A Fundación ONCE e Citi lanzan un curso para apoiar o emprendemento dixital entre persoas con discapacidade
Medio cento de persoas participan na primeira edición

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
Medio cento de persoas participan na primeira edición
No marco da colaboración entre A Fundación ONCE, Citi e a súa fundación, hoxe comeza a I Edición dun curso online para promover o emprendemento dixital entre persoas con discapacidade no que participan medio cento de persoas.
Titulado "Creación de empresas dixitais", o curso consta de 80 horas lectivas nas que os alumnos coñecerán casos de éxito e fracaso de empresas startup e asistirán a módulos formativos, todos eles cun caso práctico que terán que desenvolver.
Os módulos previstos son os seguintes: Ecosistema emprendedor, Innovación no proceso de emprender, Plan de vendas e mercadotecnia, Plan de operacións, Estratexia empresarial e social (networking, redes sociais), Aspectos reguladores e legais, Plan financeiro e Plan de continxencia.
Este curso de formación, que imparte Anova It Consulting coa Plataforma Accesible, é o colofón ao proxecto Emprende TIC, unha iniciativa con accións formativas de carácter colectivo e individual destinada a fomentar o emprendemento das persoas con discapacidade.
Entre as accións formativas individuais figuran algunhas relacionadas con deseños de interiores con 3D, comercio electrónico, ou Social Media & Community Manager, mentres que no apartado das colectivas hai cursos como o que comeza este luns e un máster en ciberseguridade.
Todas estas accións formativas están a beneficiar a persoas con discapacidade de Andalucía, Aragón, Castela e León, Castela a Mancha, Galicia, Valencia, Cataluña, Madrid, Estremadura, Euskadi, Canarias, Illas Baleares, Asturias, Navarra e Murcia.
A plataforma dixital "Mefacilyta" para persoas con discapacidade intelectual xa é multilingüe grazas ao proxecto europeo Desktop.
Expertos en tecnoloxía dixital e en educación de persoas con discapacidade intelectual reuníronse en París para avaliar o avance do programa Desktop (The Disabled Enhance their Skills Through Online Platforms), que se está desenvolvendo en oito países e está financiado pola Comisión Europea a través de Erasmus+.
Os pasados 29 e 30 de xuño de 2016 reuníronse doce delegados de Desktop de todos os países implicados, que valoraron positivamente o desenvolvemento do traballo do seis primeiros meses do proxecto, nos que a plataforma "Mefacilyta" pasou a ser multilingüe, ademais de seguir mellorando as distintas posibilidades que ofrece a ferramenta en canto á creación de apoios personalizados a cada tipo de usuario.
O proxecto durará até 2017 e conta entre os seus obxectivos coa creación dun Manual que permitirá a outras persoas do ámbito educativo da discapacidade intelectual acceder a esta ferramenta dixital en países de todo o mundo.
En Desktop participan as seguintes nove organizacións de oito países diferentes: Fundación Juan Ciudad (España), Fundación Vodafone España (España), Hospitality Europa (Bélxica), Instituto das Irmas Hospitaleiras do Sacro Coraçao de Jesus (Portugal), Association Benoit Menni (Francia), SJOG Community Services Limited (Irlanda), Johannes Von Gott-Pflegezentrum (Alemaña), Barmherzigue Brüder gGmbH (Austria), Bonifraterska Fundacja Dobroczynna (Polonia).
Presentado coa Federación de Municipios de Cataluña o Informe de Fundación Vodafone e Cocemfe Barcelona, realizado por o Observatorio da Discapacidade Física; ofrece información sobre como valoran e utilizan as TIC as persoas con discapacidade.
A Federación de Municipios de Cataluña presentaou en Barcelona o Informe “Discapacidade, Integración e o papel das TIC”, elaborado por a Fundación Vodafone e Cocemfe Barcelona. No acto participaron Lluïsa Moret, presidenta de l’Àmbit de Drets Socials e alcaldesa de Sant Boi de Llobregat; Pilar Díaz, directora do Observatorio da Discapacidade; e Joana Sánchez, manager de AAPP de Vodafone en Cataluña, ademáis de Àngels Pons, directora de GESOP.
Entre outras conclusións, o Informe pon de manifiesto que dúas de cada tres personas con discapacidade consideran que “o uso das novas tecnoloxías pode axudar a mellorar o seu benestar”; ou que unha de cada catro persoas con discapacidade considera que Internet lle proporciona autonomía e independencia,
O estudio completo, elaborado cunha mostra de máis de mil persoas con discapacidade, está dispoñible en www.observatoridiscapacitat.org
Nun curso de verán da Universidade Politécnica sobre "Smart City inclusiva e accesible" que se desenvolve en La Granja.
Fundación ONCE destacou este mércores en La Granja (Segovia) a importancia de que as chamadas cidades intelixentes teñan en conta o factor da accesibilidade para que poidan responder á denominación de "Smart Cities" e converterse así en lugares habitables para todas as súas xentes.
Así o expuxeron Isabel Martínez Lozano, comisionada para Universidade, Mocidade e Plans Especiais de Fundación ONCE, e Jesús Hernández, director de Accesibilidade Universal e Innovaciónde a mesma entidade, no curso de verán "Smart City inclusiva e accesible", organizado pola Universidade Politécnica de Madrid no seu campus de La Granja (Segovia).
Na súa intervención, Martínez Lozano abordou o dereito que teñen todas as persoas a vivir e desenvolverse de forma cómoda e segura nas cidades e fixo un percorrido pola historia e a evolución das urbes en canto a accesibilidade se refíre.
A comisionada para Universidade, Mocidade e Plans Especiais de Fundación ONCE reflexionou deste xeito na conferencia "Cidades Intelixentes e o Dereito de Todos á Cidade: Evolución e camiño percorrido no X aniversario da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade".
Pola súa banda, Hernández abordou o aspecto da accesibilidade tamén como factor imprescindible para que as cidades sexan lugares humanos no seu relatorio titulado "Cidades Human City A+ con A de accesibilidade".
Para o director de Accesibilidade Universal e Innovación de Fundación ONCE, as cidades intelixentes han de ser humanas e, desde esta perspectiva, "sen exclusións", é dicir, lugares nos que todos os seus habitantes vivan en condicións de igualdade.
En xeral, os relatores deste curso, que se celebra até este xoves en La Granja, abordan aspectos relacionados coa accesibilidade como factor crave nas cidades intelixentes, tales como a implantación da accesibilidade na Administración municipal, boas prácticas de accesibilidade universal nas urbes intelixentes ou a certificación da xestión da accesibilidade universal.
Os días 14 e 15 de novembro, o Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC) celebrará o seu 7º Congreso Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade no Palacio de Congresos de Zaragoza.
Este ano estará dedicado á Transformación Dixital Accesible entendida como un cambio social. “Se a transformación dixital supón a introducción de tecnoloxía en tódolos procesos e servizos do sector público e privado, nós entendemos que é un proceso que afecta a toda a sociedade e por o tanto debe ser accesible”, declara Juan Carlos Ramiro, director de Accesibilidade de CENTAC.
O 7º Congreso Nacional de CENTAC ofrece unha oportunidade única de descubrir aos actores implicados no desenvolvemento das tecnoloxías accesibles no noso país, coñecer que produtos hai no mercado, e as tendencias máis innovadoras no IoT (Internet of things), Fintech, Smart City, tecnoloxías en mobilidade, fabricación personalizada, robótica, comercio electrónico, Big Data, etc.
Chamada á participación
Un ano máis, CENTAC da a posibilidade a que todo aquel que desesenvolva TIC’s accesibles teña a oportunidade de expor o seu traballo. Nesta edición ábrense dúas contornas para elo: speaker’s corner e unha zona expositiva.
Ata o 10 de octubro, poderanse presentar as solicitudes para participar no Speakers’ Corner. Búscanse solucións baseadas nas TIC que contribún á transformación dixital da sociedade, e que destaquen por a súa accesibilidade e usabilidade, con incidencia directa na mellora da calidade de vida das persoas.
Por outra parte, recibiranse propostas para participar na área expositiva ata o 30 de setembro. Búscanse produtos en fase de prototipo funcional ou superior, que inclúan unha compoñente hardware importante, cun grao de innovación alto: robótica, drons, impresión 3D, wearables, realidade virtual...
A participación é gratuíta, e os interesados deberán completar o formulario que corresponda que se atopa na web do CENTAC, describindo o proxecto, e demáis campos solicitados.
Congreso Nacional CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade
Esta é a sétima edición dun congreso que CENTAC veñen organizando desde 2010 por toda España e que se situou como o máis importante destas características no noso país.
O seu obxectivo é impulsar e dar visibilidade ás tecnoloxías accesibles nos ámbitos empresarial, industrial e de servizos. Reunindo nunha cidade as tecnoloxías presentes ou emerxentes que inclúen ou deben incluír criterios de accesibilidade e usabilidade para xerar unha contorna de innovación e aprendizaxe.
Ligazóns: