main content

main content
18/11/201914:11
Patricia Argerey durante a súa charla.
Vilalba

A Xunta salienta en Vilalba a importancia de espertar o interese da mocidade cara a ciencia e a innovación

  • A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, mantivo un encontro esta mañá co alumnado de 4º de ESO do IES Santiago Basanta Silva, no marco da iniciativa Referentes Galegas, organizada por Executivas de Galicia
  • Lembra que Gain conta cun programa de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entre os máis novos

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nun encontro con alumnado de 4º da ESO do instituto vilalbés Santiago Basanta Silva. Este encontro enmárcase na iniciativa Referentes Galegas nas Aulas, organizado pola Asociación de Executivas de Galicia en colaboración coa Deputación de Lugo, co obxectivo de visibilizar o traballo de mulleres profesionais galegas de diferentes sectores.

Patricia Argerey atendeu ás preguntas do alumnado e falou da súa traxectoria profesional e das súas responsabilidades actuais á fronte da Axencia Galega de Innovación e explicou que unha das prioridades do seu departamento é espertar o interese e a motivación da mocidade galega, especialmente das rapazas, pola ciencia e a innovación, co obxectivo de contar cos mellores profesionais do futuro en áreas con grande potencial para a economía galega e a economía global.

Con este obxectivo, a Axencia Galega de Innovación ten en marcha un programa de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas que inclúe, ademais de actividades consolidadas como a feira Galiciencia, as Aulas Tecnópole ou as Aulas Isidro Parga Pondal, novas actuacións como o Programa D´tec, para fomentar o deseño, a ciencia e a tecnoloxía entre a comunidade educativa galega que está a desenvolver talleres e espectáculos no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol.

Tamén se está desenvolvendo o Programa de Fomento de Vocacións da Civil UAVs Initiative, unha iniciativa estratéxica para desenvolver o sector dos avións non tripulados (drons). Co obxectivo de conseguir o achegamento da ciencia e da tecnoloxía aos máis novos e o fomento de novas vocacións especialmente vinculadas ao sector aeronáutico e aeroespacial, inclúe talleres, charlas e visitas ao Aeródromo de Rozas, e iniciativas como as Aulas Newton ou os Drone Day en colaboración coa multinacional aeronáutica Boeing.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS