main content

main content
03/03/202014:03
Sinatura do convenio Amtega, Uvigo, Retegal.
Vigo

A Xunta e a Universidade de Vigo abren o laboratorio 5G ao ecosistema dixital para facilitar a creación de novas solucións baseadas nesta tecnoloxía

  • Grazas a un convenio asinado hoxe entre directora da Amtega, o reitor de Vigo e o director xerente de Retegal
  • Fabricantes, operadores ou desenvolvedores de software terán desde mañá acceso a equipamento específico e ao coñecemento de expertos da Universidade nesta materia
  • Esta medida enmárcase no Nodo 5G, ao que se adheriu a Universidade o pasado ano e que xa posibilitou o desenvolvemento da primeira edición do Curso de Especialista Universitario en 5G
  • Actualmente, en Galicia estanse a desenvolver 17 pilotos baseados nesta tecnoloxía
 
Galicia contará desde mañá cun laboratorio 5G aberto ao ecosistema dixital, un espazo de teste de tecnoloxías destas comunicacións avanzadas sen fíos e sensorización para realizar probas e simulación, tanto de posibles solucións, servizos ou equipamento baseado nesta tecnoloxía avanzada sen fíos. Ese é o obxectivo do convenio de colaboración asinado esta mañá en Vigo entre a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o director xerente de Retegal, Miguel Rodríguez. 
 
O laboratorio 5G, situado nas dependencias na Escola de Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións de Vigo, ofrece por unha banda equipamento específico para este tipo de probas así como o asesoramento de expertos nesta tecnoloxía da Universidade de Vigo.
 
Esta iniciativa enmárcase nas actuacións do Nodo 5G, impulsado pola Xunta a través do Plan Galicia 5G, e ao que se adheriu a Universidade de Vigo en 2019, e do que tamén forman parte os operadores Telefónica, Vodafone e R e co que tamén colabora o Observatorio Nacional do 5G.
 
Con este convenio a universidade olívica e a Xunta danlle continuidade á colaboración iniciada coa posta en marcha do Curso de Especialista Universitario en 5G que celebrou a súa primeira edición en 2019.
 
O Nodo de Cooperación 5G concibiuse un punto de encontro entre desenvolvedores e demandantes de solucións desta tecnoloxía para actuar como concentrador dos retos derivados das demandas do mercado e as capacidades das empresas do ecosistema 5G de Galicia.
 
É unha das medidas do Plan5G Galicia para situar á Comunidade como territorio preferente na pilotaxe de solucións innovadoras baseadas en 5G e facilitar que o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica en equipamento e software necesarios para desenvolver posibles casos de uso localícese na Comunidade.
 
Este posicionamento de Galicia no 5G contribuíu a que na Comunidade se estean a desenvolver 17 pilotos de 5G repartidos nas sete grandes cidades en ámbitos de especial interese para a Comunidade como a sanidade, a loita contra os incendios, a industria, o vehículo conectado, o turismo, a educación e o audiovisual. 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS