main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

25/10/201907:56
Ricardo Chavarriaga.
Málaga

O profesor Chavarriaga aborda os retos da tecnoloxía accesible co seu relatorio "Entre ficción e realidade"

  • Congreso de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade da Fundación ONCE en Málaga 

 

O profesor Ricardo Chavarriaga abordou este mércores as tendencias e retos emerxentes que ofrece a tecnoloxía accesible nun relatorio que titulou "Entre ficción e realidade".

 

Chavarriaga foi o encargado de impartir a conferencia maxistral do Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade que a Fundación ONCE celebra en Málaga ata o 25 de outubro. Nela, abordou os beneficios que a tecnoloxía BCI (Brain-Computer Interface), baseada na interacción home-máquina, pode achegar ás persoas con discapacidade para mellorar a súa calidade de vida. 

 

Iso si, fixo fincapé na necesidade de contar en todo momento coas persoas con discapacidade para que os resultados das investigacións sexan de verdade frutíferos e proveitosos para a sociedade. 

 

"Na investigación", advertiu, "pode haber unha tendencia para illarse dos usuarios finais e unicamente acudir a eles cando se teñen prototipos que están en estados máis avanzados", o que impide identificar fallos importantes. 

 

Por este motivo, proseguiu Chavarriaga, é importante involucrar ao usuario final desde os primeiros pasos da investigación: "na medida en que se tome un enfoque de ecodiseño que involucre ao usuario desde o comezo, desde a concepción desas tecnoloxías, poderemos ter un camiño de desenvolvemento moito máis responsable e seguro cara a solucións que realmente van orientarse ás necesidades da sociedade", apuntou.

 

Ricardo Chavarriaga é profesor e principal investigador da Ecole Polytechnique Fédérale de Lausana, en Suíza. Na súa intervención disertou sobre a Interacción Cerebro-Computador (Brain Computer Interaction en inglés), unha tecnoloxía que se basea na adquisición de ondas cerebrais para daquela ser procesadas e interpretadas por unha máquina ou computador. 

 

Neste sentido, o profesor referiuse aos beneficios que esta tecnoloxía achega para todas as persoas e a como as innovacións neste ámbito poden mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. 

 

A xornada arrincou cunha mesa redonda titulada "Como abordan a accesibilidade as grandes empresas", que contou coa presenza de Neil Milliken, xefe global de Accesibilidade e Inclusión Dixital de Atos; Jorge Iglesias, consultor en Cloud de IBM Expert Labs e Cognitive Software; Lara Moratón, manager de Operacións e Servizos de Samsung Electronics, e Carlos de la Iglesia, director de Comunicación e Desenvolvemento Corporativo de Microsoft España.

 

No panel déronse a coñecer que tipo de medidas e estratexias implementan as grandes corporacións para garantir a accesibilidade dos seus produtos e servizos. Neste sentido, cada unha delas ofreceu exemplos de boas prácticas que están a levar a cabo. Así mesmo, debateron sobre os retos aos que se enfrontan para avanzar na inclusión social e laboral das persoas con discapacidade.

 

Todos eles insistiron na necesidade de ter en conta "a todos os nosos posibles compradores de todos os nosos produtos". Na súa opinión, a accesibilidade ten que ver con innovación e con traballo conxunto, por iso reclamaron maior colaboración entre entidades e empresas. Por último, animaron a todas as empresas de turismo "a investir en accesibilidade" e ao resto de entidades "a que contraten a persoas con discapacidade e con talento que dean valor á empresa". 

 

Congreso Tecnoloxía e Turismo

Por segundo ano consecutivo, o Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade, organizado pola Fundación ONCE, celébrase no Palacio de Feiras e Congresos da capital malagueña. Nesta terceira edición mostra como a tecnoloxía, os destinos turísticos intelixentes, os produtos e servizos melloran a vida de todas as persoas.

 

O Congreso está aberto a propostas relacionadas coas Tecnoloxías e Servizos de Acceso á Información e a Comunicación, a interacción persoa máquina, o fogar dixital e a vida independente, a robótica para a autonomía persoal, as "smart city", a realidade aumentada, o turismo para todas as persoas, a accesibilidade nos seus distintos aspectos e as regulacións e normas relativas ao turismo. 

 

Expón unha gran diversidade de temas, materias e proxectos de toda índole no campo da tecnoloxía e o turismo para favorecer a integración e inclusión das persoas con discapacidade.

 

Máis información sobre TTD-Congress 2019.

Ricardo Chavarriaga

Enxeñeiro en Electrónica da Pontificia Universidade Javeriana en Cali, Colombia. É un apaixonado por temas de innovación responsable e o efecto da tecnoloxía na sociedade. Ten máis de 12 anos de experiencia en interfaces cerebrais, neurociencia computacional e intelixencia artificial. O seu traballo enfócase no desenvolvemento de neurotecnoloxías que promoven unha relación simbiótica entre humanos e dispositivos artificiais. Para iso, baséase no estudo dos procesos cognitivos, o desenvolvemento de sistemas artificiais que se adaptan ás capacidades e preferencias dos seus usuarios, así como no uso de técnicas de deseño centrado no usuario.

http://ricardo.chavarriaga.me

24/10/201911:05
O robot PACA atendendo aos visitantes ao congreso.
Málaga

PACA e TEO, os robots intelixentes que atenden aos asistentes ao Congreso de Tecnoloxía e Turismo da Fundación ONCE

  • PACA está na entrada ofrecendo toda a información do evento e TEO exhíbese este xoves ás 11.00 horas durante a pausa café

 

O Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade da Fundación ONCE, que se celebra ata este venres en Málaga, conta entre os seus invitados con PACA e TEO, dous robots intelixentes que interactúan e atenden aos asistentes durante o evento.

 

Teo, que manexa o alfabeto dactilolóxico (abecedario da lingua de signos), ademais dun vocabulario moi básico que ten que ver cos labores do fogar, estará a exhibir as súas habilidades hoxe xoves durante a pausa da mañá, de 11.00 a 11.30 horas.

Pola súa banda, PACA atópase desde o mércores na entrada do Congreso ofrecendo toda a información do evento e atendendo as necesidades dos asistentes.

TEO

TEO (Task Environment Operator; Operador na Contorna das Tarefas) é un robot desenvolto polo Robotics Lab do departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática da Universidade Carlos III de Madrid. Manexa o alfabeto dactilolóxico, que é o abecedario da lingua de signos, ademais dun vocabulario moi básico que ten que ver cos labores do fogar. 

 

Un dos retos aos que se enfrontan para seguir desenvolvendo este sistema é a elaboración de xestos máis complexos, con frases completas. O obxectivo máis amplo é que este tipo de robots poidan converterse en asistentes do fogar e axudar así a pasar o ferro, dobrar a roupa, servir a comida e interactuar cos usuarios en ambientes domésticos.

PACA

Pola súa banda, PACA é un proxecto da Fundación ONCE desenvolto por ILUNION Tecnoloxía e Accesibilidade, cuxas siglas en español significan Asistente Cognitivo Persoal e Accesible. 

 

Os que acudan a falar con PACA poderán preguntarlle con voz ou mediante texto na pantalla as dúbidas que teñan e o robot responderalles usando ámbalas dúas canles, o que permitirá obter a información, tamén para as persoas con discapacidade auditiva.

 

Este robot ten a capacidade de interactuar con persoas a través da voz, texto e imaxes e ofrece información de maneira accesible para persoas xordas, cegas, con discapacidade visual, intelectual e tamén para persoas maiores.

 

Así mesmo, PACA utiliza intelixencia artificial para axudar ás persoas con discapacidade en varios escenarios, xa sexa nunha viaxe, no traballo ou nun hospital. No futuro, PACA poderá guiar á xente para ir dun lugar a outro e axudala na realización de tarefas diarias. 

 

A xornada deste xoves conta entre as súas mesas de debate cunha que abordará a mobilidade dos pasaxeiros no futuro, outra na que os relatores debaterán sobre a necesidade de facer unha xestión inclusiva das emerxencias e cunha máis relativa á accesibilidade das "smart cities".

Congreso Tecnoloxía e Turismo

Por segundo ano consecutivo, o Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade, organizado pola Fundación ONCE, ten lugar no Palacio de Feiras e Congresos da capital malagueña. Nesta terceira edición mostra como a tecnoloxía, os destinos turísticos intelixentes, os produtos e servizos melloran a vida de todas as persoas.

 

O Congreso está aberto a propostas relacionadas coas Tecnoloxías e Servizos de Acceso á Información e a Comunicación, a interacción persoa máquina, o fogar dixital e a vida independente, a robótica para a autonomía persoal, as "smart city", a realidade aumentada, o turismo para todas as persoas, a accesibilidade nos seus distintos aspectos e as regulacións e normas relativas ao turismo. 

 

Expón unha gran diversidade de temas, materias e proxectos de toda índole no campo da tecnoloxía e o turismo para favorecer a integración e inclusión das persoas con discapacidade.

 

O seu obxectivo é mostrar o que a tecnoloxía, os destinos turísticos intelixentes, os produtos ou servizos poden facer polas persoas. 

 

Máis información sobre TTD-Congress 2019.

 

24/10/201911:00
Participantes na exhibición de videoxogos inclusivos.
Málaga

Málaga asiste a unha exhibición de videoxogos inclusivos

  • No Congreso de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade da Fundación ONCE 

 

A cidade de Málaga acolleu este mércores unha exhibición de videoxogos inclusivos, no marco do "Congreso Internacional de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade" organizado pola Fundación ONCE e que se celebra ata o 25 de outubro no Palacio de Feiras e Congresos da cidade. 

 

A demostración contou coa participación de Enrique García, técnico da dirección de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE. Na sesión xogou xunto con Ely Shuri e outras dúas persoas con discapacidade unhas partidas ao videoxogo Fornite, co obxectivo de demostrar a inclusión do colectivo neste sector. A exhibición contou coa asistencia dos youtubers BTA e Nia Cosplay.

 

Os asistentes gozaron dunha partida ao famoso xogo de Fornite xunto a "gamers" con e sen discapacidade. A xornada concluíu co sorteo entre as persoas rexistradas dunha XBOX ONE X e algunhas copias do videoxogo FIFA 20 e Anthem para calquera plataforma.

 

Esta sesión estivo patrocinada por EVAD formación, o maior centro de Andalucía dedicado en exclusiva á formación en videoxogos, unha nova escola cunha ampla oferta formativa para todas as idades e niveis: desde talleres e cursos introductorios ata masters ou cursos de expertos. 

 

Nos tres días de Congreso en Málaga os asistentes poderán coñecer da man de Microsoft o mando XBOX Adaptive Controller, que permite usar a consola XBOX a persoas con problemas de mobilidade nos membros superiores. Igualmente, persoas con discapacidade visual demostrarán como é posible xogar ao Lanza Machadas VR grazas a unhas lentes de realidade virtual. 

 

Máis información sobre TTD-Congress 2019.

 

24/10/201908:51
Zona de exposicións de Talentia Summit'19.
Santiago de Compostela

Máis de 5.000 persoas de toda Galicia acudiron ao Talentia Summit de Santiago

Finalmente botou o peche o encontro Talentia Summit'19, destinado a facilitar a máxima interactividade entre empresas e potenciais integrantes destas empresas, co fin de estimular o emprego e a colaboración. O evento, que se celebrou entre o luns e onte, veu da man da Concello de Santiago, quen salientou este mércores, a través do seu alcalde (Xosé Sánchez Bugallo), as importantes cifras de participación obtidas: 5.000 persoas mobilizadas de toda Galicia, máis dun centenar de empresas ofrecendo oportunidades de contratación e unha manchea de currículos circulando dende as primeiras (as persoas mobilizadas) ás segundas (as empresas).

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, clausurou hoxe o evento nun acto institucional no que tamén participou a concelleira de Compostela Aberta, Marta Lois, e membros do Pacto local polo Emprego. Xosé Sánchez Bugallo destacou “o éxito desta edición”, e emprazou á organización “a seguir traballando para que a do próximo ano sexa aínda mellor”. Volvendo ás cifras, a edición 2019 veu acompañada de 1.000 vacantes achegadas á web do evento; 100 empresas participantes durante a Feria do Talento (70 delas recrutando talento directamente profesionais); 940 asistentes en actividades de formación, certificación e desenvolvemento do talento; 400 persoas usuarias dos talleres como vídeo-currículo profesional, fotografía profesional, redeseño do currículo e LinkedIn e orientación laboral; e 370 persoas que asistiron a sesións de asesoramento (mentoring) persoal para recibir resposta a dúbidas dos seus sectores profesionais.

23/10/201912:57
Cartel do evento.
Santiago de Compostela

Mar Pereira sinala a importancia do acompañamento xurídico na implantación da intelixencia artificial e doutras tecnoloxías disruptivas

  • A directora da Amtega inaugurou hoxe a IX Xornada de Informática Xudicial e Delitos informáticos que este ano afonda nesta tendencia tecnolóxica
  • A responsable autonómica destacou que a Estratexia dixital 2030 busca posicionar a Galicia nas novas tendencias tecnolóxicas con maior potencial cara a vindeira década

 

A Intelixencia Artificial e a súas aplicacións e implicacións no ámbito xudicial centran o contido da IX Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos, Iuristicgal, que se celebra hoxe na Cidade da Cultura. Este encontro foi inaugurado hoxe pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o presidente do Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), Marcos Mata.

A directora da Axencia autonómica, Mar Pereira, sinalou que a futura Estratexia Dixital de Galicia 2030, actualmente en fase de elaboración, fará foco nas oportunidades de aplicar novas tendencias tecnolóxicas en todos os ámbitos da economía. Neste sentido, recalcou que a implantación destas novas tecnoloxías debe ser interdisciplinar e destacou a importancia do acompañamento xurídico no proceso.

Outros dos obxectivos para a vindeira década serán os de buscar solucións para diminuír a fenda entre a demanda e a dispoñibilidade de traballadores con competencias dixitais avanzadas e o impulso ao emprendemento tecnolóxico.

A futura estratexia galega pivotará sobre catro vectores, aliñados coas directrices europeas para incrementar o despregamento de tecnoloxías dixitais clave a gran escala e promover a súa adopción para que os beneficios da transformación dixital cheguen a todo o mundo.

Dixitalización da Xustiza

A máxima responsable da política tecnolóxica da Xunta sinalou que nesta última década Galicia esforzouse en sentar as bases dunha dixitalización que capacita á Comunidade para enfrontar os retos do novo decenio que estamos a piques de iniciar.

No ámbito xudicial, Galicia leva desenvolvendo, desde 2009 e en estreita colaboración co ámbito xudicial, un proceso de transformación dixital que se atopa nun camiño de consolidación con todas as pezas do expediente xudicial electrónico en marcha e que está a facilitar aos profesionais do ámbito xudicial as ferramentas necesarias para unha xustiza do século XXI como sistemas e dispositivos para que xuíces e fiscais poidan desenvolver o seu traballo en mobilidade, salas de vistas integramente dixitais, declaracións a través de videoconferencia que evitan desprazamentos e as primeiras demandas online.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS