
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
A Escola de familias e discapacidade da Fundación MAPFRE organiza o vindeiro sábado 8 de outubro a súa VI Xornada presencial na cidade de Santiago de Compostela. Na xornada, Gonzalo Berzosa, Director da Escola de familias e discapacidade, impartirá a charla: “Conectados somos máis autónomos. A tecnoloxía ao servizo da seguridade, a iniciativa, a vida independente”.
O obxectivo da xornada é reflexionar sobre a necesidade de incorporar na vida cotiá das persoas con discapacidade o uso das tecnoloxías da comunicación.
Trataranse aspectos clave, tales como:
Xunto cos contidos que se ofrecen na súa web, a Escola ofrece ás familias, a través destas xornadas presenciais, un tempo e un espazo para vivir a experiencia de que non están soas, que poden compartir as súas dificultades, expresar os seus medos, coñecer as conquistas no ámbito da autonomía persoal doutras persoas con discapacidade e mirar ao futuro con esperanza e confianza.
A Xornada levarase a cabo no Parador “Hostal dos Reis Católicos” situado na Praza do Obradoiro, 1. Santiago de Compostela (A Coruña) de 9:00 a 14:00 horas.
Quen desexe asistir poderá inscribirse de maneira gratuíta a través da web oficial da Escola de familias e discapacidade.
Dende hoxe e até o 2 de outubro o programa Conectadas 2016 (unha iniciativa desenvolvida polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra) vai realizar 17 obradoiros espallados entre 12 concellos da provincia de Pontevedra: Campo Lameiro, Cuntis, A Estrada (catro obradoiros), Lalín, Meis, Mos, Ponteareas (dous), Pontecesures, Sanxenxo, Tomiño (outros dous), Vilaboa e Vila de Cruces. Os ditos obradoiros abranguen temáticas variadas, sendo as novas tecnoloxías un dos bloques fundamentais polo que teñen estas ferramentas de inclusivas e de recursos para a mellora social, comunicativa, formativa, cultural, persoal, etc.
Máis polo miúdo, as temáticas van dende actividades físicas (zumba, ioga, ximnasia de mantemento), artesanía e manualidades (traballos en tea, coiro, madeira e outros; costura creativa; iniciación á costura) ou a alimentación (conservación de alimentos, conservas artesanais; cociña e alimentación: hábitos saudábeis; tapas, petiscos e canapés), ou alfabetización dixital (fotografía e edición) e psicoloxía (risoterapia, mindfulness), entre outros.
As actividades mencionadas estanse a realizar ao longo de 60 concellos da provincia e son máis de 5.000 alumnas e alumnos os que se beneficiarán en total do programa. Os cursos teñen unha duración de 35 horas e precisan un mínimo de 15 persoas participantes, organizándose en grupos de entre 20 e 25 persoas como máximo e con preferencia ás mulleres. Só un 25% das prazas se reservan para homes, agás no caso dos cursos relacionados coa cociña e alimentación, onde a distribución de prazas está a ser mixta.
Cómpre engadir que o que persegue Conectadas 2016 é potenciar a participación e promoción das mulleres, mellorar a súa formación básica e favorecer as relacións interpersoais en igualdade, así como o intercambio de experiencias. Faino mediante accións formativas e coa achega dos principios de: igualdade, corresponsabilidade e conciliación nos distintos eidos persoal, laboral e familiar.
Alén disto, Conectadas 2016 tamén quer contribuír á mellora da empregabilidade das mulleres e o seu mantemento no mercado de traballo, reducindo a fenda dixital mediante o emprego da información e as novas tecnoloxías.
Un novo faladoiro dixital organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) terá lugar o vindeiro 28 de setembro dentro da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital.
A xornada abordará a Internet das cousas (IoT nas súas siglas en inglés) coa participación de expertos na materia e desenvolverase na sede de Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia Gradiant, no Edificio CITEXVI, local 14, no Campus Universitario de Vigo.
Francisco Javier Rodríguez Martínez, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense e membro da xunta de goberno do CPEIG, será o encargado da benvida institucional. A continuación intervirá Juan Manuel Corchado, director do primeiro master sobre IoT e catedrático da Universidade de Salamanca. Despois dun breve descanso, falará José Antonio Losas, CTO de Conexiona.
O último relator en intervir no faladoiro dixital será o Xefe de Servizos de Feiraco, o enxeñeiro agrónomo Rafael García Gabeiras. Unha mesa redonda pechará a xornada coa participación dos relatores e do público.
As persoas interesadas en acudir ao faladoiro dixital sobre Internet das cousas poden inscribirse xa de balde no enderezo eventos@cpeig.gal e tamén través da web www.profesionsdixitais.org, onde atoparán máis información do programa e dos relatores.
1 mes, 1 profesión dixital
A campaña 1 mes, 1 profesión dixital desenvolve a segunda edición durante o presente ano, abordando as oportunidades profesionais e boas prácticas. O obxectivo xeral é crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara ao emprego. A iniciativa é froito do acordo de colaboración asinado entre o CPEIG e a Amtega.
O movemento maker é a última tendencia no mundo da tecnoloxía. Así o pensa Google e por ese motivo adicoulle o seu quinto evento anual TrendSpain, celebrado onte no Campus Madrid, o edificio co que conta a compañía na capital española. O movemento consiste en crear obxectos de forma artesanal pero utilizando a tecnoloxía ou técnicas tecnolóxicas como a impresión 3D, a robótica, o corte con láser ou a fresadora. As ferramentas son moi variadas. Algo que mostra o auxe deste fenómeno é a rápida multiplicación en todo o mundo de espazos nos que levar a cabo este tipo de proxectos a modo de laboratorios. Chámanse FabLabs e cada 18 meses duplícase o número destos espazos en todo o mundo, segundo César García, un dos ponentes da xornada.
Esta colaboración pon especial atención na promoción da vida independente vinculada á innovación tecnolóxica a favor da accesibilidade e a autonomía de ditas persoas.
Deste traballo conxunto destacamos Turismo Accesible para Todos. A aplicación TUR4all recolle as condicións de accesibilidade de establecementos turísticos de todo o territorio español (cada mes inclúense máis) e nela pódense atopar aloxamentos, bares, restaurantes, bodegas, oficinas de turismo, monumentos, museos e centros culturais, praias, espacios lúdicos, rutas urbanas… A aplicación permíteche planificar a túa viaxe, accedendo á información por provincias, tipo de establecemento e criterios de accesibilidade. Ademáis TUR4all está deseñada para personalizar a busca de establecementos turísticos segundo as túas necesidades.