main content

main content
EIXOXuventude
1 mes 1 profesión dixital

Constrúe na Casa, campamento tecnolóxico (Programa Tech Kids 2020)

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia poñen en marcha durante o verán o Campamento Tecnolóxico en liña “Constrúe na casa”, unha iniciativa enmarcada no Programa Tech Kids, que forma parte do Plan DigiTalent da Xunta de Galicia e pretende espertar a curiosidade e creatividade pola tecnoloxía dos máis pequenos, coa participación de 200 familias sen saír da casa.

Este programa está dirixido a rapaces e rapazas dos ciclos de 1º e 2º de primaria e secundaria, que poderán elixir entre 5 obradoiros online sen necesidade de ter coñecementos previos:

  1. Gamer Tech: “Soña, deseña e crea videoxogos incribles”.
  2. Robo Tech: “Aprende os fundamentos da robótica e programación básica, o funcionamento dun robot e a lóxica computacional”.
  3. App Tech: “Sorprende a tod@s creando a túa propia aplicación para móbil ou tablet”.
  4. Compu Tech: “Aprende todo o necesario para os teus traballos de clase”.
  5. Minecraft Tech: ”Desenvolve un entorno de programación baseado en bloques co videoxogo Minecraft”.
Temática: Capacitación TIC

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS