main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

08/09/201711:45
Presentación dos proxectos seleccionados para o Co-Lab.
A Coruña

A cidade métese na probeta

  • Crear espazos de convivencia en Agra do Orzán, aprender urbanismo ou mellorar a vida dos maiores, proxectos seleccionados para o Co-Lab

Iniciativas para xerar espazos de convivencia en Agra do Orzán, mellorar a situación dos maiores ou desenvolver o barrio de Monte Alto son algúns dos seis proxectos seleccionados para o Laboratorio Cidadán da Coruña (Co-Lab). O espazo, impulsado o ano pasado polo Goberno local para "dinamizar e transformar desde a proximidade e a innovación social" a cidade, contará con proxectos, seleccionados en convocatoria aberta, promoven obxectivos como a mellora dos barrios, o reforzo do tecido asociativo, o apoio aos maiores ou a apertura de novos espazos na cidade, ademais de "favorecer a participación dos veciños", afirma a concelleira de Participación en Innovación Democrática, Claudia Delso, que onte presentou as iniciativa.

O proxecto para o Agra do Orzán propón utilizar o patios de mazá como lugares de convivencia, dada a falta destes espazos na zona. A idea segue a liña de proxectos realizados con éxito en cidades como Barcelona. Os cidadáns poderán entender as consecuencias do urbanismo e mesmo cuestionar procesos noutro proxecto de aprendizaxe e práctica para a resolución de problemas urbanos. Outra iniciativa construirá lugares de encontro entre artistas e entidades para mellorar os recursos. Para Monte Alto buscaranse fórmulas que potencien o seu desenvolvemento cultural, social e económico. Un proxecto diagnosticará a situación dos maiores e buscará mellorala e o sexto creará unha plataforma de intercambio de bens.

08/09/201711:42
Future Trends Forum.
Santiago de Compostela

Future Trends Forum, o único think tank enfocado en innovación

  • Este Fórum anticipa e detecta as tendencias de innovación, co fin de analizar o seu impacto na sociedade e nos modelos de negocio

A Fundación da Innovación Bankinter foi fundada no 2003, o seu principal obxectivo é impulsar a creación da riqueza sustentable en España a través da innovación e o emprendemento. A Fundación posúe a aptitude de converter a innovación e o emprendemento en ferramentas críticas para a creación de valor na sociedade española; para isto foi creado o ‘Future Trends Forum'.

Este é o think tank, coñecido tamén como laboratorio de ideas máis grande do mundo e que actualmente é conformado por máis de 400 expertos internacionais multidisciplinares en innovación. O FTF analizou máis de 25 tendencias de innovación tanto tecnolóxicas como socioeconómicas, que impactaron ao desenvolvo socio-económico de España.

O Future Trends Forum, reúnese cada 6 meses en Madrid-España, co fin de avaliar as tendencias actuais; para isto realízase un informe enfocado en ofrecer conclusións respecto dos posibles efectos do tema tratado, todo isto co obxectivo de transmitir á sociedade un coñecemento práctico e próximo á realidade.

Froito destas reunións, a Fundación de Innovación Bankinter publica as conclusións dos expertos, todas elas reunidas nunha soa difusión gratuíta acompañada de material audio visual divulgada por toda España, co principal obxectivo de anticipar aos cidadáns ao futuro e potenciar a innovación na sociedade.

Como resultado da reunión neste ano, o modelo dos negocios disruptivos e as Start-Ups como fonte de innovación serán os pioneiros para o desenvolvemento da economía e o consumo; para isto, o FTT convida a descubrir como cada unha destas tecnoloxías comezaron a transformar sectores, optimizar procesos e automatizar servizos. A traxectoria da FTF é recoñecida pola Universidade de Pensilvania como “o mellor Think Tank de Ciencia e Tecnoloxía de España e do mundo”. Se desexa coñecer máis sobre as tendencias que marcarán o noso futuro pode visitar a páxina web da fundación. 

08/09/201710:54
Presentación de EmpoderaLIVE 2017.
Málaga

Presentación oficial: Málaga acolle a XI edición de #EmpoderaLIVE

A Fundación Cibervoluntarios presenta hoxe EmpoderaLIVE 2017 no Concello de Málaga. Ao acto acudiron Julio Andrade, Concelleiro de Dereitos Sociais e Ruth Sarabia, Directora Xeral de Dereitos Sociais, Participación Cidadá, Inmigración e Cooperación ao Desenvolvemento por parte do Concello de Málaga junto a Yolanda Rueda, Presidenta da Fundación Cibervoluntarios.

A XI edición do simposio internacional de referencia en tecnoloxía social celebrarase os próximos 11 e 12 de setembro no Teatro Echegaray. Este ano, baixo o lema: Making by Hacking, citizens of change creating the future now, o Congreso reunirá a líderes mundiais, visionarios que, de forma disruptiva, innovadora e sustentable están a repensar o sistema para xerar dinámicas de cambio e impacto social.

Entre os relatores de #empoderaLIVE 2017 cabe destacar:

  • Kelly Snook, Investigadora científica, cocreadora de Mi.Mu Gloves, Ph.D. en Aeronáutica e Astronáutica pola Universidade de Stanford. Traballou durante 20 anos na Nasa.
  • Carlo Ratti, Director do MIT Senseable City Lab, Fundador de Carlo Ratti Associati.
  • Nieves Cubo, Investigadora & Enxeñeira en impresión 3D de tecidos humanos.
  • Mahmud e Massoud Hassani, Fundadores de Mine Kafon Foundation
  • Aral Balkan, Ethical designer e activista polos Dereitos Cyborg. Lidera a área de política tecnolóxica en DIEM 25
  • Bas van Abel,  Fundador de Fairphone

Para Yolanda Rueda, Presidenta da Fundación Cibervoluntarios: “EmpoderaLIVE é un punto de encontro para a innovación, onde se visibilizan iniciativas pioneiras que están a facer un uso social da tecnoloxía creativa e innovadora, onde se promove o networking, o intercambio de ideas e propícianse a creación de novos proxectos”.

Segundo Francisco da Torre Prados, Alcalde de Málaga: “Estamos orgullosos de contribuír ao desenvolvemento deste Congreso que xa é un referente a nivel internacional e onde se presentarán os últimos avances sobre Innovación urbana, Open Bio Printing, Intelixencia artificial, Xustiza Social na era dixital, Tecnoloxía ética, aberta e sustentable, Wearables para a expansión científica e cultural; en definitiva, proxectos que están a construír o ecosistema da innovación social en Europa”.

O conxunto de magníficos relatores fan desta edición unha cita ineludible para descubrir os novos avances da innovación social. 

Aquí tes toda a información: http://empodera.org/empoderalive-2017/

Segue o evento en streaming e cos hashtags #EmpoderaLIVE e #MakingByHacking

08/09/201709:47
Nenos xogando cun plano en relevo Braille.
Santiago de Compostela

Os 7.500 alumnos cegos que se incorporan ás aulas piden accesibilidade total nas novas tecnoloxías docentes

  • O 99,6% inclúese en centros ordinarios de ensino co apoio da ONCE e as administracións educativas

 

Un total de 7.549 estudantes cegos ou con discapacidade visual grave de toda España regresa nestes días ás aulas xunto ao resto de compañeiros e lembra a necesidade de que as novas tecnoloxías docentes sexan accesibles para non quedar excluídos dalgunhas materias. Para eles, a ONCE pon en marcha un sistema integral de apoio, que contempla ao alumnado, os centros escolares e as familias, co obxectivo de que a súa incorporación se realice en igualdade de condicións.

99,6% destes estudantes escolarízase en centros educativos ordinarios respondendo ao principio dun ensino inclusivo, que é posible grazas ao seu esforzo e a colaboración e o apoio específico dos equipos da ONCE e das Administracións educativas.

Eses 7.549 alumnos con cegueira e discapacidade visual grave repártense de cara ao novo curso 2017/18 entre os diferentes niveis educativos: 1.443 escolares comezan a Educación Infantil1.463 están escolarizados en Educación Primaria999 chegaron á Educación Secundaria Obrigatoria301 cursan Bacharelato293 prepáranse na Formación Profesional834 enfróntanse á Universidade; e 2.216 están inscritos noutro tipo de ensinos.

A inclusión do alumnado con cegueira e discapacidade visual nun ámbito educativo normalizado responde ao indicado na lexislación vixente, onde existe un único sistema no que prevalece o dereito de calquera alumno para recibir unha atención educativa equitativa e de calidade, respectando as súas necesidades específicas para posibilitar a súa plena inclusión educativa e social.

Diso encárganse os profesionais que compoñen os equipos específicos de atención educativa a persoas con discapacidade visual, formados grazas a sucesivos convenios de colaboración entre a ONCE e as Administracións educativas. Desde estes equipos trabállase intensamente para planificar o conxunto de intervencións que van levar a cabo durante todo o curso escolar co fin de facilitar a este alumnado, o seu profesorado, centros e familias, os recursos humanos e materiais, así como outro tipo de apoio que necesiten para facilitar a súa aprendizaxe e conseguir unha plena inclusión, base da súa inserción laboral futura.

 

Novos alumnos universitarios

No caso dos alumnos universitarios, especialmente aqueles que comezan esta nova etapa educativa, ademais dos apoios educativos específicos, a ONCE desenvolve tamén un programa de rehabilitación co obxectivo de dotar ao alumno dunha plena autonomía na mobilidade e orientación polas novas contornas. Unha tarefa que se desenvolve mediante a intervención dun técnico de rehabilitación, encargado de acompañar e ensinar ao estudante para desenvolverse sen ningunha dificultade.

 

Obrigada accesibilidade en todos os apoios educativos

Ademais, para cada novo curso, os servizos de produción bibliográfica da ONCE traballan intensamente para que o alumnado con cegueira poida dispoñer, desde o primeiro día de clase, dos mesmos libros de texto que os seus compañeiros, só que transcritos ao sistema braille ou outro soporte, así como toda a documentación necesaria (apuntamentos e calquera outra documentación de interese) en formato accesible.

Moitos deles contan ademais con tecnoloxía de última xeración -adaptacións tecnolóxicas- facilitadas pola ONCE para seguir o curso en igualdade de condicións: computadores con voz; anotadores e calculadoras parlantes; ou impresoras en braille, entre outras.

Neste sentido, a Organización lanza cada ano unha mensaxe ás administracións e todos os implicados no proceso curricular para que calquera innovación tecnolóxica na aula teña sempre en conta a accesibilidade porque, pola contra, pode deixar fóra a estes estudantes con discapacidade visual e colocar fronte a eles barreiras ás veces insuperables. Páxinas webs, aplicacións, libros e outros apoios educativos deben cumprir a máxima de deseño para todos.

 

Atención específica  

Este alumnado, independentemente do seu lugar de residencia, recibe o apoio especializado dalgún dos equipos específicos de atención educativa repartidos por todo o Estado para garantir a atención aos estudantes en todas as etapas educativas. Á súa vez, estes equipos dependen estruturalmente dalgún dos cinco Centros de Recursos Educativos (CRE) da ONCE, situados en Alacante, Barcelona, Madrid, Pontevedra e Sevilla.

Os equipos específicos forman parte dos recursos que a ONCE e as Administracións Educativas das Comunidades Autónomas establecen nos convenios de colaboración para a atención educativa a persoas con cegueira ou discapacidade visual grave.

Para cada alumno e alumna elabórase un Plan Individualizado de Atención, segundo as súas necesidades, e asígnaselle un mestre ou mestra itinerante encargado, entre outras funcións, de asesorar ao centro e ao profesorado de aula, asesorar e orientar ás familias e realizar o apoio directo que necesite cada alumno. Todo para conseguir a maior autonomía do alumnado e responder as necesidades expostas polo profesorado dos centros e as familias.

08/09/201709:40
Cartel do programa.
Santiago de Compostela

Cruz Vermella crea novos grupos de avós educadores para apoialos no día a día cos seus netos

Os avós xogan un papel clave en moitas familias xa que cumpren unha función educadora e de coidado cos seus netos. Sen a axuda dos avós, en moitas familias non sería posible a conciliación. Hai persoas que están unha parte significativa da xornada cos máis pequenos, durante o curso escolar estes tempos adóitanse concentrar polas tardes pero durante as vacacións adoitan variar e abarcar tamén as mañás.

 

Coñecedora desta realidade, Cruz Vermella aposta por desenvolver un programa que sirva de apoio e sexa de utilidade, tanto para os propios avós como para os pais, en termos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

 

O programa de Avós e Avoas Educadores púxose en marcha no outono do ano pasado e conta coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Ofrecer un soporte social aos avós e avoas que exercen labores parentais, desenvolvendo unha acción preventiva fronte á tensión que leva a crianza e coidado dos nenos é o seu principal obxectivo. Na primeira edición constituíronse 18 grupos cun total de 210 participantes e na segunda, a previsión é formar 16 novos grupos con 160 participantes aproximadamente.

 

A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo son as cidades nas que leva a cabo este proxecto específico. Están a organizarse os grupos da segunda edición e aínda hai algunhas prazas dispoñibles polo que as persoas interesadas poden solicitar máis información ou apuntarse nas asembleas que Cruz Vermella ten nas localidades mencionadas.

 

Outra das finalidades do programa é proporcionar información e recursos ás avoas e avós para abordar situacións que se lles presentan cos seus netos no día a día. Trátase de conxugar toda a experiencia que xa teñen como avós (e pais) co coñecemento de realidades e tendencias máis ou menos novas para eles en temas como: tecnoloxía e redes sociais, resolución de conflitos e acoso escolar, ferramentas lúdico-educativas…

 

O programa está baseado nunha metodoloxía dinámica e consta de varias fases. A primeira é a fase grupal, denominada Escola, que ten un programa establecido e celébranse sesións con carácter semanal. Na fase individual trabállase de maneira personalizada con aqueles avós que así o soliciten e márcanse as citas necesarias. Ademais, hai unha fase grupal de axuda mutua (GAM) na que os participantes escollen aqueles temas sobre os que queren profundar. 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS