main content

main content
31/03/202008:03
Mans tecleando nun portátil.
Santiago de Compostela

A Xunta publica dúas guías para facilitar o teletraballo a pemes e autónomos e cidadáns

  • Están xa accesibles nas webs do CDTIC e Faite Dixital con información e recomendacións para traballar desde a casa
  • Ademais, nestes mesmos portais poderán realizarse consultas online e publicaranse post diarios con consellos sobre ferramentas, solucións dispoñibles e consellos para un uso seguro da Rede

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe dúas guías para facilitar o teletraballo a empresas e autónomos e a cidadáns. Os documentos están dispoñibles xa nas webs do CDITC e Faite Dixital, e nelas poderán atopar información sobre ferramentas, necesidades e tecnoloxías que posibilitan o traballo en remoto.

A información das guías complementarase con post diarios que se publicarán tamén nestes portais, nos que empresas e cidadáns poderán realizar consultas online.

Guía para empresas

Pemes e autónomos poderán atopar na guía información sobre solucións e ferramentas dispoñibles para o almacenamento compartido na nube, a xestión de tarefas entre integrantes de equipos, a xestión de proxectos, suites ofimáticas ou transferencia de arquivos, ademais de consellos e orientación en materia de ciberseguridade.

O contido da guía complementarase con publicacións diarias para empresas e autónomos na web cdtic.xunta.gal e tamén cun espazo de consulta en colaboración co Clúster TIC. Pemes e autónomos poderán trasladar as súas dúbidas a través do correo teletraballo-peme@xunta.gal, que serán respostadas por profesionais do sector TIC.

A información resultante destas consultas estará a disposición de todas as empresas a través dunha sección de preguntas frecuentes na web do CDTIC.

Guías para cidadáns

Para os cidadáns a guía, cun enfoque sinxelo e divulgativo, afonda nun uso seguro da Rede e ofrece pautas e consellos para un uso que minimice os riscos do teletraballo dende os fogares.

Ao igual que para as pemes e autónomos, estes contidos terán continuidade a través da publicación diaria de novos artigos na web de Faite Dixital, onde tamén poderán realizar consultas online, a través do buzón cemit@xunta.gal.

Pílulas sobre solucións de Software libre

Como complemento a todo o anterior tamén estanse a publicar nas webs do CDTIC, Faite Dixital, Mancomún e no YouTube da Amtega pílulas informativas sobre ferramentas de software libre para o teletraballo.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS