main content

main content
02/03/201810:03
www.
Santiago de Compostela

A Xunta garantirá que todos os polígonos industriais públicos novos ou ampliados que se constrúan conten co equipamento necesario para facilitar o acceso á Internet

  • Feijóo subliña que ao remate deste ano 81 polígonos terán acceso a redes de ata 350 megas, o que fará posible que máis do 93% da superficie empresarial ocupada conte con redes ultrarrápidas
  • Resalta que ter unhas boas infraestruturas de telecomunicacións fará máis atractivos os parques empresariais e facilitará a captación de novos investimentos industriais

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou na rolda de prensa do Consello a remisión ao Consello Consultivo dun novo decreto que garantirá que todos os polígonos industriais públicos novos ou ampliados se constrúan co equipamento necesario para o acceso á Internet.

Feijóo subliñou que ao remate deste ano, 81 polígonos terán acceso a redes de ata 350 megas que, sumados aos que xa contaban con este tipo de acceso á Internet, farán posible que se chegue a máis do 93% da superficie empresarial ocupada.

Este decreto, que fixará os criterios de deseño e dimensións que deben cumprir as infraestruturas de telecomunicacións e de soporte, para que se instalen de xeito homoxéneo e con seguridade, permitirá despregar redes ultrarrápidas cunha axilidade moito maior, trámites administrativos máis sinxelos e menores custos.

Ao longo da rolda de prensa, o titular da Xunta aseverou que ter unhas boas infraestruturas de telecomunicacións fará máis atractivos os parques empresariais e facilitará a captación de novos investimentos industriais en Galicia. Un obxectivo que coincide co fin que se marca a nova Lei de implantación empresarial, que simplifica os trámites para os proxectos empresariais e para acceder a solo industrial; ou a figura dos Concellos Emprendedores.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS