main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

20/12/2016 De 19:00h a 20:30h
Re-acciona TIC
Lugar: Santiago de Compostela

Descubre o servizo de empresa dixital de Re-acciona TIC para pemes

Coincidindo coa apertura da segunda convocatoria do programa Re-acciona TIC, realízase esta xornada para dar a coñecer, a través de casos prácticos, os servizos que o programa Re-acciona TIC ofrece para a empresa dixital.

16/12/2016
InLugo.
Lugar: Salón de Actos do Pazo de San Marcos da Deputación Provincial de Lugo.

IV edición do Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #InLugo16

Os días 16 e 17 de decembro o Pazo de San Marcos (sede da Deputación) acollerá a cuarta edición do Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #InLugo16. As persoas interesadas en asistir poden solicitar algunha das 200 prazas para compartir coñecementos con expertos no mundo das novas tecnoloxías, o xornalismo, a mercadotecnia en liña ou a divulgación científica.

02/12/2016
Banner CyberOlympics
Lugar: Online

CyberOlympics 2016

CyberOlympics é unha competición por equipos onde se poñen a proba as habilidades técnicas en distintos campos da seguridade de internet e as novas tecnoloxías, orientadas a centros educativos de Ensino Secundario, Bacharelato e formación Profesional a nivel nacional.

CyberCamp, co obxectivo de construír un ciberespazo seguro, concienciando, educando e inspirando a futuros expertos cara a unha carreira profesional orientada á ciberseguridade, lanza as segundas Olimpíadas de Ciberseguridade.

Esta segunda edición de CyberOlympics desenvolverase en 2 fases, unha primeira clasificatoria durante os meses de outubro e novembro e unha final presencial onde competirán os 10 mellores equipos o día 2 de decembro.

25/11/2016 18:00
I Hackathon Big Data & Analytics HPE
Lugar: Cidade da Cultura de Galicia. Local 231. Monte Gaiás, s/n 15707 Santiago de Compostela

I Hackathon Big Data & Analytics HPE

Este Hackathon nace do compromiso do CEIN de potenciar e desenvolver o sector TIC galego, involucrando a un equipo de analistas, investigadores, universitarios, emprendedores e todo tipo de persoas con inquietudes tecnolóxicas en Big Data & Analytics para que compitan durante dous días no desenvolvemento de solucións dixitais a partir dos datos de localización da traxectoria de clientes nun centro comercial.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS