main content

main content
13/10/202017:00 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Aprende a utilizar o novo DNI electrónico

Imos desmentir a crenza de que os trámites electrónicos son moi complexos. Unha xestión mediante DNI electrónico supón un gran aforro de tempo e diñeiro en traslados, por non falar de quebraduras de cabeza en trámites burocráticos facendo cola en diferentes portelos.

O proceso dun trámite dixital só vén complicado pola, ás veces, complicada interface das páxinas gobernamentais. Na actividade aprenderemos a desenvolvernos con soltura nas súas contornas e solucionar os posibles problemas técnicos.

Contidos:

  • Diferenzas entre certificado dixital, sistema Cl@ve e DNI electrónico.
  • Solicitude e configuración do DNI electrónico.
  • Para que o podemos usar. Sinatura electrónica.
  • Posibles dificultades e como podemos emendalas.

Queres aforrar tempo e diñeiro nas túas xestións?

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS