main content

main content
13/05/202208:05
Muller tecleando nun portátil.
Brión

Brión convoca un feixe cursos de competencias dixitais e emprego para mulleres

O Concello de Brión, en colaboración coa Fundación Mulleres, convoca nove cursos formativos gratuítos dirixidos a mulleres de 18 a 65 anos: nove actividades formativas que collerán corpo definitivo unha vez que haxa oito mulleres inscritas a través da web municipal, tendo preferencia as mulleres empadroadas en Brión.

Así, o Concello de Brión oferta seis cursos presenciais, de 6 horas cada un, sobre cuestións relacionadas coa busca activa de emprego: competencias dixitais, como preparar unha entrevista de traballo, como elaborar un currículo vitae e unha carta de presentación, manexo da rede social Linkedin, motivación ao emprendemento e educación financeira. Os outros tres cursos son de maior duración e terán lugar en liña: técnicas de busca de emprego (20 horas), procesos de selección (10 horas) e competencias persoais, que se desenvolverán ao longo de varias xornadas formativas. Máis información e inscricións na Casa da Cultura, no 981 50 99 08 (ext 32), empregobrion@gmail.com ou a web municipal (sección actividades-formación).

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS