main content

main content
14/04/202019:04
Dixitalización e COVID-19.
Santiago de Compostela

A Xunta solicítalle ao Goberno un marco común estatal que estableza os criterios básicos para o desenvolvemento das solucións tecnolóxicas vinculadas ao COVID-19

  • A directora da Amtega participou hoxe na xuntanza interterritorial, convocada pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, para abordar as iniciativas de dixitalización relacionadas co COVID-19
  • A Xunta solicitou ao Goberno comezar a dispoñer dos datos da iniciativa DataCovid, desenvolta polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
  • Galicia creará un comité técnico de xestión intelixente do dato para analizar e deseñar os mecanismos adecuados de análise e explotación da información relacionada coa pandemia

A Xunta de Galicia vén de solicitarlle ao Goberno do Estado traballar nun marco común estatal que estableza os criterios básicos de privacidade e interoperabilidade que deben garantir as diferentes aplicacións das CCAA sobre o uso da tecnoloxía e os datos para combater e superar a crise do COVID19. Así llo trasladou esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, á Secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, durante a xuntanza interterritorial convocada por este departamento para abordar as iniciativas de dixitalización relacionadas co COVID-19.

Mar Pereira expuxo as premisas básicas que a Xunta considera que deben primar no desenvolvemento deste tipo de solucións tecnolóxicas, como a análise das mellores prácticas identificadas a nivel internacional, así como a adaptación á regulación española e europea no relativo, tanto ao Regulamento de Protección de Datos como no dereito á privacidade das persoas.

Tamén se incidiu na necesidade de contemplar criterios esenciais de proporcionalidade e ética no uso dos datos, sempre vinculados a deseñar mecanismos de contención e control da pandemia e, polo tanto, operativos só mentres as autoridades sanitarias así o consideren preciso. Ademais, recalcouse a importancia de integrar estas posibles novas solucións cos protocolos e sistemas de información asistenciais, sociais, epidemiolóxicos da Xunta e garantir a súa interoperabilidade.

Creación cun comité de xestión intelixente do dato

En relación coas solucións tecnolóxicas en marcha, a Xunta solicitou ao Goberno do Estado comezar a dispoñer dos datos da iniciativa DataCovid, desenvolta polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

Galicia creará un comité técnico de xestión intelixente do dato para analizar e deseñar os mecanismos adecuados de análise e explotación dos datos que se poidan extraer das diferentes solucións tecnolóxicas creadas para combater a pandemia, como a que xa ten en marcha o Ministerio para facilitar a toma de decisións durante a xestión da crise e nas fases posteriores de recuperación.

No encontro puxéronse en común as solución tecnolóxicas nas que tanto o Ministerio como as diferentes CCAA están a desenvolver para a xestión da crise sanitaria, así como as diferentes iniciativas nas que se está a traballar para o deseño do plan de desescalada. Tanto os representantes autonómicos como estatais coincidiron en que a tecnoloxía e a dixitalización son un instrumento esencial que permitiu manter a actividade dos servizos públicos, facilitar a teledocencia e o teletraballo.

 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS