A tecnoloxía democratizouse. Deixou de ser un ámbito pechado ás grandes corporacións para converterse nunha ferramenta ao alcance de practicamente calquera empresa, independentemente do seu tamaño e sector.
Con todo, e a pesar da accesibilidade e as vantaxes que ofrecen os diversos avances tecnolóxicos, estes seguen sendo grandes descoñecidos para moitas empresas. E mesmo moitas delas, aínda coñecendo estes avances, continúan a ser reticentes á súa adopción.
Para contribuír a paliar esta situación a Amtega, da man do IESIDE, presenta o Programa de Inmersión Tecnolóxica para Pemes, unha iniciativa de difusión, sensibilización e formación orientado a que as pemes galegas e o seu persoal directivo coñezan algunhas das novas tecnoloxías máis relevantes, así como os beneficios e os condicionantes necesarios para a súa translación á estratexia, estrutura e modelos de negocio. Todo iso cunha perspectiva moi experiencial, mostrando casos concretos e próximos de éxito que actúen como elemento motivador.
Todas as sesións formativas desenvolveranse en xornadas de día completo (de 10:00 a 19:30) nas instalacións do GaiásTech, no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.