main content

main content
28/09/201708:09
Logo LibreCon 2017.

Os nosos enxeñeiros informáticos achegan o seu apoio ao gran evento da tempada sobre tecnoloxías libres: LibreCon

A edición 2017 do congreso LibreCon, evento de referencia sobre software libre a nivel internacional, vai desenvolverse os vindeiros 19 e 20 de outubro en Santiago, na Cidade da Cultura, da man de da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e de ASOLIF. Ademais, segundo puidemos saber, contará novamente co apoio Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), que estará un ano máis entre os patrocinadores do evento. Segundo nos lembra a entidade profesional que preside Fernando Suárez, o LibreCon deste ano céntrase no uso das tecnoloxías libres nos sectores industrial e primario, e nas novas oportunidades que ofrecen estas tecnoloxías nos eidos como a computación na nube, a análise da información a gran escala (Big Data) e a Internet das Cousas (IoT). Ademais, haberá un track especial adicado á economía cooperativa. 

O congreso, que volve a Galicia despois da edición de 2015 (impulsada por AGASOL, ASOLIF, o Clúster TIC de Galicia e o Concello de Santiago, entre outras entidades), tamén xirará arredor das potencialidades do software libre (achegando compatibilidade, estandarización, apoio das comunidades, facilidade de uso, liberdade de adaptación a diferentes contornas, custes económicos asumíbeis polas institucións e as empresas) para o impulso das cidades intelixentes, os drones, a ciencia e o desenvolvemento da Industria 4.0. 

A edición de 2015
A última edición de LibreCon celebrada en Santiago recibiu a máis de 500 profesionais do mundo tecnolóxico e expertos en software libre, amais de servir de escaparate para presentar casos de éxito de grandes compañías e administracións públicas que están a aforrar custos e mellorando o seu negocio grazas ás tecnoloxías abertas. Ademais, no marco do encontro celebráronse máis dun centenar de reunións empresariais. O obxectivo desta nova convocatoria é xuntar aos mellores expertos en cada unha das áreas de negocio que se van abordar no ámbito da industria das tecnoloxías abertas. A idea, en palabras da organización, é converter “a capital galega, unha vez máis, no epicentro da open innovationdurante dous días”.

27/09/201709:09
Ciberacoso.

El CCG promueve el debate alrededor de las nuevas formas de machismo en las redes

El "Consello da Cultura Galega", a través de su Comisión de Igualdad, va a organizar el mes próximo, el día 10, una jornada para evaluar el papel que están jugando los nuevos canales digitales de comunicación en el mantenimiento en el tiempo del machismo en cualquiera de sus manifestaciones. Mejor dicho: para evaluar hasta qué punto un uso irracional (muchas veces amparado en el anonimato) de estos canales y plataformas puede reavivar problemas sexistas que ya creíamos en fase de superación. La jornada Ciberacoso: violencia de género y juventud (formato PDF) será coordinada por Carme Adán y Nieves Santomé, y se desarrollará en la sede CCG contando con la presencia de Ramón Villares y María Xosé Porteiro (inauguración) y de Carmen Cajide y Antonio Rial, uno de los principales expertos gallegos en materia nuevos hábitos de la juventud en relación con un mal uso de las tecnologías (adicción, acoso, fracaso escolar, agresiones). 

Según informa la Comisión de Igualdad sobre los porqués de la jornada, hace falta impulsar el debate acerca del rumbo que queremos dar a la Sociedad del Conocimiento, que haga honor a su nombre y sea integradora, formativa y beneficiosa, o no. Según apuntan las integrantes de la comisión, “las redes sociales y el ciberespacio pueden devenir en espacios de libertad y transformaciones y, también, “en nuevas trampas para reproducir los modelos de sumisión y violencia contra las mujeres”. Atendiendo a esto, desde la Comisión de Igualdad del "Consello da Cultura Galega" consideran “importante contribuir al debate social”, de ahí la convocatoria de una jornada que, “desde una óptica multidisciplinar, antropológica, educativa, jurídica, policial, entre otras”, permita profundizar “en la relación violencia-juventud en los entornos vinculados con las nuevas tecnologías”. Y añaden: “Proponemos una aportación a las nuevas formas de violencia que, a todas horas y a través del ciberespacio, se traducen en formas de control y dominación sobre las chicas”.

27/09/201709:09
Ciberacoso.

O CCG promove o debate arredor das novas formas de machismo nas redes

O Consello da Cultura Galega, a través da súa Comisión de Igualdade, vai organizar o mes vindeiro, o día 10, unha xornada para avaliar o papel que están a xogar as novas canles dixitais de comunicación no mantemento no tempo do machismo en calquera das súas manifestacións. Mellor dito: para avaliar até que punto un uso irracional (moitas veces amparado no anonimato) destas canles e plataformas pode reavivar problemas sexistas que xa criamos en fase de superación. A xornada Ciberacoso: violencia de xénero e mocidade (formato PDF) será coordinada por Carme Adán e Nieves Santomé, e desenvolverase na sede CCG contando coa presenza de Ramón Villares e María Xosé Porteiro (inauguración) e de Carmen Cajide e Antonio Rial, un dos principais expertos galegos en materia novos hábitos da mocidade en relación cun mal uso das tecnoloxías (adicción, acoso, fracaso escolar, agresións). 

Segundo informa a Comisión de Igualdade sobre os porqués da xornada, cómpre impulsar o debate acerca do rumbo que queremos dar á Sociedade do Coñecemento, que faga honra ao seu nome e sexa integradora, formativa e beneficiosa, ou non. Segundo apuntan as integrantes da comisión, “as redes sociais e o ciberespazo poden devir en espazos de liberdade e transformacións e, tamén, “en novas trampas para reproducir os modelos de submisión e violencia contra as mulleres”. Atendendo a isto, desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega consideran “importante contribuír ao debate social”, de aí a convocatoria dunha xornada que, “desde unha óptica multidisciplinar, antropolóxica, educativa, xurídica, policial, entre outras”, permita afondar “na relación violencia-mocidade nas contornas vinculadas coas novas tecnoloxías”. E engaden: “Propoñemos unha achega ás novas formas de violencia que, acotío e a través do ciberespazo, se traducen en formas de control e dominación sobre as mozas”.

26/09/201708:09
Amigus Labs.

As Pontes hirvió de espíritu Maker de la mano de los nuevos Amigus Labs

Finalmente la vertiente más creativa de las tecnologías, y también la vertiente más tecnológica de la creatividad, fueron las protagonistas del nuevo laboratorio convocado en As Pontes por la asociación Amigus, al amparo de sus actividades Amigus Labs. La cita del pasado sábado 23 de septiembre, que fue gratuita, se desarrolló en el Mercado Viejo a manera de taller Maker en el que interactuó y colaboró gente de todas las edades, haciéndose especial hincapié en atraer a los más pequeños de cada casa. 

En cuanto a la temática, decir que fue bien variada: drones, realidad virtual, talleres sobre robótica, programación, impresión 3D, radio control, videojuegos, equipos de fabricación de kits electrónicos, imagen y sonido estuvieron presentes en esta exposición, además de la opción de pilotar vehículos aéreos no tripulados o de viajar a mundos virtuales. Al mismo tiempo, se ofreció un rincón donde se exhibieron algunas creaciones materializadas a lo largo de los últimos años al amparo de Amigus Labs. 

En un plano más detallado, se trabajó en los siguientes:

  • fabricación digital (exposición de máquinas de fabricación digital; esto es, impresoras 3D, CNC, fresadoras y ejemplos de herramientas construidas en Amigus Labs y materiales empleados)
  • juegos retro (máquinas recreativas hechas por usuarios de los talleres diseñadas y programadas in situ)
  • Minecraft (el singular juego de Minecraft, hackeado vía Scratch, con el que los pequeños pudieron generar su respectivo mundo virtual y manipularlo vía programación)
  • drones y radio control (exposición de drones y vehículos teledirigidos, incluyendo simuladores de vuelo para que los asistentes tuvieran ocasión de aprender a manejar vehículos aéreos no tripulados)
  • laboratorio sonoro (oportunidad para introducirnos en las nuevas tecnologías aplicadas a la creación musical)
  • Escornabots (introducción teórico-práctica al proyecto Escornabot: robot educativo abierto para iniciar a los niños y niñas más pequeños en el campo de la robótica y de la programación)
  • robótica Lego (construcción, programación y control de robots Lego ensamblados in situ)
  • experimentos Arduino (mostrando diferentes proyectos creados con Arduino, la placa libre de creación tecnológica y robótica)
  • y un acercamiento en primera persona a la realidad virtual.

Este encuentro del que estamos hablando se llevó a cabo gracias al apoyo de la Asociación Informática Amigus, de Amigus Labs, Compra en As Pontes, el Ayuntamiento de As Pontes, la OMIX local, la Concejalía de Cultura, COHEMPO, Euroeume, Nauta, No Ping, Nodo Digital o Triade, entre otras entidades. 

Cerramos la noticia anunciando que Amigus Labs ya están trabajando en otro evento (el sábado 14 de octubre) sobre la Industria 4.0.

26/09/201708:09
Amigus Labs.

As Pontes ferveu de espírito Maker da man dos novos Amigus Labs

Finalmente a vertente máis creativa das tecnoloxías, e tamén a vertente máis tecnolóxica da creatividade, foron as protagonistas do novo laboratorio convocado en As Pontes pola asociación Amigus, ao abeiro das súas actividades Amigus Labs. A cita do pasado sábado 23 de setembro, que foi de balde, desenvolveuse no Mercado Vello a xeito de obradoiro Makerno que interactuou e colaborou xente de todas as idades, facéndose especial fincapé en atraer aos máis pequenos de cada casa. 

En canto á temática, dicir que foi ben variada: drones, realidade virtual, obradoiros sobre robótica, programación, impresión 3D, radio control videoxogos, equipos de fabricación de kits electrónicos, imaxe e son estiveron presentes nesta exposición, amais da opción de pilotar vehículos aéreos non tripulados ou de viaxar a mundos virtuais. Asemade, achegouse un recanto onde se exhibiron algunhas creacións materializadas ao longo dos últimos anos ao abeiro de Amigus Labs. 

Nun plano máis detallado, traballouse nos seguintes:

  • fabricación dixital (exposición de máquinas de fabricación dixital; isto é, impresoras 3D, CNC, fresadoras e exemplos de ferramentas construídas en Amigus Labs e materiais empregados)
  • xogos retro (máquinas recreativas feitas por usuarios dos obradoiros deseñadas e programadas in situ)
  • Minecraft (o senlleiro xogo de Minecraft, hackeado vía Scratch, co que as crianzas puideron xerar cadanseu mundo virtual e manipulalo vía programación)
  • drons e radio control (exposición de drones e vehículos teledirixidos, incluíndo simuladores de voo para que os asistentes tiveran ocasión de aprender a manexar vehículos aéreos non tripulados)
  • laboratorio sonoro (oportunidade para introducirnos nas novas tecnoloxías aplicadas á creación musical)
  • Escornabots (introdución teórico-práctica ao proxecto Escornabot: robot educativo aberto para iniciar aos nenos e nenas máis pequenos no eido da robótica e da programación)
  • robótica Lego (construción, programación e control de robots Lego ensamblados in situ)
  • experimentos Arduino (amosando diferentes proxectos creados con Arduino, a placa libre de creación tecnolóxica e robótica)
  • e unha achega en primeira persoa á realidade virtual.

Este encontro do que estamos a falar levouse a cabo grazas ao apoio da Asociación Informática Amigus, de Amigus Labs, Merca Nas Pontes, o Concello das Pontes, a OMIX local, a Concellería de Cultura, COHEMPO, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital ou Triade, entre outras entidades. 

Pechamos a nova anunciando que Amigus Labs xa están a traballar noutro evento (o sábado 14 de outubro) sobre a Industria 4.0.

26/09/201708:09
Álvaro Santos Ramos y Sonsoles López Izquierdo.

La Diputación de Lugo impulsa con "Ben Empregado 4" la presencia de comunnity managers en las firmas de la provincia

La Diputación de Lugo acaba de anunciar la apertura (este martes 26) del plazo de ayudas para impulsar la contratación de personas desempleadas en el seno de las entidades de la provincia (un mínimo de 150 empresas y colectivos para contratar a otras tantas personas en el paro). La iniciativa, la cuarta edición de "Ben Empregado", fue desgranada por el diputado de Relaciones Institucionales, Álvaro Santos Ramos, y la diputada de Promoción Económica y Social, Sonsoles López Izquierdo. Según hicieron saber, el plan viene con 2,2 millones de euros, y alcanzará a pequeñas y medianas empresas, autónomos y colectivos lucenses. Podrán solicitar ayudas de hasta un máximo de 22.000 euros con las que asumir, durante un año, los costes por la contratación de nuevos trabajadores del ámbito provincial.

Hay que recordar que entre los puestos más impulsados en las anteriores entregas de "Ben Empregado" figura el de community manager. Al amparo de esta etiqueta figuran los profesionales que construyen, gestionan y administran comunidades en línea alrededor de una marca en Internet. 

Los diputados añadieron que "Ben Empregado 4" responde a un doble objetivo del Gobierno provincial: por una parte combatir la tasa de paro en la provincia (“generando puestos de trabajo de calidad al incorporar cláusulas sociales en los contratos para salvaguardar o mejorar los derechos laborales de los trabajadores”) y, por otra, “contribuir al impulso de la actividad del tejido empresarial y asociativo de la provincia en la búsqueda de la dinamización de la economía lucense”.

Nuevamente, según se reflejó en la información facilitada, una parte importante del programa irá destinado a fomentar el empleo relacionado con las nuevas tecnologías. Por ejemplo dichos profesionales community managers, técnicos en informática, especialistas en mercadotecnia digital o responsables de proyectos transmedia.

Se abarcan tres líneas de financiación:

  • financiación al 100% de los costes laborales de nuevos trabajadores en empresas de la provincia cuando se traten de personas “con capacidades diferentes o en riesgo de exclusión laboral”
  • financiación al 90% de los costes laborales de nuevos trabajadores en colectivos sociales lucenses para “contribuir a la importante actividad que desarrollan en la provincia en atención a la ciudadanía”
  • financiación al 50% de los costes laborales de nuevos trabajadores en general en empresas de toda índole y de la provincia. 

A la hora de conceder las ayudas, Santos Ramos y López Izquierdo recordaron que se van a favorecer las empresas y colectivos que “no se tengan beneficiado de las anteriores ediciones con el objetivo de llegar a más gente; a las que ofrezcan contrataciones indefinidas del puesto subvencionado, medidas específicas de conciliación laboral a todo la plantilla, de protección del medio ambiente o de responsabilidad social y corporativa”. Además, dijeron, “dentro de nuestra apuesta por una Diputación con las personas y social, se valorará, positivamente, que los promotores de las entidades sean de nueva creación, impulsadas por mujeres, jóvenes de entre 16 a 35 años o mayores de 45”. López Izquierdo apuntó los deberes de las entidades y colectivos que resulten subvencionados: aceptar el trabajador asignado por la Diputación y mantenerlo en su plantilla durante un período mínimo de 12 meses de duración; mantener la plantilla, incluyendo a los anteriores trabajadores de las ediciones de "Ben Empregado", durante la vigencia de este programa; facilitarle al contratado los medios técnicos necesarios para el desarrollo de sus tareas; o acercar al organismo provincial en los primeros 10 días del mes la nómina y justificante de pago del trabajador correspondiente. 

Las entidades y colectivos sin ánimo de lucro de la provincia interesadas en participar en esta cuarta edición de "Ben Empregado" deberán presentar en el registro de la Diputación (o por cualquiera de las formas previstas en el artículo 16 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre, de Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas) la documentación que se encuentra en www.deputacionlugo.gal. Concretamente, en el espacio habilitado de "Ben Empregado", donde figurarán los anexos I al X con toda la información. 
 

Cerca de 650 nuevos empleos
Con las tres primeras ediciones de "Ben Empregado", el Gobierno que preside Darío Campos lleva generado por el momento un total 644 nuevos empleos. Con "Ben Empregado 1", que es el único que está cerrado, se generaron 234 puestos de trabajo, que ocuparon 130 hombres y 104 mujeres de la provincia. La inserción laboral de esta primera edición, es decir, el número de personas que siguen trabajando después de finalizar la subvención de la entidad provincial, es del 30%. Con "Ben Empregado 2", cuando queda un 20% de empresas a las que adjudicar trabajador, se llevan generado hasta el momento 287 empleos, que ocupan 168 hombres y 119 mujeres de la provincia. Con "Ben Empregado 3" son hasta el momento 123 los desempleados lucenses que trabajan ya.

26/09/201708:09
Álvaro Santos Ramos e Sonsoles López Izquierdo.

A Deputación de Lugo impulsa con Ben Empregado 4 a presenza de comunnity managers nas firmas da provincia

Deputación de Lugo vén de anunciar a apertura (este martes 26) do prazo de axudas para impulsar a contratación de persoas desempregadas no seo das entidades da provincia (un mínimo de 150 empresas e colectivos para contratar a outras tantas persoas no paro). A iniciativa, a cuarta edición de Ben Empregado, foi debullada polo deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e a deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo. Segundo fixeron saber, o plan vén con 2,2 millóns de euros, e atinxirá a pequenas e medianas empresas, autónomos e colectivos lucenses. Poderán solicitar axudas de até un máximo de 22.000 euros coas que asumir, durante 1 ano, os custos pola contratación de novos traballadores do ámbito provincial.

Lembrar que entre os postos máis impulsados nas anteriores entregas de Ben Empregado figura o de community manager. Ao abeiro desta etiqueta figuran os profesionais que constrúen, xestionan e administran comunidades en liña arredor dunha marca en Internet. 

Os deputados engadiron que Ben Empregado 4 responde a un duplo obxectivo do Goberno provincial: por unha banda combater a taxa de paro na provincia (“xerando postos de traballo de calidade ao incorporar cláusulas sociais nos contratos para salvagardar ou mellorar os dereitos laborais dos traballadores”) e, pola outra, “contribuír ao pulo da actividade do tecido empresarial e asociativo da provincia na procura da dinamización da economía lucense”.

Novamente, segundo se reflectiu na información achegada, unha parte importante do programa irá destinado a fomentar o emprego relacionado coas novas tecnoloxías. Por exemplo os devanditos profesionais community managers, técnicos en informática, especialistas en mercadotecnia dixital ou responsables de proxectos transmedia.

Abránguense tres liñas de financiamento:

  • financiamento ao 100% dos custos laborais de novos traballadores en empresas da provincia cando se traten de persoas “con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral”
  • financiamento ao 90% dos custos laborais de novos traballadores en colectivos sociais lucenses para “contribuír á importante actividade que desenvolven na provincia en atención á cidadanía”
  • financiamento ao 50% dos custos laborais de novos traballadores en xeral en empresas de toda índole e da provincia.

Á hora de conceder as axudas, Santos Ramos e López Izquierdo recordaron que se van favorecer as empresas e colectivos que “non se teñan beneficiados das anteriores edicións co obxectivo de chegar a máis xente; ás que ofrezan contratacións indefinidas do posto subvencionado, medidas específicas de conciliación laboral a todo o cadro de persoal, de protección do medio ambiente ou de responsabilidade social e corporativa”. Ademais, dixeron, “dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas e social, valorarase, positivamente, que os promotores das entidades sexan de nova creación, impulsadas por mulleres, mozos de entre 16 a 35 anos ou maiores de 45”. 

López Izquierdo apuntou as obrigas das entidades e colectivos que resulten subvencionados: aceptar o traballador asignado pola Deputación e mantelo no seu cadro de persoal durante un período mínimo de 12 meses de duración; manter o cadro de persoal, incluíndo aos anteriores traballadores das edicións do Ben Empregado, durante a vixencia deste programa; facilitarlle ao contratado os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas tarefas; ou achegar ao organismo provincial nos primeiros 10 días do mes a nómina e xustificante de pago do traballador correspondente. 

As entidades e colectivos sen ánimo de lucro da provincia interesadas en participar nesta cuarta edición do Ben Empregado deberán presentar no rexistro da Deputación (ou por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas) a documentación que se atopa en www.deputacionlugo.gal. Concretamente, no espazo habilitado do Ben Empregado, onde figurarán os anexos I ao X con toda a información. 
 

Preto de 650 novos empregos
Coas tres primeiras edicións do Ben Empregado, o Goberno que preside Darío Campos leva xerado polo de agora un total 644 novos empregos. Co Ben Empregado 1, que é o único que está pechado, xeráronse 234 postos de traballo, que ocuparon 130 son homes e 104 mulleres da provincia. A inserción laboral desta primeira edición, é dicir, o número de persoas que seguen a traballar logo de rematar a subvención da entidade provincial, é do 30%. Co Ben Empregado 2, cando fica un 20% de empresas ás que adxudicar traballador, lévanse xerado até o de agora 287 empregos, que ocupan 168 homes e 119 mulleres da provincia. Co Ben Empregado 3 son até o de agora 123 os desempregados lucenses que traballan xa.

25/09/201708:09
Cartel de la jornada.

Xeopesca nos introduce este 30 de septiembre en las potencialidades de Arduino

Este sábado 30 de septiembre, a partir de las 10.30 horas, tenemos en Compostela una cita con la tecnología Arduino, plataforma de electrónica abierta que se complementa con un software del mismo nombre y que comparten (hardware y software), el ansia de tirar abajo los muros de la creación interactiva, robótica e informática. La cita con Arduino, nuevamente, vendrá de la mano de la Asociación Xeopesca. Será en el Centro Sociocultural de Caramoniña (Santiago de Compostela). El taller incluirá un acercamiento a las estructuras y operadores de Arduino, las vertientes analógicas y digitales de esta tecnología y también un acercamiento a ejercicios prácticos con la misma. 

Según informa Xeopesca, para participar es necesario hacer una inscripción previa (hay plazas limitadas). También es necesario que llevemos el portátil con el software Arduino instalado. 

Esta actividad se encuadra en el programa de acciones que la asociación Xeopesca realiza en el marco del convenio de colaboración firmado con la Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia (AMTEGA), e incluidas en el Plan de Acción de Software Libre 2017 de la Xunta de Galicia. Desde Xeopesca agradecen la colaboración de Recuncho-Maker en la ejecución de esta actividad.

25/09/201708:09
Cartel da xornada.

Xeopesca introdúcenos este 30 de setembro nas potencialidades de Arduino

Este sábado 30 de setembro, a partir das 10.30 horas, temos en Compostela unha cita coa tecnoloxía Arduino, plataforma de electrónica aberta que se complementa cun software do mesmo nome e que comparten (hardware e software), a arela de tirar abaixo os muros da creación interactiva, robótica e informática. A cita con Arduino, novamente, virá da man da Asociación Xeopesca. Será no Centro Sociocultural de Caramoniña (Santiago de Compostela). O obradoiro incluirá un achegamento ás estruturas e operadores de Arduino, as vertentes analóxicas e dixitais desta tecnoloxía e máis un achegamento a exercicios prácticos coa mesma. 

Segundo informa Xeopesca, para participarmos é preciso facermos unha inscrición previa (hai prazas limitadas). Tamén é necesario que levemos o portátil co software Arduino instalado. 

Esta actividade insírese no programa de accións que a asociación Xeopesca realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia. Dende Xeopesca agradecen a colaboración do Recuncho-Maker na execución desta actividade.

22/09/201711:09
Novicrea 4.0.

El CPEIG ofrece su apoyo al taller Novicrea 4.0 de Celanova, Verea y Bande

El Colegio Profesional de Ingeniería en Informática de Galicia (CPEIG) acaba de anunciar que va a colaborar con los Ayuntamientos de Celanova, Verea y Bande y con la Consellería de Economía, Empleo e Industria, para la puesta en marcha y desarrollo de una actividad formativa directamente encaminada a impulsar la inserción laboral de la comarca ourensana. Estamos hablando del taller de empleo Novicrea 4.0 nuevos caminos de empleo, impulsado codo a codo por dichos Ayuntamientos ourensanos para materializarlo a lo largo de los meses próximos (entre este mes de septiembre y mayo de 2018). 

Esta actividad, en la que participarán unos veinte desempleados de la comarca, está coordinada por Antonio Piñeiro, cuyo objetivo (y de su equipo) es suministrar un taller de empleo que, además de ser un taller, sea un espacio de exploración para proyectos formativos de futuro, proyectos relacionados directamente con las TIC.

Según informa el CPEIG, su labor se centrará en dar apoyo tecnológico y formativo al proceso de selección de personal (directivo, docente, alumnado-trabajadores) del taller de empleo. Esta colaboración se inscribe en la línea de trabajo diseñada por el CPEIG de apoyo a todas aquellas entidades y organizaciones que requieran del asesoramiento externo del ente colegial que representa los profesionales de la ingeniería en informática.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS