main content

main content
02/12/201609:12
Robot Zowi.
Santiago de Compostela

Os mellores Smart Toys para aprender tecnoloxía

Un dos agasallos máis interesantes para este Nadal son os Smart Toys: xoguetes intelixentes cos que os nenos non só xogan, tamén aprenden programación, xeografía ou astronomía.

Se antes se dicía que os nenos nacían cun pan debaixo do brazo, agora poderiamos dicir que o fan cun chip electrónico. E se cambian os tempos, tamén o fai a forma de xogar dos máis pequenos. Así nacen os Smart Toys, xoguetes que contan con certa autonomía grazas á electrónica que incorporan no seu interior.

Estes dispositivos son capaces de responder a todo tipo de estímulos ambientais, adaptar as súas respostas ás accións do neno ou ser configurado de acordo ás necesidades ou gustos do propio usuario.

Recompilamos algunhas alternativas destes xoguetes para este nadal, organizadas por idades recomendadas. E é que os Smart Toys son un agasallo ideal que combina educación e diversión a partes iguais.

 

De 3 a 6 anos: Fisher-Price Smart Toy Bear

Este adorable osiño de peluche de Fisher-Price esconde no seu interior todo un universo conectado para facer as delicias dos máis pequenos da casa. Así, o xoguete conta con tecnoloxías de recoñecemento de voz (fala, escoita e lembra o que din os nenos, podendo manter conversacións reais) ou de imaxes (escanea varios cartóns intelixentes para comezar determinadas actividades, como xogos ou contacontos).

O osiño tamén pode aprender as actividades favoritas de cada neno ou adiviñar cando é lanzado ao aire (con algo de axuda do seu acelerómetro) ou a hora do día e o clima da localización no que se atopa.

 

De 6 a 8 anos: Smart Anatomy

Do mesmo xeito que outras xeracións aprenderon as distintas partes do corpo humano con vídeos e coleccionables, os nenos de hoxe en día poden facelo de forma dixital. E é que, grazas a xoguetes como Smart Anatomy, a aprendizaxe sobre o corpo humano faise divertida e fácil: trátase dunha figura humana composta de 16 partes desmontables que, á súa vez, conteñen 150 puntos de interese que poden ser descubertos cun Smart Pen, que lerá cada elemento e reproducirá un audio explicando a función que desempeña esa zona no noso organismo.

Smart Anatomy conta con máis de 20 actividades a elixir entre os 5 modos de xogo dispoñibles, incluíndo a procura dun órgano concreto, exercicios de memoria e, mesmo, deletreando os (complicados) nomes dalgúns dos nosos ósos ou músculos.

 

De 8 a 14 anos: Zowi, o robot de Clan

Zowi, o robot de Clan, é un gracioso xoguete que permite aos máis pequenos aprender programación mentres se divirten con este robot capaz de camiñar, bailar, evitar obstáculos, entender e emitir sons e facer xestos coa boca. Os nenos poderán programalo e ademais abrilo, desmontalo e estudar o que hai no seu interior. Ademais, vai acompañado dunha app, desde a que se pode manexar o robot, e que ademais se pode utilizar tanto en smartphone como en tablet, e que inclúe multitude de minixogos e retos para complementar esta aventura.

Por todas estas posibilidades, Zowi, o robot de Clan, foi elixido Mellor Xoguete Conectado de 2016 polo xurado experto da Asociación Española de Fabricantes de Xoguetes.

Este robot é fabricado por BQ nas súas instalacións de Navarra, firma coñecida pola súa popular gama de smartphones e impresoras 3D, e que tamén está a consolidarse como un referente de robótica educativa que busca democratizar a educación en tecnoloxía.

 

Para adolescentes: Gemio Bracelets

A realidade é que é complicado acertar cun xoguete educativo para adolescentes que se atopan en plena ‘idade do pavo'. Con todo, Gemio Bracelets parece dar coa tecla ao combinar moda, deseño, personalización e programación nunha serie de brazaletes coloridos que poden configurarse para iluminarse de mil e unha maneiras en función das preferencias dos mozos.

Aínda que de momento non están á venda, pode que pronto vexamos estas pulseiras nos brazos dos adolescentes da nosa cidade. ¡E apenas se darán conta de que están a aprender mentres presumen dos seus deseños cos amigos!

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS