Galicia Open Future_ é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia e Telefónica con obxecto de apoiar ao sector industrial de Galicia aspirando a situarse como punto de conexión entre o novo talento emprendedor dixital, tanto local como internacional, e as empresas tractoras de Galicia..
O presente reto enmárcase dentro do Programa de Innovación Aberta, no que empresas tractoras expoñen retos de negocio á comunidade para buscar solucións que axuden á implantación de tecnoloxías no ámbito da Industria 4.0 das empresas, coa implicación de persoas emprendedoras, startups, pemes ou organizacións como universidades ou centros tecnolóxicos. Son retos de negocio reais que poden ser abordados mediante solucións innovadoras baseadas en tecnoloxía.