Internet é un lugar no cal, do mesmo xeito que na vida real, é posible que atopemos estafas e perigos á hora de facer compras ou realizar transaccións económicas. Esta contorna propiciou a aparición de plataformas como PayPal, que achegan unha maior garantía e seguridade aos usuarios á hora de efectuar os seus pagos, permitindo denunciar casos fraudulentos ou pedir unha devolución do diñeiro se algo lles fixese sospeitar.
Neste seminario achegarémonos a PayPal, e farémolo a través dunha guía que nos permitirá facer uso desta plataforma de forma consciente e sentir así a tranquilidade de operar de forma segura a través de internet.