main content

main content
16/09/202108:09
Cartel da iniciativa.
As Pontes

Amigus móstranos nun hackathon como converter a nosa casa nun fogar dixital

O vindeiro 2 de outubro a Asociación Amigus vai organizar unha nova e interesante xornada maker para seguir introducindo a pequenos e maiores nas posibilidades creativas das tecnoloxías libres, abertas e participativas. Trátase dun novo obradoiro dos Amigus Labs centrado desta volta na domótica e na Internet das Cousas (IoT), empregando software e hardware libre. A cita, que vén con formato de hackathon, conta co patrocinio da Xunta de Galicia.

Segundo informan dende Amigus, “son moitas as solucións e produtos actuais que buscan facernos a vida máis fácil na nosa casa conectando todo a Internet, dende as luces e a aspiradora até a lavadora, pasando pola neveira ou o cepillo de dentes, e neste obradoiro aprenderemos como unificar e habilitar todos os nosos dispositivos con home assistant, desde a instalación e configuración básica ata as integracións e configuracións máis complexas para facer que a nosa casa pense por nós”. A cita tamén dirixida a resolver as dúbidas que poidamos ter en materia de compatibilidade, “xa que no noso día a día corremos o risco de acabar con ducias de servizos e aplicacións de fabricantes diferentes”.

A duración do hackathon será de 10:30 a 19:00 horas. Temos toda a información reunida na web dos Amigus Labs, a través da cal é posible formalizar o rexistro. Para calquera dúbida, enviar un correo á conta amigus@amigus.org.

A persoa encargada de impartir os contidos será Javier Vila, enxeñeiro full-stack en Santander UK pero tamén maker no seu tempo libre.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS