O revolucionario sistema de Showleap para traducir o signado en lingua de signos a través dos dispositivos móbiles está cada vez máis avanzado e nos próximos meses comezará as súas probas nunha contorna real.
Showleap comezou utilizando un brazalete para captar os movementos das persoas signantes, pero a compañía revolucionou todo o sistema hai meses para eliminar a necesidade de utilizar un dispositivo.
Desta forma, o sistema agora utiliza simplemente unha cámara e capta o movemento da persoa signante. Este cambio supuxo un esforzo extra para a compañía que practicamente tivo que empezar de cero, pero multiplica a utilidade do sistema e a comodidade de uso.
Agora, Showleap está xa preto de concluír o desenvolvemento do seu produto que no mes de maio comezará as probas en contorna real xunto ao Concello de Madrid.
O sistema utiliza unha base de datos con máis de 30.000 mostras de persoas signando e a última parte do desenvolvemento está a centrarse en aplicar a intelixencia artificial para converter eses signos en frases con sentido, e non só unha tradución de palabras soltas.
No futuro, o sistema permitirá que calquera persoa coa cámara do seu teléfono móbil poida captar os movemento dunha persoa signante e recibir en tempo real unha tradución, facilitando enormemente a comunicación das persoas con discapacidade auditiva a través da tecnoloxía.