main content

main content
07/02/201807:02
Cartel do programa.
Pontevedra

Pontevedra e Cambados acubillan en febreiro unha ducia de obradoiros ao abeiro de SmartPEME

A rede SmartPEME da Deputación de Pontevedra ten deparado un amplo programa de actividades TIC para autónomos, empresarios e empresas da provincia este mes de febreiro. Segundo informamos os días pasados as oficinas da área de Vigo, situadas nos concellos de Ponteareas, O Porriño e Vigo, acollerán durante este mes de febreiro dezaoito novos obradoiros. A estas actividades cómpre engadir a ducia de xeiras formativas que se van desenvolver na sede da Deputación en Pontevedra (seis) e no Centro Exposalnés de Cambados (outros seis). Como lembraremos, SmartPEME é a rede tecnolóxico-dixital de formación e asesoramento impulsada pola Deputación de Pontevedra, con sedes operativas en Pontevedra, Vigo, Porriño, Ponteareas, Cambados, Lalín e, a partir de datas vindeiras, todo apunta a que tamén na Estrada.

O Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, na capital provincial, acollerá seis novos obradoiros. SmartPEME oferta ás persoas emprendedoras e empresas locais as seguintes accións formativas: o martes 6 de febreiro Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope..., e o xoves día 8, A túa páxina web en menos de 90 minutos. A terceira quenda celebrarase unha semana despois, o xoves día 15, con Google Analytics: Iniciación á analítica Web. Tras ela, a seguinte será o luns 19 de febreiro, co curso Grava e monta vídeos profesionais co teu smartphone" Para rematar a actividade deste mes de febreiro, o mércores 21 terá lugar o curso Crea os teus propios informes: Google Data Studio e o martes 27, Aprende a promover a túa empresa con Pinterest. A oficina SmartPEME de Pontevedra, na sede Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.

Polo que respecta ás actividades previstas para Cambados, serán seis obradoiros no mes de febreiro. A actividade arranca esta sexta feira, 5 de febreiro, co obradoiro Imos chamar á porta da túa clientela: Posicionamento SEO. O seguinte, Woocommerce I–A solución para vender por internet, celebrarase o xoves 8 de febreiro. O terceiro obradoiro do mes nas oficinas de Cambados será Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas, o martes 13 de febreiro. Pola súa banda, o luns 19 de febreiro impartirase Colabora co teu equipo dun xeito máis sinxelo. As dúas últimas citas do mes serán Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope..., o mércores 21 de febreiro, e Mellora a calidade das túas imaxes con editores online, o mércores 28 de febreiro. A oficina SmartPEME de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal. Todas as actividades comezan ás 19 horas.
 

Datos sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos. 

O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo abrangue seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS