Segunda entrada da Guía para manterte activo física e mentalmente.
O confinamento motivado pola crise do COVID-19 está facendo proliferar as opcións formativas, culturais e de ocio que temos ao noso alcance sen movernos da casa. Este fenómeno está funcionando como cohesionador social en momentos críticos e de illamento posto que, a pesar da distancia, mantennos activ@s e conectad@s a través da tecnoloxía.
Pero nesta gran oferta debemos ser críticos e selectivos co que consumimos e investimos o noso tempo, sendo capaces de elixir aquelo que é seguro, veraz e que nos enriquece tanto á hora de formarnos como no noso tempo de lecer.
Con esta crecente necesidade de estar ao tanto das últimas novas é fácil caer na sobre e des-información como hábito para manterte ao día do que está a acontecer. Sen embargo é preciso ter especial coidado á hora de seleccionar o que é relevante ou veraz do que non.
A continuación proporcionámosche algúns consellos para consumir e compartir só datos e imaxes seguros:
As universidades galegas continúan ofrecendo alternativas para manter o ritmo académico nestes días de confinamento:
A Rede CeMIT tamén pon a disposición da cidadanía o seu Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA) que complementa a formación online que están realizando os axentes TIC de CeMIT, facilitando o acceso a un amplo catálogo de cursos de formación dixital gratuítos e sen necesidade de matriculación nin reserva de praza, para o seu uso, tan só é preciso darse de alta como usuari@ da Rede CeMIT.
Tamén no eido da formación TIC, a Fundación Estatal para a Formación no Emprego, Fundae, a través da súa plataforma Dixitalízate, pon a disposición de tod@s unha gran variedade de cursos gratuítos, de grandes empresas tecnolóxicas. E no referente á ciberseguridade, o CCN-CERT ofrece un curso online de 10 horas que trata temas como a protección do correo electrónico, navegación segura, seguridade en dispositivos móbiles e redes inalámbricas, entre outros contidos.
Aprender un idioma pode ser unha forma de evadir a nosa mente e á vez formarnos. Ademais, existen evidencias que demostran que favorece o crecemento da mente e a multitarefa, evita a demencia, amplía a capacidade de memorización e agudiza a capacidade de atención. Para formarte durante estes días de illamento en idiomas, tes a túa disposición un gran número de aplicacións para o teu móbil ou tablet a través de Google Play Store para Android ou iTunes Apple para sistemas iOS. A variedade de aplicacións é moi ampla e poderás aprender gramática, vocabulario, facer exercicios, ver vídeos para aprender a pronunciación e fonética, etc.
Moitos organismos e organizacións trasladan, na medida do posible, as súas actividades a medios dixitais. Bibliotecas online, catálogos de películas e series ampliados, concertos a través de Instagram, representacións de teatro a través de streaming e, incluso, moverse polos corredores de museos como o Thyssen “Thyssen desde a casa” ou Picasso “Museo Picasso virtual” agora é posible sen saíres da casa.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña #aculturasegue, cunha programación de lecer cultural no eido dixital que aglutina toda a oferta cultural, entre a que pode destacar:
Adicionalmente a esta iniciativa, son moitas as bibliotecas e centros culturais que abren unha ventá á lectura e outros recursos formativos cos que enriquecerse durante este tempo de corentena. O acceso gratuíto ao catálogo de libros electrónicos, realización de talleres virtuais, celebración de días especiais... son exemplos disto. Así mesmo outras plataformas dixitais abren os seus servizos ao público durante este período sumándose ao movemento #QuédateEnCasaLeyendo ou #YoMeQuedoEnCasaLeyendo, onde atoparás unha gran variedade de lectura.
O amplo catálogo de ocio e entretemento cultural que temos á nosa disposición tamén se viu incrementado expoñencialmente nestes días grazas ás plataformas multimedia que abren os seus recursos na súa totalidade coma por exemplo a RTVE co seu catálogo de películas.
Así como, movementos promovidos pola cidadanía de xeito voluntario, como cantantes e músicos que ofrecen a posibilidade de emitir concertos en directo en streaming ou a través das súas redes sociais como YouTube, Instagram ou Facebook. Algunhas das iniciativas lanzadas nos últimos días son:
Incluso se están a recuperar antigas costumes como a do xogo, ben en grupo, ou en solitario para matar o tempo. Os beneficios dos xogos van desde elevar o coeficiente intelectual, potenciar a memoria, ata facilitar a resolución de problemas. Algúns exemplos que poden axudarte a manter a túa mente activa e dos que poderás descargar aplicacións a través do teu móbil ou tablet son:
Para manter un bo equilibrio mental precisamos estar emocionalmente tranquil@s e conectad@s uns cos outr@s e as novas formas de comunicación e apps que temos ao noso alcance facilítannos esta labor a través da comunicación virtual. Algunhas das ferramentas máis empregadas para a realización de videochamadas son: WhatsApp, Skype, Facebook, Instagram ou Facetime.
E xa para rematar, non te esquezas de desconectar e “non facer nada”. Para que o cerebro estea activo e creativo, primeiro debe estar descansado, polo que non facer nada, tamén é fundamental como punto de inicio para poñer a mente en marcha. É importante atopar un momento para relaxarnos e desconectar.
Mediante a tecnoloxía, tamén podes desconectar a túa mente e relaxarte en función dos teus gustos e prioridades, empregando aplicacións para o teu móbil ou tablet que che axuden a realizar exercicios de meditación, de respiración ou relaxación durante un intre cada día.