main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

02/06/2021 12:00 h
Dark Web.
Lugar: Online

Internet profunda, Internet escura (Deep e Dark Web) De que falamos?

Pode calquera persoa acceder á internet profunda ou á internet escura? Hai moitos mitos que se revelarán nesta sesión, onde aprenderás o porqué destes nomes, ademais de como xorden, a que se refire cada tipo da internet, como podo entrar a cada un deles e que motores de procura podo utilizar, entre outras cousas.

Contidos:

  • Que significan estes dous termos
  • Como se diferencian
  • Que se pode atopar
  • Mitos e verdades da internet profunda e internet escura.
01/06/2021 17:00 h
Dous smartphones mostrando a app Google Calendar.
Lugar: Online

Google Calendar ou a maxia de ter todo organizado no móbil ou PC

Imaxinaches algunha vez poder ter un asistente persoal no teu computador ou móbil? Con Google Calendar é posible. Podes apuntar todo o que desexes, mesmo en cores e formatos para facelo moito máis amigable.

Tamén podes compartir a actividade cos teus amigos, familiares, contactos e así facelos partícipe do teu evento, onde tamén poderán telo cada un no seu respectivo calendario, xerando, ademais, unha opción para iniciar videochamada. Apúntate e descobre o mundo que Google Calendar ten para ti!

Contidos:

  • Como funciona
  • Trucos de Google Calendar
  • Notificacións
  • Personalizar o calendario
26/05/2021
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Galiciencia Online

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e o desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo a estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato; e que permanece aberto para o público en xeral. Todos teñen a posibilidade de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan cada edición.

21/05/2021
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

V Hackathon Big Data & Analytics

Este evento ten como obxectivo crear un espazo no que distintos equipos integrados por analistas, universitarios, emprendedores e todo tipo de persoas con inquietudes nos ámbitos de Intelixencia artificial, Big Data e Analyticspoidan unirse co fin de expor unha solución tecnolóxica que dea resposta a un reto que se lles formulará.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS