A asociación TADEGa, plataforma galega a prol das novas tecnoloxías diversas e inclusivas, vén de achegar máis datos (programa, obradoiros) sobre a que será unha das grandes xuntanzas tecnolóxicas da tempada: a quinta edición do Congreso TADEGa. O nexo común de todas estas actividades será un compromiso conxunto a prol das capacidades de cada quen: diferentes pero complementarias maneiras de reivindicar o espírito do “faino ti mesmo”, ou sexa, o espírito maker.