main content

main content
EIXOXuventude
1 mes 1 profesión dixital

Digital Summer Camp na Rede CeMIT

O aliado dixital everis, a través da súa Fundación, comparte este verán coa Rede CeMIT a iniciativa Digital Summer Camp, un campamento tecnolóxico para a xuventude en formato virtual e gratuíto a través da colaboración dos seus voluntarios e voluntarias.

O obxectivo é reducir a fenda dixital e achegar aos nenos e nenas, novas formas de aprendizaxe e ás profesións aceleradas pola COVID-19 que non atopan profesionais formados, como son as do ámbito da programación.

As actividades están dirixidas a idades de entre 7 e 15 anos e terán unha duración de 6 días nos que os rapaces e rapazas da rede CeMIT poderán participar en charlas con expertos e talleres virtuais con exercicios prácticos para crear. Cada unha das dúas semanas de duración está orientada en función das idades e coñecementos dos participantes para que ao final do campamento todos saiban que da man da tecnoloxía todo o que imaxinen, o poderán crear!

A primeira semana oriéntase aos nenos e nenas de 7 a 10 anos, cos seguintes contidos:

  • Charla “Se o podes pensar, pódelo crear” co experto en videoxogos Luis Iturra.
  • Taller de Scratch “1, 2, 3... probando. Como crear os elementos do meu primeiro videoxogo”.
  • Charla coa comandante de aviación Yolanda Canales sobre “A superintelixencia da tecnoloxía”.
  • Obradoiro con App Inventor “A miña primeira APP
  • Charla “Que podemos facer cun dron?”, co piloto instrutor de drons Juan José González.
  • Taller con Scratch “Movemento e ... acción! Xa teño listo o meu videoxogo”.

Durante a segunda semana as 6 actividades están orientadas a rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos:

  • Charla co Director de participación cidadá da Policía Nacional, “A seguridade nas redes”.
  • Taller con Tinkercad “Primeiros pasos en realidade virtual: deseña en 3D”.
  • Charla “O que nunca poderán facer os robots” coa intervención da directora da fundación everis, Karla Alarcón.
  • Obradoiro con App Inventor “Crea a túa propia aplicación móbil”.
  • Charla “Robot, faime os deberes” con Javier Rodriguez Molowny, experto en loT.
  • Taller con Scratch “Desafía á túa imaxinación”.
Temática: Capacitación Dixital

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS