Segundo o último informe ConsumerLab de Ericsson, un tercio dos usuarios das novas tecnoloxías cre que no ano 2021 utilizará por o menos 5 dispositivos conectados ao mismo tempo.
A gran maioría de usuarios ten en mente a integración da súa rutina cotiá coa Internet das Cousas. A análise ConsumerLab de Ericsson apunta a que un terzo dos usuarios anticipa que terá polo menos cinco gadgets interconectados, mentres que o 43 por cento cre que os wearables poderían substituír aos smartphones a partir de 2020. O recente Mobile Report da marca tamén facía fincapé nesta tendencia.
Aínda que a integración dos dispositivos móbiles na vida cotiá é inmensa, case a metade dos usuarios enquisados cren que os wearables -aparellos e dispositivos electrónicos que se incorporan en algures do noso corpo- serán os seus substitutos no futuro próximo, manifestando a súa preferencia por dispositivos relacionados coa seguridade, especialmente polos botóns de pánico e localizadores persoais.
Doutra banda, seis de cada dez enquisados en ConsumerLab afirman que a utilidade dos wearables vai máis aló da saúde e o benestar.
Cales son os wearables máis desexados polo público?
Os wearables máis desexados no cinco mercados que abarca o estudo de Ericsson son, segundo a intención de compra, os seguintes: botón de pánico, (32%) smartwatch, (28%) localizador, (27%) autentificador de identidade, (25%) e purificador de auga (24%).
Por outra banda máis da metade dos consumidores (60%) cre que no próximos cinco anos será habitual o uso de pastillas dixeribles e chips subcutáneos, non só para monitorizar datos de saúde vitais, senón tamén para abrir portas, autenticar transaccións e identidade, ou para controlar obxectos.
Ademais, o estudo indica que actualmente un 25 por cento dos propietarios de reloxos intelixentes úsanos para controlar en remoto outros dispositivos dixitais do fogar e un 30 por cento usa procura por voz nos seus smartwatches.
Jasmeet Singh Sethi, experto sobre percepción de consumo de Ericsson ConsumerLab, apunta a que "hai signos visibles dunha menor dependencia dos smartphones por parte dos usuarios de smartwatches" e engade que "un 40 por cento deles interactúan menos cos seus teléfonos intelixentes".
"Aínda que os consumidores mostran un maior interese polos dispositivos relacionados coa seguridade, tamén vemos unha disposición cara á tecnoloxía wearable máis aló da xeración actual. En cinco anos, camiñar cun sensor dixerible que monitoriza a temperatura corporal e axusta automaticamente o termostato cando chegas a casa pode converterse en realidade", conclúe o especialista.