Canso de que che rastrexen? Así reza a pantalla de inicio da web DuckDuckGo.com e é que nos últimos tempos, cada vez imos sendo máis conscientes acerca da exposición dos nosos datos e información na internet e do que isto implica. Froito diso están a aparecer numerosas iniciativas que propoñen unha maior privacidade cara aos seus usuarios.
Este é o caso de DuckDuckGo, unha aplicación móbil e buscador que ten como calidade principal protexer a información do usuario á hora de buscar na internet e evitar que as súas procuras poidan ser rastrexadas ou se lles poida facer un seguimento.
Analizaremos como funciona e cales son as súas diferenzas e semellanzas co seu homónimo de referencia neste campo, o coñecedísimo Google.