main content

main content
14/09/201708:09
LAIC.

O LAIC da Coruña presenta a súa programación de outono

Esta tarde desenvolveuse o 2º encontro aberto coas comunidades #LAIC no centro de coworking Accede Papagaio, nun acto no que estiveron presentes o concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento da Coruña, José Manuel Sande, o coordinador do programa Coruña Dixital, Sergio Lago, e a responsable de LAIC, María Yáñez, nunha cita na que pretendían tanto retomar o contacto con participantes do novo Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC) como para dar a coñecer a súa programación para os vindeiros meses.

As actividades que xa se atopan programadas son as seguintes: 

  • Como publicar contidos audiovisuais con licenzas libres: un obradoiro impartido por Jorge Lama sobre licenzas Creative Commons. Desenvolverase no 5 de outubro de 19:00 a 20:30 horas en Accede Papagaio.
  • Como profesionalizar a túa canle de YouTube: seminario impartido por un par de profesionais da axencia de representación de talentos dixitais 2btube e polo booktuberlugués Sebas G. Mouret. Terá lugar o 19 de outubro de 16:00 a 20:00 horas en Accede Papagaio.
  • Supercine: Taller de Cinema Crowd: achegamento ao movemento colaborativo por parte de Miguel Ángel Rolland, que está dirixido a cineastas e produtores audiovisuais con proxecto. Terá lugar o 21 de outubro de 10:30 a 20:00 horas no Centro Cívico da Cidade Vella. 
  • Laboratorio Transmedia A Coruña Rebelde: Arquivatón. Esta iniciativa procurará recompilar, dixitalizar e publicar 50 elementos en Archive.org baixo o lema A Coruña rebelde para poder conseguir así crear unha colección sobre ese tema aproveitando a celebración do Día Internacional do Patrimonio Audiovisual. Desenvolverase no Quiosco Alfonso o 27 de outubro de 17:00 a 20:00 horas e o 28 de outubro de 10:00 a 14:00 horas.
  • Aventuras dunha youtuber legal: Bárbara Román e José Manuel Sendín de NoLegalTech falarán da súa guía legal para youtubeiros o 2 de novembro de 19:00 a 20:30 horas en Accede Papagaio.
  • Laboratorio Transmedia A Coruña Rebelde: Hackatón. Desta volta realizarase un obradoiro de realidade aumentada co material arquivado no repositorio A Coruña rebelde. Quérese crear un prototipo de aplicación para móbiles e tabletas que poida acceder aos materiais de xeito xeolocalizado, relacionando cada arquivo con espazos reais a través da cámara do móbil. Tamén realizarase un webdoc cun mapa interactivo que comparta os mesmos materiais. Esta actividade organizada en colaboración con Bermudas.land terá lugar o 3 de novembro de 16:00 a 20:00 horas e o 4 de novembro de 10:00 a 20:00 horas no Centro Ágora.
  • Novos modelos profesionais para o audiovisual: trátase dun encontro para presentar novas oportunidades que abre a Internet ao sector audiovisual, e que está organizada en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual. Terá lugar o 9 de novembro de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas nun lugar por determinar.
  • Taller de narrativas populares contemporáneas: obradoiro teórico-práctico impartido por Felipe G. Gil e Lucas Tello de Zemos98 que permitirá coñecer e experimentar con novas narrativas audiovisuais baseadas en microformatos (GIF, memes, emoticonas, historias efémeras...). Terá lugar o 18 de novembro de 10:30 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas no Centro Cívico da Cidade Vella 
  • Laboratorio de Creación de Videoxogos: xornada para idear e prototipar proxectos, organizada en colaboración co Monkey Laboratory, e que terá lugar no Centro Cívico da Cidade Vella o 24 de novembro de 16:00 a 20:00 horas.
13/09/201708:09
Cartel del evento.

La USC nos invita a reflexionar de la importancia de tener (o no) competencias TIC

Saber hasta qué punto las tecnologías pueden suponer un nuevo factor de exclusión social, unido a los que ya existían previamente (la procediencia del rural frente a la urbana, la nacionalidad, la etnia, el sexo, la edad, etc.) es uno de los grandes objetivos de las I Jornadas internacionales IncluyeT, que vienen de la mano del grupo de investigación Stellae de la Universidad de Santiago y que se celebran esta misma semana, los días 13 y 14 de septiembre, en la Facultad de Ciencias de la Educación (Campus Vida). Los encuentros, en palabras de la organización, servirán para debatir sobre la importancia de tener competencias digitales en todos los ámbitos formativos y el papel que estas desempeñan en la inclusión social de los ciudadanos. 

Las jornadas están dirigidas a la comunidad educativa, especialmente al profesorado, personal investigador, familias y crianzas. Otro de los objetivos es crear un marco para compartir experiencias sobre cómo dar forma a la competencia digital, el papel de la familia, la escuela y el entorno y su importancia en la inclusión/exclusión social. La asistencia es abierta y gratuita, previa inscripción en la web. Yendo a las jornadas en cuestión, decir que echan a andar mañana (miércoles 13 septiembre) a las 17 horas con una charla de Inés Dussel (profesora del Departamento de Investigaciones Educativas del CINVESTAV-IPN, México) titulado La inclusión digital desde la escuela: significados, experiencias y perspectivas. A continuación se realizarán dos talleres encaminados a madres, padres y profesorado, uno centrado en la creación de contenidos y otro en la seguridad en la red. 

En cuanto a la jornada del jueves 14, la sesión de tarde comenzará con la presentación de experiencias docentes centradas en el desarrollo de la competencia digital. Luego habrá una mesa redonda con la presencia de investigadores/as de la USC, Salamanca y la Autónoma de Madrid. A las 19:45 h Jordi Adell (profesor de la Universidad Jaume I de Castellón y director del Centre d''Educació i Nueves Tecnologies de esa ciudad) se encargará de cerrar el encuentro con la conferencia titulada Hacia un docente digital crítico

Hay qye añadir que estas jornadas se encuentran insertadas en el marco del proyecto CDEPI (Competencia Digital en estudiantes de educación obligatoria. Entornos socio-familiares, procesos de apropiación y propuestas de e-inclusión) dirigido por el grupo Stellae y subvencionado por el Ministerio de Economía, Industria y Competitividad.

13/09/201708:09
Cartel do evento.

A USC convídanos a reflexionar da importancia de ter (ou non) competencias TIC

Saber até que punto as tecnoloxías poden supor un novo factor de exclusión social, unido aos que xa existían previamente (a procedencia do rural fronte ao urbano, a nacionalidade, a etnia, o sexo, a idade, etc) é un dos grandes obxectivos das I Xornadas internacionais IncluyeT, que veñen da man do grupo de investigación Stellae da Universidade de Santiago e que se celebran esta mesma semana, os días 13 e 14 de setembro, na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida). Os encontros, en palabras da organización, servirán para debater sobre a importancia de termos competencias dixitais en todos os ámbitos formativos e o papel que estas desempeñan na inclusión social dos cidadáns. 

As xornadas están dirixidas á comunidade educativa, especialmente ao profesorado, persoal investigador, familias e crianzas. Outro dos obxectivos é crear un marco para partillar experiencias sobre como dar forma á competencia dixital, o papel da familia, a escola e a contorna e a súa importancia na inclusión/exclusión social. A asistencia é aberta e de balde, previa inscrición na web. Indo ás xornadas en cuestión, dicir que botan a andar mañá (mércores 13 setembro) ás 17 horas cun relatorio de Inés Dussel (profesora do Departamento de Investigacións Educativas do CINVESTAV-IPN, México) titulado A inclusión dixital desde a escola: significados, experiencias e perspectivas. De seguido realizaranse dous obradoiros encamiñados a nais, pais e profesorado, un centrado na creación de contidos e outro na seguridade na rede. 

En canto á xornada do xoves 14, a sesión de tarde comezará coa presentación de experiencias docentes centradas no desenvolvemento da competencia dixital. Logo haberá unha mesa redonda coa presenza de investigadores/as da USC, Salamanca e a Autónoma de Madrid. Ás 19:45 h Jordi Adell (profesor da Universidade Jaume I de Castelló e director do Centre d''Educació i Noves Tecnologies desa cidade) encargarase de pechar o encontro coa conferencia titulada Cara a un docente dixital crítico

Engadir que estas xornadas se atopan inseridas no marco do proxecto CDEPI (Competencia Dixital en estudantes de educación obrigatoria. Contornas socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de e-inclusión) dirixido polo grupo Stellae e subvencionado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.

12/09/201708:09
Agencia Española de Protección de Datos.

La AEPD impone una sanción de 1,2 millones de euros a Facebook

La Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) dictó una resolución en el procedimiento iniciado contra Facebook para analizar si los tratamientos de datos que realiza la plataforma social se ajustaban a la normativa de protección de datos, en el que detectaron 2 infracciones graves y una muy grave de la Ley Orgánica de Protección de Datos (LOPD) por lo que imponen a Facebook una sanción total de 1,2 millones de euros (300.000 euros por las dos primeras y 600.000 euros por la última), que sería la mayor sanción impuesta nunca por la AEPD.

La Agencia constató que Facebook recoge datos de ideología, sexo, creencias, gustos y navegación sin informar claramente de su uso y finalidad. Precisamente entre estos usos sería el publicitario, para lo cual Facebook no obtiene consentimiento expreso como exige la Ley, por lo que estarían cometiendo una infracción muy grave. La AEPD también confirmó que los usuarios no reciben información de lo que se hace con los datos obtenidos a través de cookies, que en algunos casos son para publicidad, pero en otros su uso está declarado como secreto por la compañía. Además, Facebook también recoge datos de páginas de terceros que contienen el botón de me gusta de Facebook, por lo que obtienen información de internautas que no son usuarios de Facebook.

Facebook tampoco contaría con una política de privacidad clara, pues su redacción contiene expresiones genéricas y poco claras (estando también bastante escondida tal información) y hace una referencia poco precisa sobre el uso de datos que va a hacer. Se entiende así que Facebook comete una infracción grave al no obtener el consentimiento de los usuarios de Facebook (y los que no lo son) para el tratamiento de sus datos. La otra infracción grave correspondería al hecho de que Facebook no elimina la información recogida sobre los hábitos de navegación de los usuarios, ni siquiera tras la solicitud del usuario.

12/09/201708:09
Axencia Española de Protección de Datos.

A AEPD impón unha sanción de 1,2 millóns de euros a Facebook

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) ditou unha resolución no procedemento iniciado contra Facebook para analizar se os tratamentos de datos que realiza a plataforma social axustábanse á normativa de protección de datos, no que detectaron 2 infraccións graves e unha moi grave da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD) polo que impoñen a Facebook unha sanción total de 1,2 millóns de euros (300.000 euros polas dúas primeiras e 600.000 euros pola última), que sería a meirande sanción imposta nunca pola AEPD.

A Axencia constatou que Facebook recolle datos de ideoloxía, sexo, crenzas, gustos e navegación sen informar claramente do seu uso e finalidade. Precisamente entre estes usos sería o publicitario, para o que Facebook non obtén consentimento expreso como esixe a Lei, polo que estarían a cometer unha infracción moi grave. A AEPD tamén confirmou que os usuarios non reciben información do que se fai cos datos obtidos a través de cookies, que nalgúns casos son para publicidade, pero noutros o seu uso está declarado como segredo pola compañía. Amais, Facebook tamén recolle datos de páxinas de terceiros que conteñen o botón de gústame de Facebook, polo que obteñen información de internautas que non son usuarios de Facebook.

Facebook tampouco contaría cunha política de privacidade clara, pois a súa redacción contén expresións xenéricas e pouco claras (estando tamén bastante agochada tal información) e fai unha referencia pouco precisa sobre o uso de datos que vai facer. Enténdese así que Facebook comete unha infracción grave ao non obter o consentimento dos usuarios de Facebook (e os que non o son) para o tratamento dos seus datos. A outra infracción grave correspondería ao feito de que Facebook non elimina a información recollida sobre os hábitos de navegación dos usuarios, nin sequera tras a solicitude do usuario.

12/09/201708:09
Ciberseguridad.

La UIMP nos introduce en las nuevas corrientes de hacking ético en A Coruña

Los próximos días la Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) va a organizar en A Coruña una importante reunión alrededor de las diferentes metodologías que podemos adoptar para luchar contra las amenazas y riesgos en línea con medidas efectivas de prevención y poniéndonos, de manera complementaria, en la piel de los atacantes (para hacer el bien). El encuentro Hacking ético para nuevos escenarios de la ciberseguridad se desarrollará los días 6 y 7 de noviembre en la sede de la UIMP en la ciudad de A Coruña. En este evento, expertos del sector impartirán conocimientos a través de diversas charlas y mesas redondas. 

El hilo temático conductor será cómo el hacking ético influye en la ciberseguridad actual y próxima y suministra soluciones para conseguir nuevas tecnologías más seguras y confiables. 

Para quien a estas alturas aún no sepa en que consiste el hacking ético, decirle que es una manera preventiva de trabajar en seguridad tecnológica. O sea, que se trata de emplear nuestros conocimientos informáticos para hacer pruebas en redes, encontrar defectos que luego documentaremos e intentaremos emendar. 

Según nos cuenta el Colegio Profesional de Ingeniería en Informática (CPEIG), que participa en el evento, el programa incluye diferentes acercamientos colectivos (mesas redondas) al futuro de la ciberseguridad a través de la IA (Inteligencia artificial) y el Machine Learning, a la empleabilidad en el sector y a cuestiones como la criptografía, la libertad, la privacidad y lo que se conoce como blockchain (tecnologías de codificación de la información que sustenta la moneda virtual). 

Además de lo dicho, el programa abarca media docena de exposiciones llevadas a cabo por expertos en protección del conocimiento y de los canales por las que circula ese conocimiento, tocando temas como las principales amenazas en Internet a las que nos enfrentamos, el día a día de un profesional de la ciberseguridad o los elementos diferenciadores y esenciales de la ciberseguridad. Entre lo los especialistas TIC que participan en esta jornada de divulgación y debate figuran Pilar Vila (miembro de la junta de gobierno del Colegio Profesional de Ingeniería en Informática de Galicia (CPEIG), empresaria y perita informática), Francisco José Ramírez, investigador en Seguridad de Telefónica Digital España, o Rafael Sánchez Gómez, arquitecto en Seguridad de BBVA.

12/09/201708:09
Ciberseguridade.

A UIMP introdúcenos nas novas correntes de hacking ético en A Coruña

Os vindeiros días a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) vai organizar en A Coruña unha importante xuntanza arredor das diferentes metodoloxías que podemos adoptar para loitar contra as ameazas e riscos en liña con medidas efectivas de prevención e poñéndonos, de xeito complementario, da pel dos atacantes (para facer o ben). O encontro Hacking ético para novos escenarios da ciberseguridade desenvolverase os días 6 e 7 de novembro na sede da UIMP na cidade de A Coruña. Neste evento, expertos do sector impartirán coñecementos a través de diversos relatorio e mesas redondas. 

O fío temático condutor será como o hacking ético inflúe na ciberseguridade actual e vindeira e fornece de solucións para acadar novas tecnoloxías máis seguras e confiables. 

Para quen a estas alturas aínda non saiba en que consiste o hacking ético, dicirlle que é un xeito preventivo de traballar en seguridade tecnolóxica. Ou sexa, que se trata de empregar os nosos coñecementos informáticos para facer probas en redes atopar eivas que logo documentaremos e tentaremos emendar. 

Segundo nos conta o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG), que participa no evento, o programa inclúe diferentes achegamentos colectivos (mesas redondas) ao futuro da ciberseguridade a través da IA (Intelixencia Artificial) e o Machine Learning, á empregabilidade no sector e a cuestións como a criptografía, a liberdade, a privacidade e o que se coñece como blockchain (tecnoloxías de codificación da información que sustenta a moeda virtual). 

Amais do devandito, o programa abrangue media ducia de exposicións levadas a cabo por expertos en protección do coñecemento e das canles polas que circula ese coñecemento, tocando temas como as principais ameazas en Internet ás que nos enfrontamos, o día a día dun profesional da ciberseguridade ou os elementos diferenciadores e esenciais da ciberseguridade. Entre o os especialistas TIC que participan nesta xeira de divulgación e debate figuran Pilar Vila (membro da xunta de goberno do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), empresaria e perita informática), Francisco José Ramírez, investigador en Seguridade de Telefónica Dixital España, ou Rafael Sánchez Gómez, arquitecto en Seguridade de BBVA.

12/09/201708:09
Presentación de los cursos InLugo.

La Fundación TIC duplica las plazas en los cursos de InLugo para mayores

La Fundación TIC, dependiente de la Diputación de Lugo, enfila el último trecho formativo del año y lo hace ofreciendo a la ciudadanía la parte más decididamente creativa, social y dinamizadora de las nuevas tecnologías de la información. Según hicieron saber los responsables de la fundación, a lo largo del cuarto trimestre de 2017 se impartirán 64 cursos y talleres gratuitos. ¿Qué significa esto en relación a lo suministrado en la anterior temporada? Pues la cifra nada despreciable de 21 actividades más. 

Estas acciones, que se van a desarrollar a través de InLugo, fueron dadas a conocer hoy por el presidente de la TIC y de la Diputación, Darío Campos. Según explicó, se trata talleres y cursos sobre nuevas tecnologías destinadas a los lucenses de más de 55 años, sumando un total de 877 plazas, “el doble que en el trimestre anterior”. Se inició este miércoles, 13 de septiembre. 

Darío Campos, que estuvo acompañado por la alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, dijo que “en este trimestre vamos a reforzar la labor social que está desarrollando la TIC con un sensible incremento en el número de cursos y plazas”. La intención, añadió, es atender la alta demanda formativa de la que es objeto la Fundación TIC. Además, se quiere ampliar en la medida de lo posible el radio de acción de las ventajas sociales, comunicativas e informativas que tienen las nuevas tecnologías. 

Los cursos, añadió Campos, serán de diversa duración. De ellos, 37 serán de dos o tres días, mientras que los otros 27 tendrán una duración de un día. Estos últimos, que se impartirán los lunes por la mañana y por la tarde y los viernes por la mañana, estarán especialmente dedicados al reforzamiento de conocimientos. Con respecto a las materias, Campos anunció que se aumentará el número de aquellos cursos con más demanda, los del uso del móvil y de Internet. De hecho, se pasará de dos a tres ediciones, tanto del primer nivel como del segundo. 

El presidente de la Diputación también destacó la importancia de los talleres destinados a la mejora de la memoria y de las habilidades cognitivas y psicomotrices, como los de Xbox o Wii, “que fomentan este tipo de ejercicios mentales”. La demanda y el interés alrededor de estas actividades motivó que este trimestre haya ocho talleres de memoria. Además, dentro de la programación los mayores de la provincia podrán elegir entre talleres de redes sociales, correo electrónico o uso de Whatsapp, entre otros.

El plazo para apuntarse se abre este lunes 11 de septiembre. Los interesados ya pueden inscribirse a través de www.fundaciontic.org y www.deputacionlugo.gal o llamando al teléfono 982 225 186.

12/09/201708:09
Presentación dos cursos InLugo.

A Fundación TIC duplica as prazas nos cursos de InLugo para maiores

Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, enfía o derradeiro treito formativo do ano e faino achegando a cidadanía á parte máis decididamente creativa, social e dinamizadora das novas tecnoloxías da información. Segundo fixeron saber os responsables da fundación, ao longo do cuarto trimestre de 2017 impartiranse 64 cursos e obradoiros de balde. Que significa isto en relación ao fornecido na anterior tempada? Pois a cifra nada desprezable de 21 actividades máis. 

Estas accións, que se van desenvolver a través de InLugo, foron dadas a coñecer hoxe polo presidente da TIC e da Deputación, Darío Campos. Segundo explicou, trátase obradoiros e cursos sobre novas tecnoloxías destinadas aos lucenses de máis de 55 anos, sumando un total de 877 prazas, “o dobre que no trimestre anterior”. Arrancara este mércores, 13 de setembro. 

Darío Campos, que estivo acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, dixo que “neste trimestre imos reforzar o labor social que está a desenvolver a TIC cun sensible incremento no número de cursos e prazas”. A intención, engadiu, é atender a alta demanda formativa da que é o obxecto a Fundación TIC. Ademais, quérese ampliar na medida do posible o radio de acción das vantaxes sociais, comunicativas e informativas que teñen as novas tecnoloxías. 

Os cursos, engadiu Campos, serán de diversa duración. Deles, 37 serán de dous ou tres días, mentres que os outros 27 terán unha duración dun día. Estes últimos, que se impartirán os luns pola mañá e pola tarde e os venres pola mañá, estarán especialmente adicados ao reforzamento de coñecementos. Con respecto ás materias, Campos anunciou que aumentarase o número daqueles cursos con máis demanda, os do uso do móbil e de Internet. De feito, pasarase de dúas a tres edicións, tanto do primeiro nivel como do segundo. 

O presidente da Deputación tamén salientou a importancia dos obradoiros destinados á mellora da memoria e das habilidades cognitivas e psicomotrices, como os de Xbox ou Wii, “que fomentan este tipo de exercicios mentais”. A demanda e o interese arredor destas actividades motivou que este trimestre haxa oito obradoiros de memoria. Ademais, dentro da programación os maiores da provincia poderán elixir entre talleres de redes sociais, correo electrónico ou uso de Whatsapp, entre outros.

O prazo para apuntarse ábrese este luns 11 de setembro. Os interesados xa poden inscribirse a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou chamando ao teléfono 982 225 186.

11/09/201708:09
Cartel del programa.

El INCIBE suministra teléfono gratuito para asesorar en la cuestión de las TIC y los menores

El Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE) pone en marcha partir del lunes 11 de septiembre una línea de asistencia telefónica 900 116 117 para resolver, en palabras de la entidad dependiente del Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital, “las dudas y conflictos que a todas horas surgen en el uso de Internet y las tecnologías por parte de niños, adolescentes y sus padres”. El servicio quiere ser un recurso de utilidad y asesoramiento frente a un problema creciente: el uso no adecuado de las redes y de los aparatos tecnológicos por parte de los menores edad, unido a la presencia de amenazas que tiran provecho de este empleo no supervisado ni asesorado de las TIC. 

Según informa el INCIBE, la línea de asesoramiento telefónico estará atendida por un equipo multidisciplinar formado por psicólogos, expertos en seguridad de las tecnologías y cuestiones legales. Las llamadas se atenderán en horario de 10:00 a 20:00 horas de lunes a viernes y de 10:00 a 14:00 horas los sábados. Además, durante las 24 horas del día, existe a disposición de los usuarios una dirección de correo electrónico ayuda@is4k.es al que se pueden remitir dudas y consultas. El servicio será “confidencial y gratuito” y suministrará a los menores “asistencia sobre cualquier consulta relacionada con el uso seguro y responsable de Internet y sus riesgos”, como pueden ser los conflictos sobre privacidad y reputación, el ciberbullying, el uso indiscriminado de las nuevas tecnologías (posibles adicciones), contenidos y contactos inapropiados, comunidades peligrosas, así como cuestiones sobre protección de dispositivos, virus o fraudes, entre otros. 

Junto a niños y adolescentes, también podrán hacer llamadas padres, educadores y profesionales del ámbito del menor y encontrar ayuda para hacer frente a cualquier circunstancia que pueda surgir en relación al uso de Internet. Esta línea de asistencia forma parte de la iniciativa Internet Segura for Kids que se puso en marcha el pasado mes de febrero.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS