A Universidade Sénior da Universidade da Coruña, no marco das súas actividades como aliado dixital do Plan de Inclusión Dixital 2020 da Amtega e, en colaboración coa Deputación da Coruña, imparten un seminario divulgativo que se estrutura en dúas sesións de dúas horas que serán retransmitidas por videoconferencia ás aulas CeMIT interesadas co obxectivo de dar a coñecer á cidadanía a Plataforma EbiblioCoruña e o Club Lector.
Os contidos a tratar preséntanse en dous bloques temáticos, a Plataforma gratuíta de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros e outros contidos dixitais e un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como en galego.