main content

main content
06/02/201708:02
Membros de PuntoGal, da Fundación Rosalía e de Política Lingüística.
Padrón

Os dominios .gal reducen o seu prezo para celebrar o mes de Rosalía de Castro

O vindeiro día 24 celebrarase o 180º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e a Asociación PuntoGal quixo aproveitar o momento para, en colaboración coa Fundación Rosalía, iniciar unha promoción que durará todo o mes, dende a que é posible rexistrar novos dominios .gal por prezos de entre 4,15 e 5 euros + IVE a través dos rexistradores adheridos á promoción (Dinahosting, Entorno Digital, Host Europe, Don Dominio, Nominalia, Arsys, CDMon, OVH.com e Openprovider) tal e como detallan na páxina web da Asociación PuntoGal.


A iniciativa foi presentada en Padrón na sede da Fundación Rosalía de Castro nun acto no que estiveron presentes a directora xeral de PuntoGal, Edita de Lorenzo, o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, o presidente de PuntoGal, Manuel González e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. Anxo Angueira sinalou que «A Fundación está orgullosa desta colaboración porque Rosalía é un emblema de Galicia e polo tanto tamén unha boa embaixadora do .gal». Pola súa banda, Manuel González celebrou a colaboración entre as entidades e dixo que «PuntoGal leva no seu ADN traballar en prol da cultura e da lingua polo que seguiremos a traballar en accións como a que hoxe presentamos con estas e outras institucións da nosa comunidade».
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, animou a toda a cidadanía «a sumarse ao dominio .gal para contribuír a ampliar e reforzar a marca identitaria de Galicia no universo da internet e amosarlle ao mundo que as galegas e os galegos temos un compromiso sólido coa lingua e a cultura propias do noso país e coa súa proxección».

 

Un prezo para axudar a dar visibilidade a Galicia na Rede

Se ben a día de hoxe aínda non é posible igualar o prezo do .gal ó dos dominios máis populares, a Asociación fai este esforzo para que todas aquelas persoas que queiran visibilizarse na Rede, vinculándose á comunidade galega, poidan facelo a un prezo moi asequible para todos. «PuntoGal acaba de superar os 3.500 dominios rexistrados, unha cifra relevante e ilusionante», sinalou Edita de Lorenzo. De todas maneiras, «aínda queda camiño por facer. Temos que aumentar o número de dominios para afrontar unha reducción permanente e significativa no prezo». A Asociación amósase igualmente satisfeita de que as porcentaxes de renovación dos dominios sexan moi altas.
Acompañando á rebaixa no rexistro de dominios .gal iniciarase unha campaña nas redes sociais na que presentarase a Rosalía cuns versos adaptados para a ocasión.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS