main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

11/05/2021 12:00 h
Ciberseguridade.
Lugar: Online

Ciberseguridad: Como tentan suplantar a nosa identidade e como actuar?

Co aumento da nosa vida dixital, a suplantación de identidade é algo que medra cada vez máis, e por ese motivo é importante estar alerta e poñer da nosa parte todas as medidas de seguridade informática posible.

Corremos risco cando publicamos algo en redes sociais ou deixo gravadas os meus contrasinais no meu computador? Neste seminario aprenderás a protexerte na rede, a saber como reaccionar, a antepoñerte e coidar os teus datos.

Contidos:

  • Que é a suplantación de identidade
  • Que facer en caso de suplantación de identidade.
  • A quen podo recorrer
  • Como podo denuncialo
04/05/2021 10:30 h
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Que redes sociais existen e en cal debería estar a túa asociación?

Cada día xorden novas aplicacións que nos facilitan dun modo ou outro conectar socialmente a través de internet con outras persoas. Cada unha destas ferramentas ten as súas particularidades e está deseñada pensando en lograr conectar dunha maneira concreta, polo que moitas veces é complicado saber onde debemos dirixir a nosa estratexia en redes sociais. Nesta sesión trataremos de mostrar cales son as redes sociais máis populares e como podemos aproveitalas para comunicarnos co noso público.

Contidos:

  • Que son as redes sociais
  • Redes de compartir contido: Facebook, Instagram, Youtube
  • Redes de comunicación:  WhatsApp,  Telegram
  • Redes de actualidade: Twitter, LinkedIn
04/05/2021 17:00 h
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Algunha vez buscácheste na internet? Sabes o que Google sabe de ti?

Desde que abrimos Internet en calquera dos nosos dispositivos, a rede está a recompilar información sobre nós dun modo ou outro; todos os servizos que se ofrecen (correo electrónico, redes sociais...) facilítannos manternos en contacto con quen queiramos pero tamén esas contas que imos creando supoñen que hai unha parte de información sobre nós que deixamos da man das compañías propietarias. Neste sentido, é fácil que moitos usuarios non sexan conscientes da información real que están a compartir cando, por exemplo, soben unha foto a Facebook.

O obxectivo desta sesión é ensinarche a buscar a outras persoas e a ti mesmo en Google e explicar por que existe esa información sobre ti na rede. Tamén che daremos ideas para que poidas atopar na internet aos teus compañeiros de clase ou a ese amigo que tes perdido desde hai anos e que non sabes como atopalo.

Contidos:

  • Segue a túa pegada na rede.
  • Asegura a túa privacidade na internet.
  • Riscos da identidade na rede.
  • Como protexerse das ciberameazas
22/04/2021 11:00
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Días das Rapazas nas TIC

O día 22 de abril de 2021 celébrase o Día Internacional das rapazas nas TIC.

Este ano farémolo exclusivamente mediante  multiconferencia web, debido á situación derivada da pandemia por COVID-19. Teremos a oportunidade de coñecer a varias galegas que nos contarán polo miúdo o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de todos.

Non sabedes o que é o día das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS