SmartPEME, a rede de formación e asesoramento TIC impulsada pola Deputación de Pontevedra, vai ofrecer este mes de xullo (nas súas diferentes sedes) un completo feixe actividades de capacitación tecnolóxica para os profesionais, os traballadores, as PEME e os emprendedores locais. Trátase de 44 novas accións formativas sobre as máis variadas temáticas TIC. Os obradoiros celebraranse nas sedes de SmartPEME en Cambados (Centro Exposalnés), nos viveiros de empresas de Barro, Lalín e A Estrada e nas oficinas de Vigo, Ponteareas, Pontevedra e O Porriño. Por outra banda, o programa desenvolve este ano novas carteiras de servizos co obxectivo de “continuar axudando ás empresas a ser máis competitivas na contorna económica actual”.
As oficinas de SmartPEME da Deputación de Pontevedra en Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán durante o mes de xullo un total de 18 accións formativas (seis en cada unha delas) para “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.
Na oficina de Vigo esta semana comezou o curso Aprende e usa a tipografía axeitada para comunicartee o Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet. O curso Facebook Ads chegará o xoves 12. O seguinte martes 17 de xullo impartirase Imos chamar á porta da túa clientela: Posicionamento SEO. O xoves 19 de xullo será a quenda de Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio, ás 19 h. Para rematar, o luns 23 de xullo á mesma hora, terá lugar o curso Como ser eficiente na organización do teu tempo: trello e toggl".
A oficina de Ponteareas acollerá os obradoiros: Como mellorar a reputación online do teu establecemento turístico, este xoves 5 ás 19:00 horas. A seguinte será Bota as túas propias fotografías para o comercio electrónico, o martes 10 á mesma hora. A ela seguiralle Todo o que necesitas saber sobre Google Apps for Business, o martes 17 ás 18:00 horas. Esa mesma semana, o xoves 19, ás 19:00 horas, impartirase o curso Como facer unha exitosa campaña de publicidade no Google?. A formación Crea unha páxina profesional con WordPress chegará o luns 23 de xullo, nesta ocasión ás 18:00 horas. Xa por último, o martes 31 de xullo, ás 19:00 horas, Google Analitycs: iniciación á analítica será a acción que impartirá o persoal do programa.
A oficina do Porriño acolle desde esta semana o curso Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet" e o de Crea unha páxina profesional con Wordpress chegará o martes da semana seguinte, 10 de xullo. A acción Ferramentas de google para a promoción de negocios locais terá lugar o xoves 12 de xullo, ás 19:00 horas. O martes 17, á mesma hora, será a quenda de Como mellorar a reputación online do teu establecemento turístico. O xoves desa mesma semana, tamén ás 19:00 horas, impartirase o curso Crea un Plan de social media para a túa empresa turística". E, por último, o martes 31 de xullo á mesma hora terá lugar Aprende a xestionar o teu negocio con follas de cálculo.
Polo que se refire á oficina de SmartPEME na cidade de Pontevedra, situada no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra (Gran Vía de Montero Ríos, s/n), acolle durante o mes de xullo un total de seis accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital. As quendas son as seguintes: Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais que comezou o pasado luns e nesta mesma semana, o xoves 5 ás 18:00 horas, será a quenda de Aprende e usa a tipografía axeitada para comunicarte. O seguinte curso, Plataformas de comercialización para vivendas e apartamentos turísticos, impartirase o martes 10 de xullo ás 19:00 horas. A seguinte semana haberá dúas accións, a primeira o martes 17 ás 18:00 horas baixo o nome Crea unha páxina profesional con WordPress e, a seguinte, Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console o xoves 19 de xullo ás 19:00 horas. Por último, o luns 23 xullo será a quenda deImos chamar á porta da túa clientela: Posicionamento SEO, ás 19:00 horas.
O Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000 acollerá, durante este mes de xullo sete novos obradoiros ao abeiro da rede TIC impulsada pola Deputación de Pontevedra. A primeira cita do mes comezou este luns co curso A túa páxina web en menos de 90 minutos. Tras este primeiro obradoiro, o xoves 5 de xullo, ás 19:00 horas, impartirase Aprende a xestionar o teu negocio con follas de cálculo. O martes, 10 de xullo, ás 18:00 horas terá lugar Todo o que necesitas saber sobre Google Apps for Business. O xoves desa mesma semana, ás 19:00 horas, celebrarase o curso Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas. Seguindo cos cursos do mes de xullo, o mércores 18 ás 19:00 horas terá lugar, esta vez no viveiro de empresas de A Estrada, Google Analytics: Iniciación á analítica Web. O luns da seguinte semana, 23 de xullo, ás 19:00 horas, celebrarase o cursoComercializa os teus servizos a través das redes sociais e, por último, o xoves desa mesma semana á mesma hora impartirase o obradoiro Facebook Marketing.
Pola súa banda, o Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante todo o mes de xullo sete novos obradoiros ao abeiro de SmartPEME. As quendas para o mes de xullo son as seguintes: Crea unha páxina profesional con Wordpress. O martes, 10 de xullo, ás 19:00 horas, Aprende a xestionar o teu negocio con follas de cálculo. O xoves desa mesma semana, 12 de xullo, á mesma hora, levarase a cabo Plataformas online para crear o teu e-commerce. O martes 17 de xullo, tamén ás 19:00 horas, será a quenda de Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas. O xoves desa mesma semana, á mesma hora, chega Guía de boas prácticas para redes sociais. A quenda do obradoiro Como mellorar a reputación online do teu establecemento turístico chega o xoves 26 de xullo, tamén ás 19:00 horas. Por último, Como facer unha exitosa campaña de publicidade no Google? chegará o martes 31 de xullo, á hora habitual, as 19:00 horas.
Polo que atinxe ao viveiro de empresas de Barro, situado no polígono, acolle durante este mes de xullo un total de seis accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital. A primeira cita do mes tivo celebrouse o pasado martes coa acción Linkedin: a túa rede de networking. Hoxe, 5 de xullo, ás 18:00 horas impártese O que necesitas saber sobre virtualización. O martes da semana que vén, 10 de xullo, ás 18:00 horas terá lugar Que é o IoT (Internet das Cousas). O xoves desa mesma semana, ás 19:00 horas, levarase a cabo Ciberseguridade, protexe a túa privacidade en liña. O obradoiro Introdución aos sistemas embebidos terá lugar o martes 17 de xullo ás 19:00 horas. Por último, Introdución á Realidade Aumentada impartirase o luns 23 de xullo ás 19:00.
Todas aquelas persoas interesadas en acudir a estes obradoiros, destinados a persoas emprendedoras, autónomas e autónomos e ás PEME da provincia é de inscrición cen por cen de balde, poden apuntarse chamando ao teléfono 886 202 020, escribindo un correo electrónico a info.smartpeme@depo.es ou a través da páxina web www.smartpeme.depo.es.
Novidades deste ano ao abeiro de SmartPEME
A Deputación de Pontevedra lembra que o proxecto SmartPEME comezou en 2018 afrontando unha nova etapa na súa andaina, un novo treito no que o programa verá aumentados os servizos a fornecer, abrindo tres novas grandes liñas como son o Centro Provincial de Economía Dixital (CPED), que estará situado no viveiro de empresas de Barro, SmartPEME Impulsa e TurisTIC, que se irán facendo dispoñibles para as persoas autónomas e empresas a partir dos vindeiros meses.
A través do Centro Provincial de Economía Dixital vaise mostrar ás empresas as ferramentas, aplicacións e solucións innovadoras máis relevantes que a economía dixital ofrece. Para iso, o CPED apoiarase nas instalacións do FabLab que a Deputación de Pontevedra ten instalado no viveiro de Barro.
Doutra banda, SmartPEME Impulsa abrirá novas vías de asesoramento en materia de innovación, competitividade e internacionalización, “unindo deste xeito os obxectivos das empresas coas máis novas tecnoloxías, procesos e servizos”, explica a Deputación, engadindo que TurisTIC, como indica o seu nome, presentarase como “un punto de apoio tecnolóxico para o o sector turístico”. Trátase dun servizo enmarcado no Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas e que pretende potenciar o sector a través de axudas ás empresas para adaptarse á contorna dixital.