main content

main content
1 mes 1 profesión dixital
Online

Moocs gratuítos en Transformación Dixital

Red.es no seu impulso polo talento dixital lanzou seis novos MOOC's gratuítos sobre: técnicas avanzadas sobre márketing dixital, proposta de valor e modelo de negocio, recursos para potenciar a túa idea emprendedora, desenvolvemento de apps, gamificación e resolución de problemas complexos. Esta formación é totalmente gratuíta e está destinada tanto a persoas empregadas como desempregados.

Os novos MOOCS enmárcanse dentro do programa CrearFuturo.es e dentro de todas as actuacións que Red.es está a levar a cabo dentro da iniciativa AceleraPyme.gob.es. Trátase dunha formación online innovadora na que as persoas participantes aprenderán de forma dinámica e amena. Os cursos constan de pílulas formativas, exemplos de casos de éxito reais e vídeos presentados polos influencers e expertos máis destacados de cada sector. Os Moocs teñen unha duración estimada de 20 horas:

  • Técnicas avanzadas de márketing dixital
  • Proposta de valor e modelo de negocio
  • Resolución de problemas complexos
  • Recursos para potenciar a túa idea emprendedora
  • Desenvolvemento de apps
  • Gamificación

Entre os obxectivos deste programa atópase o de formar a persoas en diferentes tecnoloxías, competencias e metodoloxías para o emprendemento na contorna dixital, mellorando así a empregabilidade do alumnado.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS