main content

main content
19/05/202218:05
Momento da demostración.
Vigo

O Porto de Vigo acolle unha proba para o uso de aeronaves non tripuladas e intelixencia artificial para a vixilancia

  • O proxecto, desenvolvido por Orange, Gradiant e Ericsson, enmárcase no plan 5G para o desenvolvemento desta tecnoloxía en Galicia
  • O sistema proporciona imaxes en moi alta resolución e estende a cobertura das comunicacións entre as aeronaves e o centro de control en terra, ademais de identificar intrusións mediante Intelixencia Artificial
  • Galicia, con 30 proxectos piloto, é un dos principais escenarios en España para a proba do 5G en ámbitos como a tele-medicina, a industria, a agricultura, a loita contra os incendios, o turismo ou a banca en zonas rurais

O Porto de Vigo acolleu hoxe a demostración final do proxecto piloto desenvolvido por Orange, Gradiant e Ericsson para o uso de aeronaves non tripuladas, Intelixencia Artificial e tecnoloxía 5G para a vixilancia do ámbito portuario.

Este proxecto forma parte dos casos de uso coordinados por Red.es en todo o Estado e está enmarcado no Plan 5G de Galicia promovido pola Xunta a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

O sistema mostrado hoxe aproveita as vantaxes da rede 5G para mellorar e estender a cobertura das comunicacións entre as aeronaves non tripuladas e o centro de control en terra, ademais de mellorar a transmisión de imaxes. O uso da intelixencia artificial para a análise de vídeo permite a este sistema de control detectar persoas non autorizadas e xerar avisos en tempo real que alerten ao centro de control de posibles intrusións.

A demostración foi seguida polo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña; a directora xerente de Retegal, Pilar Chapela Villanueva, en representación da Xunta de Galicia; o director de Servizos Públicos Dixitais de Red.es, Francisco Javier García Vieira e a responsable do Plan Nacional 5G para Galicia, Lara Rubianes Escribano. Participaron tamén representantes das tres compañías que desenvolveron o proxecto.

A directora xerente de Retegal, Pilar Chapela, destacou a “enorme importancia que o 5G ten para Galicia” ao tratarse dunha tecnoloxía “esencial na extensión da transformación dixital en todos os ámbitos sociais e económicos, e sobre todo nos casos nos que poidan existir dificultades de despregamento por razóns xeográficas ou de dispersión da poboación”.

Lembrou, neste sentido, que a Xunta entendeu dende o primeiro momento esta importancia e por iso “apostou por un modelo de colaboración entre administracións públicas e co sector privado, que se reflectiu na creación do Nodo 5G de Galicia”.

A posición de Galicia como rexión de referencia cara ao despregamento desta tecnoloxía foi posible grazas a aprobación a mediados de 2018 do Plan Galicia 5G como ferramenta estratéxica para impulsar as aplicacións da última xeración de telecomunicacións na industria e a sociedade e o despregamento das redes na nosa Comunidade autónoma.

As primeiras probas de uso en Galicia remóntanse ao período 2018-2019. O adianto no impulso desta tecnoloxía fixo que Galicia fora o primeiro lugar do mundo no que se probou a roaming con 5G (entre España e Portugal); e que Vigo e A Coruña foran das primeiras cidades de Europa en dispoñer desta tecnoloxía.

A planificación do 5G Galicia está aliñada coas estratexia do Estado e da Unión Europea e enmarcada na Estratexia Galicia Dixital 2030, e na Estratexia Galega de Intelixencia Artificial.

Galicia acolle 13 casos de uso liderados por Orange e outros 12 liderados por Telefónica. Ademais destes dous proxectos asignados a Galicia e xestionados por red.es, na nosa comunidade lévanse a cabo outros 5 pilotos xestionados directamente polo Nodo 5G de Galicia. En total, 30 proxectos que implican investimentos que superan os 22 millóns de euros e que integran 39 entidades públicas e privadas entre participantes, axentes colaboradores e clientes.

Os proxectos desenvolvidos en Galicia abranguen ámbitos como a tele-medicina, a industria, a agricultura, a loita contra os incendios, o turismo ou a banca en zonas rurais, entre outros.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS