
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurará o vindeiro martes 15 en Santiago o XV Encontro Nacional de Telecentros, que se celebra baixo o lema “Impulsando a túa capacitación dixital”.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurará o vindeiro martes 15 en Santiago o XV Encontro Nacional de Telecentros, que se celebra baixo o lema “Impulsando a túa capacitación dixital”. A iniciativa, organizada pola Asociación Nacional de Redes de Telecentros en colaboración co Amtega, ten como obxectivo coñecer as principais accións estratéxicas das Redes de aulas para a formación dixital e potenciar a súa posición como recurso chave mellorar as competencias dixitais para a empregabilidade e impulsar a innovación social Dixital.
No encontro participan máis de 100 profesionais relacionados co desenvolvemento da Tecnoloxía da información, industrias do sector, organismos públicos e privados de Galicia, España e Europa, e innovadores, usuarios, e comunidades locais do ámbito local das aulas CeMIT. galega. A inscrición é de balde e poderá efectuarse a través do seguinte enlace da web da Rede CeMIT.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurará o vindeiro martes 15 en Santiago o XV Encontro Nacional de Telecentros, que se celebra baixo o lema “Impulsando a túa capacitación dixital”.
A iniciativa, organizada pola Asociación Nacional de Redes de Telecentros en colaboración co Amtega, ten como obxectivo coñecer as principais accións estratéxicas das Redes de aulas para a formación dixital e potenciar a súa posición como recurso chave mellorar as competencias dixitais para a empregabilidade e impulsar a innovación social Dixital.
No encontro participan máis de 100 profesionais relacionados co desenvolvemento da Tecnoloxía da información, industrias do sector, organismos públicos e privados de Galicia, España e Europa, e innovadores, usuarios, e comunidades locais do ámbito local das aulas CeMIT. galega. A inscrición é de balde e poderá efectuarse a través do seguinte enlace da web da Rede CeMIT.
O evento retransmitirase por emisión por streaming en http://comunidaddetelecentros.net/directo/ e poderá seguirse en twitter co hashtag #15encuentro e #telecentros.
Programa
Durante a xornada, Ver programa e Ver díptico programa, celebraranse catro mesas de debate. Na primeira abordarase a a acreditación de competencias dixitais, expoñendo a experiencia galega do CODIX (Certificación de Competencias Dixitais en Ofimática),xunto co modelo andaluz de formación en competencias dixitais, Guadalinfo. Esta mesa pecharase coñecendo o papel e as iniciativas de Telecentre Europe sobre este tema e o seu posicionamento con respecto ao informe europeo DIGCOMP, o marco común para o desenvolvemento de competencias dixitais en Europa.
Na segunda das mesas analizarse o programa europeo de fomento da empregabilidade, FIT4jobs, que quere reorientar a traxectoria formativa dos e as mozas cara ao ámbito TIC para dar resposta á demanda actual e futura e mellorar as súas oportunidades laborais. Nesta segunda mesa, a directora de Formación de Fundación Tecnoloxías da Información de AMETIC falará tamén sobre os “Os perfís profesionais da transformación dixital.”
A terceira das mesas debate abordará proxectos de innovación social dixital como CeMIT-innova, impulsada pola Amtega en 2015 e que conseguiu desenvolver 9 iniciativas de innovación social dixital en 9 aulas da Rede CeMIT;O proxecto O cable amarelo, para a construción dun ecosistema innovador da rede de aulas da rexión de Murcia e a experiencia de deseño e implantación de living labs, promovida pola Rede de Espazos CyLDIGITAL de Castela e León.
O programa do encontro complétase co Taller práctico: “Transformando Ideas… para mellorar a nosa contorna local. DesignThinking para a Innovación social dixital nas redes de telecentros”, onde se verán os resultados dos pilotos que xa se executaron na I Edición CeMIT-Innova 2015
Unha vez máis o encontro das redes de telecentros terá un formato de workshop aberto, participativo e que poderá seguirse en twitter cos hashtag #15Encuentro e #Telecentros, vía streaming e que recollerá todas as achegas no storify da comunidade de telecentros https://storify.com/comunidadtc na web da get online week.
Organizadores
Os impulsores deste XV Encontro no que colabora a Amtega son Asociación Comunidad de Redes de Telecentros e Telecentre Europe. A Asociación, constituída no ano 2008, é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa a 12 institucións publicas de 10 Comunidades Autonómicas que traballan na creación, dinamización e mantemento de espazos públicos destinados ao fomento da Sociedade da Información, en España mediante a promoción do acceso da cidadanía ás tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
Telecentre Europe é unha organización sen ánimo de lucro con sede en Bruxelas. Actualmente os membros da rede representan a máis de 50 organizacións membros en 32 países. Os membros e socios da rede teñen como obxectivo, mellorar a inclusión dixital europea e o sector da cultura dixital, integrando a todas as asociacións e redes non gobernamentais que traballan pola inclusión dixital na UE.
A vindeira semana darán comezo na aula CeMIT de Fisterra unha serie de actividades centradas todas elas no manexo e aproveitamento do Smartphone ou Tablet, así como consellos sobre un uso seguro dos mesmos. Cada día tratarase en profundidade unha temática diferente, resultando o calendario do seguinte xeito:
As sesións, eminentemente prácticas e demostrativas, están dirixidas principalmente ás persoas maiores de 45 anos, ou a aquelas que teñen máis recelo no uso dos dispositivos móbiles, aínda que é aberta a tódolos públicos. O único requisito para asistir, son as ganas de aprender.
Ditos seminarios enmárcanse nun proxecto organizado por Fegaus en colaboración coa Fundación Vodafone España denominado Ágora Tecnología. O seu obxectivo é achegar ao colectivo sénior o uso das novas tecnologías. A metodoloxía que se empregará na aula será a videoconferencia, posto que o/a relator/a se atopará fisicamente cada un dos días nun campus universitario da xeografía galega.
Anteriormente na aula xa vimos de colaborar coa Fundación Vodafone, quen nos enviou 12 smartphones para o seu uso durante as clases, actividade moi populosa e con moita demanda entre os fisterráns.
Así que... se tes un smarpthone ou curiosidade por saber qué se pode facer coel... non o dubides e inscríbete!
Información e inscricións na Aula CeMIT de Fisterra, no correo cemit.fisterra@xunta.es ou no teléfono 673081740.
Remata no día de hoxe o primeiro ciclo de actividades do ano destinada ao manexo básico dos novos teléfonos móbiles, os smartphones. E semella que non vai ser a última, dada a ampla participación do colectivo dos maiores na actividade. Foron 3 os grupos que se precisaron para dar cabida ás persoas interesadas en coñecer e manexar os smartphones. Aínda que algún dos participantes xa dispón de móbil de seu, nesta ocasión fixeron uso diariamente dun dos 12 teléfonos que a Fundación Vodafone puxo á súa disposición durante 2 semanas.
Encargouse de poñer punto final á actividade a Escola Galega de Consumo, quen advertiu dos dereitos e deberes como usuarios/as de telefonía móbil, os erros máis frecuentes e as reclamacións posibles.
Despois destas dúas semanas de intenso traballo pero tamén satisfacción pola ampla participación e ganas de aprender, así como de interese suscitada ao longo destes días en máis público da zona, quedan garantizadas futuras actividades deste tipo ao longo do ano actual.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre mañá xoves 28 de xaneiro o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre mañá xoves 28 de xaneiro o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no DOG, con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar a mediados do mes de xuño.
Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame. O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.
O prazo de inscrición será de cinco días naturais a partir do seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o xoves 28 de xaneiro. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, (o luns 1 de febreiro ás 14:00 horas) publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT así como un número adecuado de reservas, unha vez realizado o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética. As persoas admitidas deberán aboar no prazo de cinco días naturais desde a data da súa publicación a taxa de 10 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.
Plan Formativo Ofimático de Galicia
Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas)
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas)
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas)
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer. (30 horas)
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas)
Próximas convocatorias de exames presenciais
Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2016, que terá a súa continuación cun novo curso de teleformación titorizada previsto para o segundo semestre (no mes de setembro).
Ademais destes cursos preparatorios, realizaranse ao longo deste ano dúas novas convocatorias de exames presenciais en marzo e outubro para aqueles cidadáns que xa posúan os coñecementos necesarios ou que opten pola modalidade autoformativa, ata chegar a un total de 1.000 prazas dispoñibles para que a cidadanía poida acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no dito plan.
Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron mais de 800 as prazas convocadas en cursos de teleformación titorizada e de 1.600 as persoas que se someteron á avaliación dos seus contidos nas diferentes edicións das probas presenciais convocadas e que se realizaron en diversas aulas da rede CeMIT.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan o vindeiro martes 3 a xornada "Faite profesional dixital do xornalismo". O encontro é o sexto e último da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital "1 mes, 1 profesión dixital" e desenvolverase na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan o vindeiro martes 3 a xornada "Faite profesional dixital do xornalismo". O encontro é o sexto e último da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital "1 mes, 1 profesión dixital" e desenvolverase na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Os asistentes ao evento coñecerán, a través das intervencións de destacados expertos e profesionais na materia, novas competencias e habilidades profesionais que se están a demandar no mercado laboral actual no eido do xornalismo. Os relatores exporán as características e requisitos do seu labor e perfil profesional, tanto de xeito individual como nun debate conxunto e aberto ao público.
O encontro desenvolverase de 16.45 a 19.00 horas na Aula 0 da Facultade de Ciencias da Comunicación. A inscrición é gratuíta, e as persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través do enderezo electrónico eventos@cpeig.org ou da web www.profesionsdixitais.org, na que tamén figura o programa e información da iniciativa e dos relatores que participan.
Tras a benvida institucional, a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e do decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Ramón Pousa, intervirá Manuel Gago, xornalista experto en blogs e profesor universitario. A continuación, Alejandro Espiño falará do e-xornalismo local desde a súa experiencia como periodista e fundador de PontevedraViva.com.
De seguido, a enxeñeira técnica de Telecomunicacións Esther Medina abordará a comunicación dixital no eido público desde o seu punto de vista como xefa de Innovación e Novas Canles da CRTVG. Despois da súa intervención, o investigador e vicedecano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Carlos Toural, abordará a marca persoal coa súa conferencia “Cómo vestir o ego dixital”
Como remate da xornada Faite profesional dixital do xornalismo, está previsto un debate entre os relatores e o público.