivero pon un exemplo: “Hai unha aplicación para móbil que permite ao usuario obter unha descrición dun obxecto ao enfocalo coa cámara do seu teléfono. Se, utilizando esa tecnoloxía, o dispositivo non logra recoñecer ese obxecto, o usuario será conectado automaticamente cunha persoa que pode ver esa imaxe e facer esa descrición”.

 

A Fundación ONCE e ILUNION, socios clave do proxecto

Prosperity4all, proxecto de investigación financiado pola Comisión Europea, apóiase nunha alianza de 23 socios europeos e un canadense. Os tres participantes españois neste consorcio son a Fundación ONCE, ILUNION e o Consorcio Fernando dos Ríos. A este consorcio sumáronse departamentos de investigación de distintas universidades, desenvolvedores e outras entidades que achegan o seu traballo ou o seu know how. Esta heteroxeneidade non é casual senón que é idónea para cubrir todos os aspectos dun proxecto tan inxente.

O papel da Fundación ONCE en Prosperity4all é fundamental. A súa principal tarefa é recrutar usuarios con discapacidade cunha variedade de perfís o máis ampla posible para testar a fondo a accesibilidade e o correcto funcionamento de todos os compoñentes do proxecto. A outra labor da fundación é dar a coñecer esta nova aposta tecnolóxica, como indica o xefe do Departamento de Tecnoloxías Accesibles e I+D, David Zanoletty: “A difusión non debe ir orientada soamente aos desenvolvedores senón tamén aos consumidores destes produtos. Como temos conexión con outras entidades do mundo da discapacidade, somos claves para dar a coñecer o proxecto”.

Pola súa banda, ILUNION Tecnoloxía e Accesibilidade participa con dous departamentos distintos. O de Estudos Sociais ocúpase de realizar os pilotos con usuarios, incluíndo cuantificación, análise dos datos recollidos e conversión en propostas accionables para que os desenvolvedores cambien o seu software. Mentres que o Departamento de I+D realizou compoñentes como o de rating, que serve para facer a valoración de cada produto, así como unha ferramenta accesible para facer enquisas. "Esta é a única ferramenta do mercado que é accesible tanto para o que fai a enquisa como para o que a responde”, subliña Jesica Rivero, coordinadora de I+D.

Acceso á noticia na web da ONCE.

12/01/201813:11
Logo Cocemfe.
Santiago de Compostela

Máis de 1.900 estudantes participan en 58 tecnogymkhanas pola accesibilidade

  • Forma parte das actividades do proxecto INCLÚE+D de COCEMFE de mellora da autonomía persoal do alumnado con discapacidade

 

A Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), celebrou 58 tecnogymkhanas pola accesibilidade nas últimas semanas nas que se sensibilizou a máis de 1.900 estudantes sobre as necesidades de apoio das persoas con discapacidade física e orgánica.

A “TecnoGymkhana pola Accesibilidade” celebrouse en 25 colexios e institutos de 16 provincias no marco do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, e forma parte das actividades do proxecto INCLÚE+D de COCEMFE de mellora da autonomía persoal do alumnado con discapacidade e de prevención do fracaso escolar, financiado a través da convocatoria de subvencións procedente do 0,7% do IRPF do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Estudantes de Primaria e Secundaria experimentaron de forma lúdica con diversas ferramentas que poden ser utilizadas para adaptar o posto de estudo, servir de produto de apoio ao alumnado con necesidades específicas de aprendizaxe, xerar materiais didácticos e comprobar como as novas tecnoloxías poden servir para crear espazos de traballo colaborativos comúns ás persoas con discapacidade e sen discapacidade, fomentando valores como o traballo en equipo, a accesibilidade universal e o deseño para todas as persoas.

A través de xogos de retos con placas Makey Makey, que converten en táctil calquera superficie, construíronse pianos con pezas de froita, mandos de videoxogos con papel e plastilina e a adaptación destes a persoas con mobilidade reducida. Ademais, esta iniciativa en forma de gymkhana “tecnolóxica”, incluíu xogos gamificados sobre o coñecemento da discapacidade, un buscador de espazos adaptados e a creación de historias animadas entre todo o alumnado sobre como un grupo colabora para a plena integración dunha persoa con discapacidade.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS