- Cruz Vermella RESPONDE é a maior mobilización de recursos, capacidades e persoas da historia de Cruz Vermella fronte ao COVID-19 para persoas en situación de vulnerabilidade e poboación xeral.
- Grazas a Vodafone e á Fundación Vodafone 8.500 familias terán conexión gratuíta para que os seus nenos e nenas continúen no Programa de Promoción do Éxito Escolar e o desenvolvemento de competencias dixitais a través de DigiCraft.
- Este reforzo contribuirá a evitar o illamento ao que se están vendo sometidos moitos nenos e nenas do noso país, así como facilitar o que poidan manter o contacto cos seus titores e persoas de referencia, tan importantes nestes momentos, contribuíndo á diminución da fenda dixital.
- A alianza entre Cruz Vermella, Vodafone e a Fundación Vodafone empezou hai máis de 25 anos co obxectivo de afrontar as necesidades e respostas sociais mediante a innovación tecnolóxica e en especial de reducir a fenda dixital nos colectivos en situación de vulnerabilidade.
Vodafone e Fundación Vodafone España reforzan a súa alianza con Cruz Vermella sumándose ao Plan Cruz Vermella RESPONDE, e fano nun ámbito no que xa colaboraban desde hai anos, a Educación.
Tras a declaración do Estado de Alarma e o peche de escolas e centros educativos, máis de 8 millóns de nenos e nenas no país quedaron en moitos casos sen acceso a educación ou apoio educativo. Por iso, Cruz Vermella Mocidade puxo en marcha a modalidade tele-presencial do programa de Promoción do Éxito Escolar, para que as nenas e nenos en situación de vulnerabilidade reciban un apoio por videoconferencia nas materias académicas desde as súas casas, garantindo desta forma unha maior equidade de oportunidades a nivel educativo.
Vodafone achegará de maneira gratuíta a conexión de datos necesaria para que os nenos e nenas de 8.500 familias poidan seguir conectados desde as súas casas ao programa. Ademais, a Fundación Vodafone ampliou os contidos de DigiCraft no formato on-line para que os nenos e nenas poidan seguir desenvolvendo as súas competencias dixitais a través do xogo e dunha maneira máis creativa.
Este reforzo contribuirá a evitar o illamento ao que se están vendo sometidos moitos nenos e nenas do noso país, así como facilitar o que poidan manter o contacto cos seus titores e persoas de referencia, tan importantes nestes momentos, contribuíndo á diminución da fenda dixital.
Cruz Vermella e Cruz Vermella Mocidade coa infancia e as familias en dificultade social
O labor da Cruz Vermella coa infancia e as familias en dificultade social está enfocada a responder as situacións que xeran vulnerabilidade e alcanzan anualmente a máis de 326.000 nenos, nenas e adolescentes que reciben o apoio da organización no ámbito educativo, social e de lecer, desde programas específicos da Cruz Vermella para atender as necesidades da infancia e as familias en dificultade social e desde o programa de intervención e inclusión social da Cruz Vermella Mocidade.
A Cruz Vermella Mocidade mantén un compromiso continuado coa infancia e a mocidade e atende anualmente a máis de 700.000 nenos, nenas, mozos e mozas co apoio de máis de 12.800 persoas voluntarias.
O Programa de Promoción do Éxito Escolar, promovido pola Cruz Vermella Mocidade, ofrece novas formas de entender as materias a máis de 12.500 nenos e nenas en 345 centros de todo o país en situación de vulnerabilidade.
Plan Cruz Vermella RESPONDE fronte ao COVID-19
O Plan Cruz Vermella RESPONDE fronte ao COVID-19 para as persoas en situación de vulnerabilidade e a poboación xeral, en coordinación con todas as administracións públicas, define as liñas de actuación e resposta para os próximos dous meses e pretende alcanzar a máis de 1.350.000 persoas, cun orzamento estimado de 11.000.000 €.
Case un millón de persoas recibirán atención e acompañamento telefónico, 25.000 familias recibirán bens básicos, 16.000 persoas serán apoiadas en materia de emprego e 3.000 persoas sen fogar terán un lugar para durmir.
Un completo reforzo dos mecanismos da Cruz Vermella en Emerxencias, Saúde e Inclusión Social, que ofrece unha resposta integral en todas as súas áreas de Actuación : Socorros, Inclusión Social, Emprego, Saúde, Educación e Medio Ambiente.
Este plan xa se está materializando grazas aos recursos propios da organización, contribucións da Administración Pública, empresas e particulares, e máis de 8.000 novas persoas que se ofreceron como voluntarias ata a data.
Sobre a Cruz Vermella
A Cruz Vermella representa o maior movemento humanitario, cidadán e independente do mundo que leva 155 anos colaborando con entidades públicas e privadas para que a humanidade e a dignidade chegue a todas as persoas en calquera lugar e en todo momento e circunstancias. Desde o comezo da crise do COVID-19, a Cruz Vermella está a actuar en todos os países do mundo afectados, representando a maior mobilización de recursos, capacidades e persoas na súa historia en favor das persoas máis vulnerables a poboación xeral.
En España, a Cruz Vermella conta con máis de 200.000 persoas voluntarias e máis de 1.400 puntos de atención en todo o territorio, que permiten atender anualmente a máis de 4 millóns de persoas a nivel nacional, das que máis de 1,7 millóns son atendidas desde programas sociais. Co apoio de 1.360.000 socios, empresas e aliados.
A Cruz Vermella Española pertence ao Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Medialúa Vermella presente en 192 países. Actuando sempre baixo os seus sete Principios Fundamentais: Humanidade, Imparcialidade, Neutralidade, Independencia, Carácter Voluntario, Unidade e Universalidade.
Recursos audiovisuais
Infancia e Mocidade
Plan Cruz Vermella RESPONDE
DigiCraft on-line