main content

main content
26/12/202413:12
Muller usando un portátil.
Santiago de Compostela

A contratación de internet de banda larga no rural de Galicia creceu máis dun 30% desde 2016 e supera xa o 90% dos fogares

  • A práctica totalidade (99,9%) dos fogares con estudantes dispoñen deste servizo e a porcentaxe baixa ata o 74,3% nos fogares nos que vive unha soa persoa
  • O uso de dispositivos electrónicos supera o 95% en todos os tramos de idade entre 16 e 54 anos, e baixa ao 60,4% no caso das persoas de entre 65 e 74 anos
  • O Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA) publica o informe sobre a “Modernización tecnolóxica no rural”

A idade é a principal condicionante da evolución da modernización tecnolóxica nas áreas do rural de Galicia nas que, por primeira vez, a contratación de internet de banda larga acadou o 90,3% en 2023, segundo se desprende dos datos incluídos no informe que ven de publicar o Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA).

A contratación de internet de banda larga medrou dende un 69,4% en 2016 ata o 90,3% de 2023, o que implica un crecemento de máis dun 30%. A porcentaxe achégase cada vez máis a media de Galicia, que está nun 94,3%, o que indica que se está a reducir a fenda entre os ámbitos rurais e urbanos. A contratación de internet do rural está por riba do 96% no caso de fogares con tres ou máis persoas, pero baixa ata o 74,3% no caso dos fogares nos que soamente vive unha persoa.

A porcentaxe de persoas que usan dispositivos electrónicos no rural é practicamente o mesmo entre homes e mulleres, mesmo lixeiramente superior no caso das segundas (87,9% fronte ao 87,5%), polo que non hai fenda de xénero.

As diferenzas principais teñen que ver coa idade. Practicamente todas as persoas do rural de entre 16 e 44 anos (por riba do 99%) declaran usar dispositivos electrónicos. A porcentaxe é tamén moi significativa no caso das persoas de entre 45 e 54 anos (un 95,6%). Pero esta porcentaxe baixa ata o 87,2% entre os 55 e os 64 anos; e ao 60,4% no tramo de entre 65 e 74 anos.

Máis da metade das persoas do rural que usan internet fan compras por esta canle, fronte ao 72,3% que o fan nas áreas urbanas. Sen embargo, cerca do 90% das persoas do rural de entre 25 e 34 anos compran por internet, unha cifra que contrasta co 10,3% das persoas de entre 65 e 74 anos.

Os datos para a elaboración deste informe proveñen da Enquisa Estrutural de Fogares do Instituto Galego de Estatística.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS