main content

main content
13/12/201608:12
Xabarín Club
Santiago de Compostela

Nace Xabarín TVG, a app para ver tódolos debuxos da tvG2

Os máis pequenos están de noraboa, agora van poder ver os seus debuxos favoritos da tvG2 no seu dispositivo móbil favorito. E é que a semana pasada a CRTVG presentou no Culturgal en Pontevedra Xabarín TVG, unha nova aplicación para dispositivos móbiles desde a que se poderán ver todas as series de animación en galego que se emiten dentro do espazo Xabarín Club.

Esta aplicación nace co fin de ofrecer a unha xeración enteiramente dixital os contidos que máis lle gustan, adaptándose aos seus hábitos de consumo e sendo a única aplicación que existe orientada a nenos e con contidos audiovisuais exclusivamente en galego.

Os contidos desta nova aplicación están destinados a nenos de ata 14 anos, os cales poderán gozar de series como Os Bolechas”, “Fish and Chips”, “Cocorico”, “Caracois”, “A tropa de trapo”, “A vaca Connie” ou “Raa Raa, o leonciño rebuldeiro”, todas series de animación orixinais, cento por cento en galego e dispoñibles baixo o formato de vídeo baixo demanda.

A app estará dispoñible para Android eiOS e dispón de opcións para filtrar os contidos segundo a idade do neno ou as preferencias que escollan os pais. Permite ver os contidos  a través de 3G ou Wifi e é compatible con Air Play e Apple TV, polo que se poderá acceder aos contidos en calquera lugar e da maneira que se desexe: tanto desde a pantalla do dispositivo como enviándoo a un televisor.

(Máis información)

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS