main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

19/06/2018 De 19:00 a 20:30h
Cerebro saltando á corda.
Lugar: Online

Adestra a túa memoria de forma divertida coas TIC

Sabías que dedicando só 15 minutos ao día con exercicios sinxelos podes ter unha mellor memoria?

Descobre como co uso da Tecnoloxía o facer exercicios e prácticas para manter o teu cerebro activo é moito máis divertido e efectivo!

Neste curso mostraremos aplicacións e recursos que podes utilizar de forma diaria para que a túa mente estea en forma. Anímate e participa!

14/06/2018 20:30h
Cartel do evento.
Lugar: Exposalnés (Cambados)

Charla sobre consumo responsable de telefonía e internet

A intención da charla é asesorar aos asistentes a elexir a operadora e o contrato máis adecuados, así como defender os seus dereitos ante posibles disconformidades co servizo.

01/06/2018
Cartel do certame.
Lugar: Online

II certame de creación audiovisual para mozos "A miña cidade é patrimonio de todos"

Concurso de produción de vídeos/curtametraxes dirixido a mozos entre 16 e 30 anos de idade sobre as Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

O obxectivo é que os mozos a quen vai dirixido adquiran un maior coñecemento do concepto de Patrimonio Mundial e da declaración da UNESCO pola que a súa cidade foi incluída na Lista do Patrimonio Mundial e promover a creación audiovisual entre os mozos.

01/06/2018
Premios Galicia das Telecomunicacións 2018.
Lugar: Vigo

Premios Galicia das Telecomunicacións 2018

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan unha nova edición dos Premios Galicia das Telecomunicacións 2018, que unha vez máis serán entregados no marco da XXIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. O evento terá lugar o 1 de xuño de 2018 e estará dedicado ao Big Data.

Estes galardóns constitúen unha excelente plataforma para a promoción e proxección das empresas e profesionais galegos e para os produtos e servizos que se están a desenvolver no sector TIC en Galicia.

Dunha banda, entregarase o premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao sector TIC, a fin de recoñecer aos investigadores das universidades galegas que fomenten o eido das tecnoloxías da información e a comunicación. Así mesmo, convócase o premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2018, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, destinado a recoñecer aos mellores proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación que contribúan e aporten beneficios á sociedade.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS