main content

main content
16/04/202012:04
Mantente entretid@ grazas á tecnoloxía.
Santiago de Compostela

Mantente entretid@ grazas á tecnoloxía

Terceira entrada da Guía para maiores “Aproveita o tempo na casa coa tecnoloxía“.

A situación excepcional provocada pola pandemia do coronavirus e a obriga de permanecer illados acentúan a situación de soidade e desconexión social de moitas persoas.

A diminución de actividades e rutinas cotiás, a baixada de estimulación sensorial e a diminución do contacto social poden alterar significativamente o estado de ánimo polo que é aconsellable unha boa xestión da sensación de soidade ou preocupación.

A tecnoloxía xoga un papel fundamental para manternos conectad@s os uns cos outros achegando aos nosos fogares multitude de medios para mitigar o tempo de lecer e enriquecelo.

Mantente informad@ a través de fontes oficiais

Estar informad@s é importante pero debes evitar a exposición excesiva á información sobre o COVID-19, elixindo sempre medios de comunicación contrastados e reservar momentos do día concretos para facelo posto que é preciso desconectar deste tipo de noticias.

Ler a prensa por internet a través dos medios dixitais ao noso alcance (móbil, tablet ou ordenador) así como dirixirnos a fontes oficiais para obter material informativo relativo á pandemia é vital para consumir información veraz e actualizada.

Así pois, a través da páxina web do Ministerio de Sanidade ou do Sergas poderás atopar información para a cidadanía sobre esta enfermidade en continua revisión e actualización como:

Outros exemplos son:

  • Web de autodiagnose do COVID-19 do Sergas: ofrece información de confianza co obxectivo de desconxestionar os teléfonos de atención sanitaria en Galicia e manter á cidadanía informada e clarificar cando é necesario contactar telefonicamente cos diferentes servizos de atención sanitaria.
  • Píldora formativa sobre o coronavirus “Coñecementos básicos e medidas de prevención”: Cruz Vermella ofrece dunha forma centralizada, unha información básica sobre o COVID-19 que permite ao voluntariado así como á propia poboación en xeral, dispoñer de coñecementos suficientes para saber tomar as medidas adecuadas para previr a súa propagación. Toda a información recollida neste curso está obtida de fontes fiables como son o Ministerio de Sanidade do Goberno de España e a Organización Mundial da Saúde.
  • Asistente conversacional (bot) para atender as dúbidas das persoas maiores sobre o coronavirus do Goberno de España: a cidadanía, especialmente as persoas maiores poderán formular preguntas de xeito oral ou electrónico a través de servizos de mensaxería instantánea como WhatsApp abrindo unha conversa cun número de teléfono de forma automática. O sistema utiliza datos oficiais do Ministerio de Sanidade e atópase en fase piloto na Rioxa pero estenderase ao resto de España.

Entretente a través da tecnoloxía

A programación dos medios de comunicación foise modificando segundo as necesidades actuais da sociedade. Así, os medios audiovisuais públicos autonómicos puxeron en marcha diversas medidas e campañas dirixidas a axudar á poboación máis lonxeva nestes tempos.

Entre estas iniciativas atópase a adaptación da súa grella de programación ao público sénior, incluíndo novos espazos dirixidos a eles e as súas necesidades, así como a ampliación da dedicación en programas de entretemento e informativos xa existentes.

Neste senso a CRTVG a través da súa canle TVG leva a cabo unha serie de iniciativas co obxectivo de entreter e informar como son:

  • A recuperación da emblemática serie “Pratos Combinados” por ser unha das máis seguidas.
  • Impulso da acción #Coidémonos xerando pezas informativas e vídeos divulgativos con consellos para xente maior e mensaxes de apoio.
  • Espazos que atenden a chamadas que son respondidas por especialistas médicos e psicólogos axudando e enviando constantes mensaxes positivos de ánimo en tódolos programas emitidos durante a tarde.

Para aqueles que navegan por internet, é un bo momento para entrar en contacto con comunidades virtuais onde compartir intereses con outras persoas maiores e voluntari@s.

Os canais de sociabilización cobran tamén especial importancia nesta situación sendo vital o contacto diario con familiares e amizades a través de redes sociais como Facebook ou Instagram, videochamadas a través de ferramentas como Skype ou a través de mensaxería instantánea como WhatsApp.

O uso das TIC e da robótica social son alternativas atractivas de entretemento e estimulación cognitiva. Os xogos cos que exercitar a memoria e outras habilidades mentais así como as plataformas multimedia para ver películas e series en directo ou mesmo obras de teatro.

Ler, escoitar música ou ver vídeos a través de internet tamén che poden axudar a pasar mellor o tempo de lecer e enriquecernos culturalmente a través do móbil ou tablet.

Fórmate e aprende máis sobre as TIC

Este momento tamén pode ser indicado para aprender a facer cousas novas a través da rede, por exemplo, apuntándose a algún curso.

Así mesmo, as aulas CeMIT continúan ou están preparando a súa programación e atenden á cidadanía a través dunha tradicional chamada telefónica para os alumnos e alumnas con menos coñecementos, ata o emprego do WhatsApp, o correo electrónico, o Facebook ou o uso de aplicacións para facer videoconferencias como Jitsi Meet.

Os usuarios/as da Rede tamén teñen a súa disposición a plataforma de teleformación EMA que conta cun amplo catálogo de cursos para poder continuar formándose no eido dixital sen saír da casa. Os cursos están catalogados desde un nivel máis básico, como o uso da tableta, o aproveitamento do smartphone, as redes sociais, ata o uso da administración electrónica, operacións dixitais, o tratado de imaxes e vídeos, etc. Para acceder a estes recursos tan só é preciso darse de alta en CeMIT a través da seguinte ligazón.

A Federación Gallega de Asociaciones Universitarias Séniors (FEGAUS), conta cunha plataforma para poder formarse a través de seminarios en liña multitemáticos que axudan a adquirir novos coñecementos e habilidades para incluír a tecnoloxía na vida diaria. Algúns exemplos son:

  • A iniciativa #MayoresActivosEnCasa, a través da plataforma web Canal Sénior, coa que calquera cidadán con conexión a internet, pode participar e converter este período de illamento nunha boa oportunidade para seguir aprendendo, a través das tecnoloxías e desfrutar do tempo libre. As charlas tratan distintas temáticas sobre tecnoloxía, historia, arte, manualidades, etc.
  • Ciclos formativos online sobre temáticas como Ocio e Tecnoloxía, Trámites Dixitais en Internet desde cero, Turismo e Tecnoloxía ou Dispositivos móbiles entre outros tamén están dispoñibles nesta mesma plataforma.

En resumo, o uso da tecnoloxía na vida diaria das persoas maiores ofrécelles a posibilidade de reunir e compartir información, establecer relacións sociais e compartir opinións, colaborar e atender necesidades, formarse e en definitiva, enriquecer o lecer cunha gran oferta cultural.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS