main content

main content
15/10/201812:10
Tres emprendedores mozos colaborando.
Vigo

Impact Hub lanzou unha iniciativa europea para apoiar a mozos emprendedores das industrias creativas en España, Portugal, Romanía e Italia

A través do programa europeo Creative Business Studio, no que participan os Impact Hub de Madrid, Vigo, Bucarest, Siracusa, Lisboa e Cluj-Napoca, convócase a mozos emprendedores de 19 a 30 anos residentes neses países para presentar as súas propostas de negocio cultural ata o 31 de outubro.

Esta iniciativa está financiada por Erasmus+, o programa da Unión Europea para apoiar a educación, a formación, a mocidade e o deporte en Europa. Precisamente a Estratexia Europa 2020 inclúe a mellora na formación dos profesionais das Industrias Culturais e Creativas (ICC) en materias como as habilidades empresariais nos traballadores das ICC e dificultades para coñecer o funcionamento dos mercados ou os problemas de acceso ao financiamento. Esta industria podería ofrecer unha oportunidade de emprego especialmente entre o sector de poboación máis nova, que en países como España, Italia e Portugal sofre a taxa de paro máis alta de toda Europa, co 36,3%, o 31% e o 19,5% respectivamente, segundo datos da Eurostat.

Cada Impact Hub seleccionará 10 proxectos entre os presentados, sumando un total de 60 emprendedores que recibirán formación, contacto con profesionais de industrias creativas e mentoría personalizada. Esta oportunidade permitiralles prototipar a súa idea e validala, Ademais, 18 deles, tres por cidade, poderán financiala grazas ao lanzamento dunha campaña de crowdfunding , para a que contarán co asesoramento de Impact Hub.

Tal e como explica Sonia Pérez Olmedillo, coordinadora do programa en Madrid, Impact Hub apoia con esta iniciativa o reto exposto pola Estratexia Europa 2020. "Creative Business Studio enfocará a formación na incubación de ideas creativas e na proxección financeira destas, o uso do crowdfunding como ferramenta de financiamento colaborativo de proxectos, e o intercambio de coñecementos con empresarios creativos outros países para impulsar o seu proxecto a nivel internacional".

Creative Business Studio ( madrid.creativebusiness.studio ) está dirixido a emprendedores que teñen un proxecto xa en marcha dentro das industrias culturais e creativas, e desexan impulsalo, tanto a nivel nacional como internacional. Os participantes deben dar os primeiros pasos coa súa iniciativa. Por exemplo, organizar un evento para a presentación da súa idea a amigos ou potenciais clientes, publicar unha páxina web con información do seu servizo ou produto, ou calquera acción que demostre que a idea está en desenvolvemento.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS