Nesta situación de alerta sanitaria imposta pola chegada do COVID-19, esta guía pretende ofrecer unha serie de recomendacións e consellos útiles para abordar eficazmente a xornada laboral na modalidade de teletraballo.
O obxectivo desta guía é favorecer e axudar na creación de entornas seguras e eficientes nos nosos fogares, ofrecendo novas e creativas formas de xestión, xunto coas ferramentas tecnolóxicas necesarias para facilitar esta transición a moitos/as galegos/as que están a experimentar por primeira vez esta forma de traballar.