main content

main content
07/12/201808:12
Neno usando a aplicación Xmas Time.
A Coruña

Unha aplicación móbil galega permite que os nenos falen con Santa Claus

Coa proximidade do Nadal cobra peso a aplicación móbil Xmas Time, creada pola compañía coruñesa Cunningo, e que permite que os nenos poidan vivir unha experiencia real falando con Santa Claus a través dos seus dispositivos móbiles por videoconferencia.

Esta curiosa aplicación móbil establece unha comunicación en vídeo entre os pequenos e os seus familiares, que asumen o papel de Santa mantendo unha conversa en vivo con eles, de xeito que poden ver en todo momento a súa reacción. Para non rematar coa maxia do Nadal os pícaros non saben que detrás do Santa Claus virtual están os seus proxenitores ou outros familiares, xa que a aplicación móbil modifica a voz con catro efectos diferentes, de xeito que o que escoitan é a misteriosa e máxica voz de Santa.
Xmas Time consegue así que falar con Papá Noel non sexa unha actividade limitada a centros comerciais en época de Nadal, senón que poida achegarse ao ámbito doméstico dun xeito participativo e divertido, que como incentivo moi especial ten que as videochamadas quedan gravadas, de xeito que estes recordos poden gardarse para a posteridade.

Esta aplicación móbil galega pode descargase de balde para iPhone e iPad, pero o seu uso é de pagamento, con tarifas que parten dos 2,29 euros por quince minutos até 7,99 euros por un uso ilimitado desta ferramenta que está dispoñible en 13 idiomas e que na súa versión de proba conseguiu superar as 80.000 descargas.

Tamén está a prepararse unha nova aplicación móbil que ofrecerá unha experiencia semellante de cara á Noite de Reis, que permitirá aos pequenos manter unha videochamada co seu paxe favorito mentres os país procuran negociar con eles unha carta de agasallos reducida.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS