main content

main content
02/10/202013:10
Cartel da iniciativa.
Santiago de Compostela

A Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática convocan o concurso “Conectando Xeracións coa tecnoloxía”

  • Netos e avós poderán presentar contidos realizados conxuntamente nas categorías de vídeo curto, musical e audioblog ata o 20 de outubro
  • A dotación do premio é de dúas tablets de 10 pulgadas para cada unha das categorías do concurso

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocan o certame “Conectando Xeracións coa tecnoloxía”, tres concursos de creación de contidos audiovisuais ou tecnolóxicos para fomentar a conexión entre xeracións, especialmente entre netos e avós aínda que non será necesario que exista un vínculo familiar entre os participantes.

A iniciativa ten como obxecto principal o uso de diferentes ferramentas ou soportes tecnolóxicos que permitiron e permiten manter en contacto a persoas maiores cos seus netos, sobre todo en situacións nas que non é posible estar fisicamente preto e o teñen que facer de modo virtual, ademais de procurar a ruptura da brecha xeracional.

Os proxectos poderanse presentar en tres categorías: vídeos curtos dun máximo de tres minutos, musical e audioblog, creados de forma conxunta entre nenos e avós nos que poderán contar unha anécdota, unha historia do pasado ou calquera outra cuestión creativa que lles xurda, é dicir, a temática será aberta. O prazo de presentación dos proxectos finalizará o 20 de outubro.

A dotación do premio é de dúas tablets de 10 pulgadas para cada unha das categorías do concurso. O xurado estará composto por cinco membros da xunta de goberno do CPEIG, o seu presidente, o secretario e tres vogais. O fallo publicarase no portal do colexio profesional, https://www.cpeig.gal/, e nas súas redes sociais (Facebook e Twitter: @CPEIG).

Os proxectos poderanse compartir a través de calquera ferramenta de transferencia de arquivos tipo Wetransfer ou Dropbox, facendo o envío ao correo electrónico conectandoxeracions@cpeig.gal, indicando no asunto “Premio Concectando Xeracións + categoría escollida”.

Esta actividade enmárcase no convenio de colaboración entre o CPEIG e a Amtega para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS